Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Resultados de aprendizaxe:
Capacidade para entender as numerosas interrelacións que se producen entre as diferentes compoñentes do territorio e da paisaxe: físicas, sociais, económicas ou ambientais.
Capacidade do alumnado para comprender as teorías económicas relacionadas coa análise e a valoración da paisaxe e o capital natural así como coa ordenación do territorio.
Capacidade para comprender e propoñer actividades empresariais innovadoras no territorio relacionadas coa produción e uso da paisaxe seguindo principios de sostenibilidade ambiental, social e económica.
Obxectivos:
A materia integra coñecementos básicos para a análise económica da paisaxe en tanto que productor de bens e servizos que a sociedade demanda, tanto naturais, como culturais e sociais. Así mesmo, e dado que o territorio acolle diversas actividades económicas que conforman paisaxes ou nas que a paisaxe é unha compoñente fundamental da actividade empresarial desenvolvida, a materia integrará coñecementos básicos de xestión económica para estas unidades empresariais.
A memoria de título contempla os seguintes contidos para esta asignatura que organizamos en catro bloques.
BLOQUE I. Principios de economía ecolóxica aplicada á xestión da paisaxe e do capital natural. (2 ECTS: 10 horas expositivas, 10 horas interactivas, 30 de traballo autónomo)
Tema1 Concepto de Economía
Tema 2: O funcionamento dos mercados
Tema 3: Economía da produción. Tempo e custes.
BLOQUE II. Conceptos elementais da relación de aspectos económicos, sociais e ambientais coa paisaxe. Sostenibilidade. Identificación de servizos ecosistémicos. (1 ECTS: 5 horas interactivas, 5 horas expositivas, 22 de traballo autónomo)
Tema 4. Concepto de sustentabilidade
Tema 5. O enfoque dos servizos ecosistémicos
Tema 6. Instrumentos de Política Ambiental
BLOQUE III Técnicas de valoración económica e social da paisaxe. (1 ECTS: 7 horas expositivas, 3 horas interactivas, 14 de traballo autónomo)
Tema 7. Concepto de Valor.
Tema 8. Técnicas de Valoración baseadas nas preferencias humanas
Tema 9. Avaliacións baseadas en métodos biofísicos
BLOQUE IV. Técnicas de xestión económica básica para proxectos empresariais relacionados coa paisaxe e o territorio. (2 ECTS: 12 horas interactivas, 8 horas expositivas, 24 de traballo autónomo)
Tema 10. A empresa como sistema
Tema 11. Análise financeira
Tema 12. Custes de produción.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
EVIDENCIA 1: presentación cartafol
EVIDENCIA 2: Boletín de exercicios Tema 1 Bloque I
EVIDENCIA 3: Análise de texto Bloque I
EVIDENCIA 4: Boletín de problemas Tema 2 Bloque I
EVIDENCIA 5: Cuestionario Bloque II
EVIDENCIA 6: Identificación Servizos Ecosistémicos Bloque II
EVIDENCIA 7: Resolución de problemas Bloque II
EVIDENCIA 8: Análise de Texto Bloque II
EVIDENCIA 9: Cuestionario Bloque III
EVIDENCIA 10: Problemas de custes Bloque IV
EVIDENCIA 11: Problemas de Investimentos Bloque IV.
Bibliografía
Básica
Common, M. y Stagl, S. 2008. Introducción a la economía ecológica. Barcelona: Reverté.
Labandeira, X. et al. 2006. Economia Ambiental. Madrid: Pearson.
Martínez-Alier, J. and Muradian, R. (Ed.) 2015. Handbook of Ecological Economics, Edward Elgar Publishing Limited, pp. 512.
Complementaria
Bermejo, R. 1994. Manual para una economía ecológica. Madrid: Los libros de la catarata.
Jiménez, L. M. 1997. Desarrollo sostenible y economía ecológica. Integración medio ambiente-desarrollo y economía-ecología. Madrid: Sintesis.
Naredo y Martínez Alier (2001): Naturaleza transformada. Icaria.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da titulación que nos ocupa. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
XERAIS E BÁSICAS
CG8 – Comprender as relacións entre o territorio, a cultura, a economía, o clima, as persoas e as edificacións.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitase atopar nun nível que, se bem se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha ciudadanía respetuosa coa cultura democrática, os dereitos humáns e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT4 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saúdables.
CT8 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
ESPECÍFICAS
CE14 - Capacidade para a combinación dos problemas sociais, ambientais e económicos relacionados coa paisaxe.
CE16 - Coñecemento adecuado da socioloxía e a teoría económica.
Docencia Expositiva
Sesión maxistral. A docente a traveso de clases maxistrais participativas explicarán os contidos básicos da materia. Competencias traballadas: CG8, CE16, CT8
Discusión Dirixida. O Grupo de Innovación Educativa Ruralia organizará sesións de debate, nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca a cuestión da paisaxe. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa. Competencias traballadas: CG8, CE16, CE14, CT8, CB2, CT3
Docencia Interactiva
Análise de fontes documentais: Os docentes proporán un texto sobre o que traballar un determinado tema. O alumnado, previa lectura do texto, participará no debate na aula sobre ese texto. Competencias traballadas: CB3, CB2
Solución de Problemas: propóñense boletíns de exercícios para a súa realización na aula. Competencias traballadas: CB2, CB1.
Traballos Tutelados. Propóñense unha serie de temas e proporcionará a bibliografía básica así como os coñecementos previos necesarios para a realización dos traballos. Competencias traballadas: CB4, CB2, CB1, CB5
Docencia non presencial.
Lecturas. Competencias traballadas: CB3, CB5, CT3, CT8
Esquemas. Competencias traballadas: CB3, CB5, CT3
Na aula virtual o alumnado contará co material necesario para o seguimento das clases e para a elaboración do seu traballo autónomo.
Resolución de problemas na clase (10%), Competencias avaliadas: CB2, CB1.
Realización dun cartafol que reúna as evidencias de aprendizaxe que se irán pedindo ao longo do curso (Traballos individuais e en grupo) (50%). Avaliarase a estrutura, redacción, uso do léxico adecuado, documentación e bibliografía seleccionadas, análise realizada e presentación. Competencias avaliadas: CG8, CE16, CE14, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5.
Realización de probas de resposta múltiple na aula virtual (10%) sobre os contidos impartidos e os coñecementos adquiridos. Competencias avaliadas: CG8, CE16, CE14, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5.
Proba obxectiva presencial 30%. Compentencias avaliadas: CG8, CE16, CE14, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5. Nesta proba debe obterse unha cualificación mínima de 6 puntos sobre 10.
Na segunda oportunidade e para as persoas repetidoras a avaliación realizarase seguindo os mesmos criterios. Xa non será necesario acadar un 6.5 sobre 10 na proba obxectiva.
Calquera práctica fraudulenta na realización das probas e evidencias para a avaliación suporá un suspenso na oportunidade correspondente.Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100%.
30 horas de docencia expositiva
30 horas de docencia interactiva
Recoméndase un traballo constante ao longo do semestre
Para maximizar a aprendizaxe, é convinte que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista ás clases teóricas e prácticas.
La versión en gallego de esta guía docente es la vinculante en caso de divergencia entre ambas
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |