Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son os seguintes:
- Proporcionar coñecementos sobre prácticas artísticas do tipo site specific
- Fomentar o debate en torno á arte en espazos públicos
- Proporcionar ferramentas teóricas para afondar no debate arte-sociedade
- Analizar o papel que xoga a arte e os procesos culturais na construción da imaxe da cidade
1.- Debates teóricos en torno á autonomía da arte
2.- A arte como instrumento de acción política: propostas de arte implicada
3.- Espectáculo e cultura na cidade: produción, consumo, resistencia (debates en torno ás formas culturais)
4.- Intervencións artísticas en comunidades: entre as políticas culturais e as prácticas instituíntes
DE REFERENCIA
Benjamin, W.: Obras. Libro I, volumen 2 ("La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica"). Madrid: Abada, 2008.
Débord, G.: La sociedad del espectáculo. Valencia: Pre-Textos, 2008.
Yúdice, G.: El Recurso de la cultura. Usos de la cultura en la era global. Barcelona: Gedisa, 2002.
BIBLIOGRAFÍA
Adorno, T.: Prismas. La crítica de la cultura y la sociedad. Barcelona: Ariel, 1962.
Bishop, C.: Infiernos artificiales, arte participativo y políticas de la espectaduría. Ciudad de México: Taller de Ediciones Económicas, 2016.
Brissac Peixoto, N.: Arte/cidade. Zona leste. Máquinas urbanas. Santiago de Compostela: Dardo, 2011.
Camnitzer, L.: Didáctica de la liberación. Arte conceptualista latinoamericano. Murcia: CEADEAC, 2009.
Clark, T. J.: Imagen del pueblo. Gustave Courbet y la Revolución de 1848. Barcelona: Gustavo Gili, 1981.
Crow, T.: El Arte moderno en la cultura de lo cotidiano. Madrid: Akal, 2002.
--- El esplendor de los sesenta. Arte americano y europeo en la era de la rebeldía (1955-1969). Madrid: Akal, 2001.
Decter, J. & Draxler, H.: Exhibition as Social Intervention. ‘Culture in Action’, 1993. London: Afterall Books, 2014.
Deutsche, R.: Agorafobia. Barcelona: MACBA, Quaderns Portàtils, nº 12, 2008.
Doherty, C. (ed.): Situation. London & Cambridge (Mass.): Whitechapel Gallery / The MIT Press, 2009.
Duque, F.: Arte público y espacio político. Madrid: Akal, 2001.
Hebdige, D.: Subcultura. El significado del estilo. Barcelona: Paidós, 2013.
Helguera, P.: Education for Socially Engaged Art. A Materials and Techniques Handbook. New York: Jorge Pinto, 2011.
Lonitz, H.: Correspondencia (1928-1940). Theodor W. Adorno y Walter Benjamin. Madrid: Trotta, 1998.
Marcuse, H.: Un ensayo sobre la liberación. México: Joaquín Mortiz, 1969.
Ramírez, J.: Utopías artísticas de revuelta: Claremont Road, Reclaim the Streets, la Ciudad de Sol. Madrid: Cátedra, 2014.
Sección inglesa de la Internacional Situacionista: La revolución del arte moderno y el moderno arte de la revolución. Logroño: Pepitas de calabaza, 2007.
Zukin, S.: The Cultures of Cities. Oxford: Blackwell, 1996.
- Capacidade de análise e avaliación de arte actual.
- Desenvolver destrezas para realizar traballos escritos.
- Desenvolvemento de destrezas argumentativas en relación á crítica de arte.
- Capacidade de xestión de fontes visuais e recursos en rede sobre arte actual.
- Manexar con solvencia termos e conceptos chave en relación coa arte actual.
- Incentivar o debate en torno a presenza e utilización da arte en contextos urbanos.
Haberá dúas modalidades de clase, unha enfocada cara á exposición dos temas, por parte do profesor, con debates nos que participará o alumnado, e outra dedicada ao traballo práctico (aulas interactivas). Nesta, o desenvolvemento poderá variar en función do material a tratar: conceptos, textos de autores de referencia, ou análise de obras de arte e eventos de arte pública.
Para as clases interactivas se proporcionarán materiais aos alumnos en forma de textos escaneados e recursos en liña, e se indicarán previamente unha serie de preguntas ou guión de temas a considerar. A participación activa dos estudantes será incentivada desde o primeiro momento.
En grupos de dous ou tres, os alumnos deben facer un traballo a modo de ensaio, para o que aproveitarán parte dos materiais comúns proporcionados polo profesor, ademais de outros recursos ou fontes que deberán atopar tras unha pequena investigación.
A avaliación desta materia vaise levar a cabo a partir da asistencia e participación do alumnado na aula, e da presentación de traballos escritos. O alumnado deberá demostrar de xeito oral e escrito as habilidades discursivas nas dúas linguas co-oficiais de Galicia (galego e castelán), atendendo ao uso da palabra como principal ferramenta do pensamento filosófico. Non se contempla a realización de proba final.
Estes son os elementos a considerar para a avaliación:
- Asistencia e participación en seminarios. O alumnado contará cos materiais con tempo suficiente e deberá incidir nas cuestións indicadas polo profesor nun guión previo. Valorarase a fondura das reflexións do alumnado, así como a pertinencia en relación aos debates suscitados. (50 %).
- Realización dun breve traballo escrito, tipo ensaio. Este será realizado en grupos, de dúas ou tres persoas, e tratará sobre unha obra de arte pública, realizada para contextos específicos, ou un concepto ou tema que poida ser de interese no debate actual sobre arte pública. Ao comezo do curso daranse indicacións sobre a extensión máxima (en ningún caso máis de 12 páxinas en total) e cuestións de estilo, e indicaranse as datas de presentación. Debe ser presentado de xeito oral cara ao final do período lectivo (50 %).
Segunda oportunidade: Establécese unha segunda oportunidade na que o alumnado deberá presentar dous traballos: un primeiro de desenvolvemento dun dos temas do programa, e outro que versará sobre unha obra de arte pública, semellante ao proposto para a primeira oportunidade, pero a realizar de xeito individual. As indicacións para estes traballos serán proporcionadas con antelación suficiente polo profesor.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará dunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia ten asignados 3 créditos ECTS, que se corresponden con 75 horas de traballo do alumnado. Seguindo as recomendacións indicadas para este tipo de créditos, un terzo se corresponde a horas presenciais e dous terzos a non presenciais. A distribución será como sigue:
24 horas presenciais, que se reparten en
- horas de clases expositivas: 12
- horas de clases interactivas: 8
- horas de titorías: 4
51 horas non presenciais, que se reparten en
- lecturas e estudio dos materiais proporcionados para as clases interactivas: 25 horas
- realización do traballo final: 26 horas en total, no semestre.
A asistencia a clases interactivas é obrigatoria, debéndose xustificar as ausencias.
Sempre que haxan dúbidas sobre os contidos vistos na aula, materiais para o estudo ou sistema de avaliación, é bo que os alumnos asistan a titorías ou pregunten ao profesor.
As lecturas, tarefas para interactivas, exposicións, e o traballo final débense ter listos dentro dos prazos previstos.
Miguel Anxo Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812601
- Correo electrónico
- miguelanxo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
21.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
10.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Mead (303) |
10.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Mead (303) |