Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
.- Entendemento dos principios básicos da mecánica de fluídos e aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubarías, canles e sistemas de fluídos.
.- Coñecemento sobre instrumentación e equipamento para a impulsión de fluídos e os seus criterios de selección.
.- Adquisición de destrezas para o cálculo e deseño de operacións de separación baseadas no fluxo externo de fluídos.
.- Concienciación do alumno sobre a importancia da seguridade, en xeral na planta química, e en concreto no transporte e almacenamento de fluídos.
.- Capacitación do alumno para usar técnicas de cálculo e ferramentas útiles na resolución de problemas asociados ao transporte de fluídos
Tema 1. Conceptos básicos no fluxo de fluídos
Tema 2. Fluxo de fluídos incompresibles
Tema 3. Fluxo de fluídos compresibles
Tema 4. Outros tipos de fluxo
Tema 5. Fluxo externo
Tema 6. Instrumentación
Tema 7. Equipos para o fluxo de fluídos
Tema 8. Operacións en enxeñaría química baseadas no fluxo de fluidos.
Bibliografía básica
Mott, R.L., Untener, J. A. Mecánica de fluidos. Prentice Hall, 6ª Ed., Mexico 2006. ISBN 0-13-201721-0. Signatura A113 3 y recurso electrónico.
Bibliografía complementaria
Franzini, J. B., Finnemore, E. J. Mecánica de fluidos con aplicaciones en ingeniería. McGraw-Hill, 9ªEd., Madrid 1999. ISBN 84-481-2474-X. Signatura A113 6.
White, F.M. Mecánica de fluidos. McGraw-Hill, 5ªEd., Madrid 2004. ISBN 84-481-4076-1. Signatura A113 1.
Costa Novella, E. Ingeniería Química 3: Flujo de Fluidos. Alhambra, Madrid 1985. ISBN 84-205-1119-6. Signatura A110 1.
Levenspiel, O. Flujo de fluidos e intercambio de calor. Reverté, Barcelona 1993. ISBN 84-291-7968-2. Signatura A113 2.
McCabe W.L., Smith, J.C., Harriott, P. Operaciones unitarias en ingeniería química. McGraw-Hill, 7ª Ed, Mexico 2007. ISBN 970-10-3648-4. Signatura A112 3.
Competencias específicas
CI.2. Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de canalizacións, canles e sistemas de fluídos.
Competencias xerais
CG.3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e se lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situación.
Competencias transversais
CT.1 Capacidade de análise e síntese
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.6 Resolución de problemas
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
As clases expositivas dedicaranse á presentación dos contidos teóricos da materia, tratando de fomentar a participación activa dos estudantes e con apoio de ferramentas audiovisuais (CI.2, CG.3).
Os seminarios celebraranse unha vez que os contidos de cada tema foron tratados nas sesión expositivas. Algúns dedicaranse á resolución de problemas por parte do profesor (CI.2, CG.3, CT.6), e noutros os estudantes (CI.2, CG.3, CT.1, CT.6, CT.13), individualmente ou en grupos, resolverán algún problema relacionado co tema finalizado, que poderá ser entregado e considerado para a avaliación final. Está previsto a realización de actividades conxuntas coa materia de “Electrotecnia”, consistentes nun seminario dun proxecto de instalación de bombeo dun fluído.
Nalgúns dos seminarios traballarase especificamente a resolución de problemas mediante folla de cálculo (CT.4, CT.6, CT.13). Proporase unha simulación que será entregada e considerada na avaliación final.
As sesións interactivas de aula de informática dedicaranse a empregar o programa de simulación Aspen-Hysys para levar a cabo a avaliación de distintos efectos sobre o proceso de fluxo (CT.4, CT.6, CT.13).
Realizarase unha visita que permitirá conectar os coñecementos do semestre coa realidade industrial (CT.13).Dita actividade farase en colaboración coa materia de “Electrotecnia” a unha estación de tratamento de augas potables ou instalación semellante.
Utilizarase Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.
O alumno poderá ademais facer as consultas que desexe en titorías individualizadas no horario establecido para o efecto (CT.6, CT.13).
Distribución aproximada da actividade formativa
Semana 1. Exp (4h) Tema 1 e Exp (1h) Tema 2.
Semana 2. Exp (5h) Tema 2
Semana 3. Exp (2h) Tema 3 e Sem (1h) Tema 1
Semana 4. Exp (2h) Tema 3 e Sem (1h) Tema 2
Semana 5. Exp (2h) Tema 4 e Sem (1h) Tema 2
Semana 6. Exp (2h) Tema 4 e Sem (1h) Tema 3
Semana 7. Exp (1h) Tema 4 e Exp (4h) Tema 5
Semana 8. Exp (1h) Tema 5 e Exp (3h) Tema 6
Semana 9. Exp (2h) Tema 7 e Sem (1h) Tema 4
Semana 10. Exp (2h) Tema 7 e Sem (1h) Tema 5
Semana 11. Exp (2h) Tema 8 e Sem (1h) Tema 5
Semana 12. Exp (2h) Tema 8 e Sem (1h) Tema 7
Semana 13. Exp (1h) Tema 8 e Sem (1h) Tema 7
Semana 14. Sem (2h) Tema 8
Sistema de cualificación
Exame ao final do semestre: 70% da nota
Cuestionarios breves durante sesións expositivas: 10%
Traballo persoal ou en grupo: 10%
Traballo asociado a aula de informática: 10%
Nota mínima no exame para facer media coa avaliación continua: 3 (sobre 10)
As cualificacións dos traballos, actividades, cuestionario sobre a visita e titorías comunicaránselle ao alumno antes do exame.
O sistema de avaliación será o mesmo para as dúas oportunidades. En cada convocatoria, na segunda oportunidade, mantéñense as cualificación acadadas na primeira oportunidade, para sumalas ao novo exame final. Convocatoria extraordinaria: Manterase un exame final coas características indicadas mais arriba. Neste caso suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de actividades e competencias
CI.2. Resolución de problemas en seminarios e exame
CG.3 Resolución de problemas en seminarios e exame
CT.1 Resolución de problemas en seminarios e exame
CT.4 Resolución de problemas con folla de cálculo e entrega exercicio de simulación
CT.6 Resolución de problemas en seminarios e exame
CT.13 Resolución de problemas en seminarios e exame
Actividade Presencial (h) – Traballo Persoal (h)
Clases expositivas: 36 – 49
Seminarios: 11 - 24
Titorías Grupo: 2 – 6
Titorías individualizadas: 2 - 3
Avaliación e revisión: 5 - 10
Recoméndase ter superadas previamente as materias de matemáticas e física, así como unha boa base en balances de materia e enerxía.
Recoméndase facer uso das titorías individualizadas con regularidade
As clases impartiránse en castelan/galego
Diego Gomez Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- diego.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Martes | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A1 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
10.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
27.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |