Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Obxectivos curriculares: conceptos e metodoloxías típicas de enxeñaría química; Concepto de proceso químico; Balances de materia e enerxía calorífica.
Obxectivos da formación: estratexias de resolución de problemas; Folla de cálculo; Fortalecer as habilidades de relación e comunicación; Explicación de acontecementos cotiáns.
Clases Teoría
1. Na primeira parte da materia introduciranse conceptos de enxeñaría química. Para iso, pártese dun problema concreto: producir un determinado produto a partir de materias primas e desenvólvese o proceso. Veranse conceptos de transporte de fluídos, transmisión de calor, transferencia de masa, cinética, equilibrio de interfse e reactores químicos, presentando o equipamento característico de cada unha das unidades. A lóxica operativa analizarase finalmente estudando o diagrama do proceso.
2. Sistemas de unidades. Sistema Internacional/Sistema Enxeñeril/Sistema Anglosaxón. Conversión de unidades. Factores de conversión.
3. Balances de materia sen reacción química. Aplicación a problemas con recirculación, purga e bypass.
4. Balances de materia en sistemas con reacción química. Reactores ideais.
5. Balance de enerxía en sistemas sen reacción química.
6. Balance de enerxía en sistemas con reacción química. Operación isotérmica e adiabática.
Clases interactivas de seminarios
Resolveranse algúns problemas típicos baseados nos contidos da materia, afondando nos aspectos prácticos da mesma (balances de materia e enerxéticos dun proceso químico).
Clases interactivas na aula de informática
Os conceptos sobre os balances de materia e enerxía expostos e desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas trabállanse mediante a aplicación dun simulador para analizar diferentes situacións no funcionamento dun proceso químico industrial. En concreto, vense as seguintes seccións: 1.- Introdución ao simulador; 2.- Definición de correntes; 3.- Propiedades físicas; 4.- Arrefriamento/quecemento; 5.- Balance de mestura / Bifurcación de correntes; 6.- Separador flash; 7.- Reactor de conversión (adiabático e isotérmico). 8.- Recirculación de correntes.
Bibliografía básica
CALLEJA PARDO, G. Introducción a la Ingeniería Química. Madrid. Ed. Síntesis, 1999. ISBN 84-7738-664-1.
FELDER, R.M. and ROSSEAU, R.W. Principios Elementales de los Procesos Químicos. 3ª Ed. México, Ed. Limusa Wiley, 2010. ISBN 9789681861698.
Bibliografía complementaria
COSTA NOVELLA, E. et al. Ingeniería Química. Vol. I y II. Madrid. Ed. Alhambra, 1988. ISBN 84-205-0990-6 / 84-205-1021-1.
COSTA LÓPEZ, J. et al. Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte. Barcelona. Ed. Reverté, 2002. ISBN 84-291-7126-6.
IZQUIERDO, J.F. et al. Introducción a la Ingeniería Química. Problemas resueltos de balances de materia y energía. 2ª ed. Barcelona. Ed. Reverté, 2015. ISBN 978-84-291-7116-7.
SOLEN, K.A. and HARB, J. N. Introduction to Chemical Engineering: tools for today and tomorrow. Wiley, 2010. ISBN 9780470885727.
DENN, M.M. Chemical Engineering: an introduction. Cambridge University Press, 2012. ISBN 9781107669376.
FEIJOO, G., Moreira M.T. and Lema J.M. Mass Balances for Chemical Engineers. De Gruyter, 2020. ISBN 3110624303, 9783110624304. Recurso en liña.
Competencias específicas
CQ.1.1. Coñecementos sobre balances de materia e enerxía.
CQ.1.2. Coñecementos sobre biotecnoloxía.
CQ.1.3. Coñecementos sobre transferencia de materia, operacións de separación.
CQ.1.4. Coñecementos sobre enxeñaría da reacción química.
CQ.1.5. Coñecementos sobre deseño de reactores.
CQ.1.6. Coñecementos sobre valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CQ.2.1. Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos.
CQ.2.2. Capacidade para a simulación e optimización de procesos e produtos.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese.
CT.6. Resolución de problemas.
CT.8. Traballo en equipo.
CT.10. Habilidades nas relacións interpersonais.
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CT.14. Adaptación a novas situacións.
Trátase dunha materia que comeza a súa extinción neste curso 2024-2025, polo que se trata dunha materia sen docencia.
A avaliación se levará a cabo mediante a realización dun exame cuxa nota corresponderá ao 100% da materia.
O exame terá 2 partes claramente diferenciadas:
Parte 1. Exame teórico que constará de preguntas curtas (nalgúns casos podería tratarse dun exercicio de resolución numérica) relacionadas cos distintos contidos da materia. A súa nota será o 30% da nota global.
Parte 2. Exame de problemas que constará de varios problemas relacionados cos contidos da materia. A súa nota será o 70% da nota global.
Enrique Roca Bordello
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816774
- Correo electrónico
- enrique.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
09.01.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |
09.01.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A2 |
19.06.2025 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |