Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as principais técnicas de análise e extracción de información da onda sonora da fala
Coñecer os procedementos de procesamento da lingua oral e as súas aplicacións principais.
Coñecer os dispositivos de recoñecemento e de síntese de voz e as súas aplicacións principais.
1. Introdución: a lingua oral na sociedade actual
2. O traballo de campo: deseño e recollida de datos
3. Extracción de información do sinal sonoro.
a. O sinal sonoro como fenómeno físico e a fonética acústica
b. Técnicas instrumentais
4. Produción e comprensión da lingua falada: aspectos fisiolóxicos, cognitivos e neurolingüísticos.
5. Recoñecemento automático da fala
6. Procesamento texto-voz
7. Outras aplicacións: transcritores, tradución voz a voz, xestores de diálogo.
8. Córpora de lingua oral
a. Tipos e finalidades
b. Córpora orais na investigación lingüística en Galicia
Brennan, Jonathan R. (2022): Language and the brain. A slim guide to neurolinguistics. Oxford: Oxford University Press.
Denes, Peter B. & Elliot N. Pinson (1993): The speech chain: the physics and biology of spoken language. Oxford: W.H. Freeman and Company.
Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
García Mateo, Carmen & Antonio Cardenal López (2008): “Recoñecemento automático da fala: ideas básicas e algúns exemplos ilustrativos”, en E. Fernández Rei & X. L. Regueira (eds.): Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 249-272.
Ingram, John C. L. (2007): Neurolinguistics. An introduction to spoken language processing and its disorders. Cambridge: Cambridge University Press.
Jonhson, Keith (1997): Acoustic and auditory phonetics. Oxford: Blackwell.
Karagiannakos, Sergios (2021): “Speech synthesis: a review of the best text to speech architectures with Deep Learning”. AI Summer [recurso en liña: https://theaisummer.com/text-to-speech/]
Martínez Celdrán, Eugenio & Ana M. Fernández Planas (2007): Manual de fonética
española. Articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel.
Papastratis, Ilias (2021): “Speech Recognition: a review of the different deep learning approaches”. AI Summer [recurso en liña: https://theaisummer.com/speech-recognition/].
Pusch, Claus D. & Wolfgang Raible (Hgg.) (2002): Romanistische Korpuslingustik: Korpora und gesprochene Sprache / Romance Corpus Linguistics: Corpora and Spoken Language. Tübingen: Gunter Narr Verlag.
Rodríguez Banga, Eduardo (2008): “Síntese de voz: estado da cuestión e perspectivas”, en E. Fernández Rei & X. L. Regueira (eds.): Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 235-247.
Stefanowitsch, Anatol (2020): Corpus linguistics: A guide to the methodology. Berlin: Language Science Press.
Básicas e xerais:
Posuír e comprender coñecementos que fornezan unha base ou oportunidade para a orixinalidade no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas nun contexto de investigación.
Que os alumnos poidan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os alumnos sexan capaces de integrar coñecementos e xestionar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa utilización dos seus coñecementos e xuízos.
Os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e principios subxacentes a expertos e non-especialistas de maneira clara e sen ambigüidades.
Que os alumnos teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Capacitar o alumnado para que adquira coñecementos lingüísticos especializados e destrezas para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
Adquisición de fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes o acceso ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
Capacidade dos alumnos no uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo de estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora.
Capacidade dos alumnos para comprender as interrelacións entre as diversas áreas relevantes de estudo que compoñen o mestrado.
Transversais
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios a que poden acceder as persoas emprendedoras.
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas que deben afrontar.
Asunción, como profesional e como cidadán e cidadá, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Valoración da importancia da investigación, da innovación e do desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Específicas:
Saber aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpora lingüísticos.
Saber utilizar as diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos e sistemas de aprendizaxe de linguas asistida por ordenador.
Saber utilizar programas de transcrición e xestión de córpora orais
Coñecer as técnicas e procedementos para a extracción de información do sinal sonoro.
Saber utilizar programas e ferramentas de análise acústica.
Coñecer os fundamentos dos recoñecedores de fala e dos procesadores texto-voz.
Coñecer as aplicación principais dos recoñecedores de fala e dos procesadores texto-voz.
Coñecer as características e aplicacións dos córpora de lingua oral
As clases expositivas (sesión maxistral) consisten na explicación dos conceptos e procedementos das diferentes técnicas e modelos estudados. Durante estas clases fomentarase a intervención activa das alumnas e alumnos.
De maneira complementaria, estableceranse sesións de discusión dirixida sobre temas específicos, para as que se poderán facer previamente lecturas preparatorias.
A avaliación do rendemento será realizada a través da observación do traballo realizado nas clases, participación, discusións, actividades, así como a través dun traballo práctico que se expoñerá na última ou últimas sesións de clase. Corresponde a cada parte a seguinte porcentaxe na cualificación final:
Traballo tutelado: 60 %
Participación e outras actividades: 40%
Por tanto, será avaliación continua sen probas finais presenciais.
A avaliación da 2ª oportunidade (mes de xullo) limitarase á entrega do traballo tutelado (cun peso do 80%), e manterase, para o 20% restante, a nota obtida na primeira oportunidade no apartado de Participación e outras actividades.
No caso do alumnado que obteña a dispensa de asistencia á clase, deberán entregar un traballo que supoñerá o 100% da cualificación global. Este traballo planificarase de acordo coa profesora nunha ou en varias sesións de titoría (presencial ou virtual). Este será o sistema de avaliación para estes alumnos, tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais (docencia teórica, titorías, actividades): 21 h
Horas non presenciais (lectura, traballo autónomo): 54 h
Aínda que non existen requisitos específicos para estudar esta materia, é recomendable ter ou adquirir previamente nocións básicas de fonética, e especialmente de fonética acústica.
Elisa Fernandez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811788
- Correo electrónico
- elisa.fernandez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | B13-Sala de videoconferencias |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |
07.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
07.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |