Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo principal da materia é axudar ao alumnado a desenvolver as súas destrezas de comprensión e expresión oral e escrita. Espérase que ao finaldo cuadrimestre acade un nivel equivalente a B1 + (Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas).
Ademais, a materia persegue os seguintes obxectivos:
-Promover a corrección lingüística nos niveis da gramática, vocabulario técnico, ortografía e pronuncia.
-Consolidar o coñecemento das estruturas e funcións básicas do inglés técnico.
-Consolidar vocabulario que lles permita cubrir unha variedade de temas relacionados co dominio científico.
-Promover a reflexión sobre o uso dos dominios científicos de linguaxe.
Os contidos desta materia abranguen unha variedade de aspectos gramaticais, léxicos e fonéticos seleccionados con base ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) para o nivel B1. Traballaranse así mesmo as destrezas de comprensión e produción oral e escrita, centrándose sempre en temas relacionados co campo da (Enxeñaría) Química.
Armer, Tamzen, and Jeremy Day. 2011. Cambridge English for Scientists. Cambridge: Cambridge University Press.
Ibbotson, Mark. 2008. Cambridge English for Engineering. Cambridge: Cambridge University Press.
Murphy, Raymond. 2019. English Grammar in Use. Fifth edition. Cambridge:Cambridge University Press.
Competencias xerais:
CX.10 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
CT.3 Comunicación oral e escrita en linguas propias e algunha estranxeira.
CT.10 Habilidades nas relacións interpersoais.
CT.17 Creatividade.
NA
Durante o período ordinario (decembro/xaneiro) e extraordinario (xuño/xullo), a avaliación do grao de consecución dos obxectivos do curso polos estudantes será realizada segundo se indica a continuación:
EXAME FINAL (100%). Este comprenderá as seguintes partes:
Comprensión oral (20%)
Comprensión lectora (20%)
Gramática e vocabulario (20%)
Expresión escrita (20%)
Expresión oral (20%)
Para aprobar esta materia, a suma dos diferentes compoñentes avaliables debe ser de 5 sobre 10. Ademais, os estudantes deben obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas seguintes partes: 1) expresión escrita; 2) expresión oral. Os estudantes que non obteñan unha nota mínima de 4 sobre 10 nas dúas partes mencionadas anteriormente suspenderán a materia, aínda que a nota global sexa de 5 ou máis. Neste caso, a nota rexistrada no Rexistro Oficial será de 4,5.
NA
NA
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Tamara Bouso Rivas
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- tamara.bouso.rivas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU