Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A través do desenvolvemento desta materia, preténdese coñecer as políticas e os programas de xestión turística e ver as súas aplicacións, así como analizalos desde os conceptos e métodos das ciencias sociais. Agárdase que o alumnado aprenda a deseñar rutas turísticas de interese cultural, aplicando a metodoloxía da investigación etnográfica. Para isto contémplase a posibilidade de que o alumnado realice prácticas de campo. Nas clases motivarase a discusión sobre casos prácticos. O estudo de rutas culturais e programas turísticos deberá contribuír á revalorización da propia cultura, da paisaxe, os recursos culturais e medioambientais. Aprenderase a valorar a riqueza cultural de diferentes países con obxecto de contribuír ao progreso baseado en valores de respecto por outras culturas.
BLOQUE I: Conceptos e problemas abordados desde as ciencias sociais sobre o turismo.
Tema 1: Os estudos sobre turismo nas ciencias sociais.
Tema 2: Experiencias turísticas da modernidade avanzada.
BLOQUE II: Programas e experiencias turísticas.
Tema 3: Programas turísticos internacionais de hoxe.
Tema 4: Turismo e identidades culturais.
Tema 5: Introdución ao marqueting turístico.
Para o desenvolvemento dos contidos da materia, contémplase a posibilidade de realizar prácticas de campo.
Bouquet, M.- Winter, M. (eds) (1987) Conflict and practice in rural tourism. Avebury: Aldershot.
Clifford, J. (1999) Itinerarios transculturales. Barcelona: Gedisa.
García Álvarez, L. B. (2018) Conoce y vive tu patrimonio. Guía de rutas, Laviana, Ayuntamiento de Laviana.
García Canclini, N. (1993) “Los usos sociales del patrimonio cultural” en Florescano E. (comp.) El patrimonio cultural de México. México: Fondo de Cultura Económica.
García Henche, B. (2003) Marketing del turismo rural. Madrid: Pirámide.
Geertz, C. (1996) Tras los hechos. Barcelona: Paidós.
Hannerz, U. (1998) Conexiones transnacionales. Barcelona: Grijalbo.
Hernández Ramírez, J. (2011) “Los caminos del patrimonio. Rutas turísticas e itinerarios culturales”, Pasos. Revista de Turismo y Desarrollo Cultural, vol. 9, núm. 2, pp. 225-236.
Lash, S. – Urry, J. (2003) Economías de signos y espacios. Barcelona: Amorrortu.
Lévi-Strauss, C. (1962) Tristes trópicos. Barcelona: Grijalbo.
MacCannell, D. (2003) El turista. Barcelona: Melusina.
MacCannell, D. (2007) Lugares de encuentro vacíos. Barcelona: Melusina.
Oca, L. ; Sousa, N. e Mendonça, V. (2022): "Desigualdades de género no sector turístico na região do Douro: Uma análise a partir das perceções das mulheres em cargos de representação na política local". In Douro turístico: Representações, recursos e políticas, editado por Sacramento, Octávio ; PEREIRO, XERARDO; Eduardo Gonçalves, 391-414. Maia, Portugal: Edições ISMAI e CEDTUR.
Pereiro, X. e Prado Conde, S. (2021): Patrimonio etnológico: visiones antropológicas. Madrid: Síntesis.
Pereiro, X. (2013): Turismo cultural. Uma visão antropológica. Maia, Portugal: Edições do ISMAI.
Prats, Ll. (2011) “La viabilidad turística del patrimonio”, Pasos. Revista de Turismo y Desarrollo Cultural, vol. 9, núm. 2, pp. 249-264.
Prats, Ll. (2003) “Patrimonio +turismo = desarrollo?”, Pasos. Revista de Turismo y Desarrollo Cultural, vol. 1, núm. 2, pp. 127-136.
Ruiz-Ballesteros, E. (2015) “Turismo de base local y comunidad”, Revista Andaluza de Antropología, núm. 8, pp. 19-44.
Salvatierra Jimeno, P. (2008) “La asignación de valor cultural al producto turístico y sus contradicciones”, Revista Electrónica de Geografía y Ciencias Sociales, vol. XII, núm. 270 (95). Santana Talavera, A., J. Martínez Montoya e X. S.
Rodríguez Campos (2002). Recreaciones medioambientales, políticas de desarrollo y turismo. Barcelona: Faaee-ICA.
Rodríguez Campos, X. – Santos Solla, X.M. (2006) Galicia, Terranova and Labrador. Universidade de Santiago de Compostela.
Santana Talavera, A. (2003), “Turismo cultural, culturas turísticas”, Horizontes Antropológicos, Ano 9, núm. 20, pp. 31-57.
Smith, V. (1989). Anfitriones e invitados. Antropología del Turismo. Barcelona: Itsmo.
Toxo-Asorei, R. e Inês Gusman (2018), “O posicionamento territorial a partir dos Itinerarios Culturais: o caso de Arzúa nos camiños de Santiago”, SÉMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, vol. 30, pp. 213-232.
Os obxectivos da materia tradúcense na adquisición e/ou práctica das seguintes competencias:
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS
CB1. Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas fontes para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura e do turismo.
CB2. Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de problemas en contextos específicos do turismo cultural.
CB3. Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas co exercicio profesional e a capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes.
CB4. Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendizaxe.
CB5. Adquisición de habilidades para fomentar o respecto dos Dereitos Humanos, a igualdade, a non discriminación e os valores democráticos da cultura da paz.
CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, con frecuencia nun contexto de investigación.
CB7. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro dos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB10. Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE27. Coñecemento das políticas de xestión da diversidade lingüística nas sociedades multiculturais.
CE28. Capacidade de situarse perante contextos culturais concretos e desempeñar as funcións dun xestor cultural.
CE29. Capacidade de observar os principais fenómenos que inciden na modernidade e analizalos desde a perspectiva dun xestor cultural.
CE30. Adquisición das ferramentas precisas para a difusión dos produtos culturais.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, amosando dotes de innovación.
CT2. Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT3. Capacidade para coordinar actividades e traballar de forma colaborativa con colegas, redes e equipos de investigación no contexto dos servizos culturais.
CT4. Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva.
CT5. Habilidade na comunicación escrita e oral.
CT6. Habilidade para as relacións interpersoais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT7. Fomento do interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos coñecementos.
CT8. Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida).
CT9. Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT10. Capacidade de adaptación a novas situacións (flexibilidade no uso e transferencia de coñecemento).
CT11. Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo).
CT12. Compromiso ético.
CT13. Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e a información.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo, só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tando dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía de ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso a alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións coa docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través de cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través de cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da facultade.
Para os casos de realizacón fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisións de cualificación".
Lingua na que se imparte a materia: galego.
Luzia Oca Gonzalez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- ext 24732
- Correo electrónico
- luzia.oca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
22.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 11 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |