Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Lingüística Aplicada

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Gabriela Prego Vazquez
Contacto
gabriela.prego@usc.es

O máster, de carácter interuniversitario, proporciona formación en lingüística avanzada a graduados en Filoloxía, Linguas, Lingüística, Tradución e Interpretación, Humanidades e Socioloxía, para especializalos nas áreas aplicadas de Adquisición e Ensino de Linguas, Comunicación e Recursos Lingüísticos, e Léxico, Gramática e Variación.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4314271
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    ELIAS JOSE FEIJO TORRES

    Coordinador-a do título:
    Gabriela Prego Vazquez
    gabriela.prego@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade da Coruña

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)

    Data de publicación no BOE:
    16/04/2014 (correc. erros: 24/04/2014 e 12/05/2014)

    Data da última acreditación:
    25/09/2013

    É un máster interuniversitario que se imparte coas universidades de A Coruña e Vigo permitindo que os estudantes, segundo a formación que se teña, adquiran e/ou reforcen a formación en lingüística avanzada (módulo de cursos obrigatorios, con materias de carácter metodolóxico e fundamental) e se especialicen nun dos bloques temáticos de carácter esencialmente aplicado nos que están agrupadas as materias optativas:

    • Adquisición e ensino de linguas
    • Comunicación e recursos lingüísticos
    • Léxico, gramática e variación
  • 5.1 Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 24
    Optativas: 24
    Prácticas externas 6
    Traballo fin de máster: 6
    Total: 60

    Para obter o mestrado os/as estudantes deberán cursar obrigatoriamente unha especialidade, para o cal deberán elixir dous módulos da súa especialidade. As especialidades ofertadas son as seguintes:

    -Especialidade en Lingüística aplicada á adquisición de linguas

    Módulos:
    - Lingüística aplicada á adquisición de linguas
    - Ensino de segundas linguas
    - Lingua de signos española

    Proporciona formación avanzada e actual en lingüística aplicada e teoría lingüística así como recursos metodolóxicos que permiten abordar nos novos contextos multilingües e multimodais a adquisición de linguas ou o desenvolvemento lingüístico atípico (patoloxías lingüísticas). Os contidos teóricos e prácticos desta especialidade permiten a especialización profesional a logopedas ou graduados en linguas ou en tradución e interpretación, que queiran orientarse a ámbitos como a lingüística clínica, o ensino de segundas linguas ou os usos profesionais da lingua de signos.

    -Especialidade en Comunicación e recursos lingüísticos

    Módulos:
    - Linguas e tecnoloxías
    - Comunicación profesional
    - Mediación e planificación

    Proporciona formación lingüística avanzada para actuar en contornos multidisciplinares, tendo como obxectivos fundamentais o desenvolvemento de habilidades comunicativas, o coñecemento e manexo de linguaxes específicas, o dominio do contorno virtual e as novas tecnoloxías, a xestión e organización da información, a creación de contidos para calquera medio ou soporte e o coñecemento dos principais conceptos de planificación e política lingüística. Os contidos teóricos e prácticos desta especialidade preparan ao estudante para actuar en ámbitos profesionais multidisciplinares e diversificados.

    -Especialidade en Léxico, gramática e variación

    Módulos:
    - O universo do léxico
    - Semántica, gramática e pragmática
    - Lingüística contrastiva e variación

    Oferece unha especialización no campo de estudo do léxico, da semántica, gramática e pragmática, así como nas interrelacións entre estes compoñentes, e no ámbito da lingüística contrastiva e da variación. O seu obxectivo é familiarizar o alumno tanto coas teorías científicas actuais como coas súas aplicacións prácticas, de modo que adquiran a capacidade de deseñar, planificar e desenvolver temas e proxectos de investigación neste campo.

  • O máster, de carácter interuniversitario, proporciona formación en lingüística avanzada a graduados en Filoloxía, Linguas, Lingüística, Tradución e Interpretación, Humanidades e Socioloxía, para especializalos nas áreas aplicadas de Adquisición e Ensino de Linguas, Comunicación e Recursos Lingüísticos, e Léxico, Gramática e Variación.

  • Este máster está deseñado para oferecer unha formación sólida aos estudantes en materia de lingüística, tanto teórica como aplicada. Queremos formar especialistas altamente cualificados en lingüística, que saiban desenvolverse en contornos multidisciplinares, posúan habilidades comunicativas, coñezan e manexen linguaxes específicas, dominen o contorno virtual e as novas tecnoloxías, e saiban xestionar e organizar a información, tal como demanda o mercado laboral. O máster tamén está pensado como período de formación previa para acceder a un programa de doutoramento no ámbito lingüístico.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    A materia ten como obxectivo principal achegar o alumnado ao ambiente laboral nos distintos ámbitos profesionais sobre os que podería orientar a súa actividade futura. Por iso, proporcionaráselle a posibilidade de realizar prácticas en empresas relacionadas cos sectores de planificación e asesoramento lingüístico e literario, xestión e asesoramento en medios de comunicación, relacións internacionais, ámbito editorial, empresas e administración pública, ensino de linguas, etc.

    Na avaliación terase en conta a actividade realizada polo alumnado na empresa ou institución en que realizou as prácticas. Para isto a persoa que o titorice na empresa ou institución remitirá un informe final da súa actividade.

  • O traballo fin de máster versará sobre algún aspecto relacionado coas materias obrigatorias ou optativas que curse o alumnado.

    Para poder defender o traballo de fin de máster será necesario superar os restantes 54 créditos da titulación e realizarase de acordo coas directrices que aprobará a Comisión Académica a partir da normativa xa existente nas universidades participantes. O acto de defensa do traballo será público e o alumno terá de realizar unha exposición resumida do seu traballo nun tempo máximo de 20 minutos e deberá responder as cuestións que lle formulen os membros da Comisión. As características formais do traballo recolleranse nas devanditas directrices.

  • O equipo docente está composto por profesorado altamente cualificado, así como profesorado invitado de recoñecido prestixio e a titorización e seguimento do alumnado realízase de xeito individualizado.

    A experiencia docente, investigadora e profesional do profesorado implicado nos másteres dos cales procede este, proporciona unha formación innovadora que pode preparar aos alumnos para o mundo da investigación, pero tamén para o mundo empresarial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.08.2024.