Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O propósito final da materia é dotar ao alumno das ferramentas e coñecementos básicos necesarios para a aplicación das leis universais da termodinámica a problemas característicos da enxeñaría aplicada a procesos de tipo químico. Estes coñecementos inclúen comprender e predicir as condicións de equilibrio dos sistemas, o comportamento termodinámico de disolucións ideais e non ideais, e as características de sistemas que presentan certas particularidades como os fenómenos superficiais ou en sistemas dispersos. A continuación móstrase unha listaxe de obxectivos que cómpre alcanzar cursando esta materia:
• Situar a termodinámica como unha parte básica das aplicacións da enxeñaría en sistemas químicos.
• Desenvolver sistematicamente os principios básicos da termodinámica, tanto para aplicalos en estudos posteriores como no ámbito industrial da produción.
• Realizar observacións con consciencia do marco teórico e interpretativo que as dirixe; analizar a situación cualitativa e cuantitativamente; expor hipóteses e solucións utilizando os modelos adecuados.
• Destacar a estreita relación existente entre os contidos tratados e un gran número de aplicacións prácticas en procesos de carácter industrial.
PROGRAMA TEÓRICO:
Tema 0. Gas Ideal e Gases reais.
Tema 1. Conceptos básicos e Principio Cero da Termodinámica.
Tema 2. Primeiro Principio da Termodinámica.
Tema 3. Segundo e Terceiro Principios da Termodinámica.
Tema 4. Potenciais Termodinámicos e Enerxía Libre.
Tema 5. Disolucións. Potencial Químico, Fugacidade e Actividade.
Tema 6. Equilibrio de fases en substancias puras.
Tema 7. Equilibrio de fases en sistemas multicomponente.
Tema 8. Termodinámica de superficies e sistemas dispersos.
Nas prácticas de laboratorio, seminarios, tutorías de aula e clases interactivas desenvolveranse actividades prácticas, experimentais e de control orientadas á aplicación, consolidación e avaliación da aprendizaxe dos contidos explicados e traballados no programa teórico.
BÁSICA:
[1] J. Carrazana García, Introducción a la Termodinámica Clásica, USC Editora, Santiago de Compostela 2019.
[2] J. A. Rodríguez Renuncio, J. J. Ruiz Sánchez, J. S. Urieta Navarro, Termodinámica Química, Madrid: Síntesis, 1998.
[3] T. Engel, P. Reid, Introducción a la Fisicoquímica: Termodinámica, Naucalpan (México): Pearson Educación, 2007.
[4] P. W. Atkins, J. de Paula, Química Física, Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana, 2008. (También es válida cualquiera de las ediciones en Español anteriores así como cualquiera de las ediciones inglesas de este texto).
COMPLEMENTARIA:
[5] I. N. Levine, Fisicoquímica, Madrid: McGraw-Hill, 2004.
[6] P.W. Atkins, J. de Paula, Physical Chemistry for the Live Sciences, N.Y.: W. H Freeman, 2006.
[7] M. Diaz Peña, A. Roig Muntaner, Química Física, Madrid: Alhambra, 1989.
[8] Ya. Guerasimov y otros, Curso de Química Física, 2ª ed., Moscú: Mir, 1977.
[9] J. M. Smith, H.C. van Ness, M. M. Abott, Introducción a la Termodinámica en Ingeniería Química, México: McGraw-Hill 2007.
Libros específicos de PROBLEMAS:
[10] J. A. Rodríguez Renuncio, J. J. Ruiz Sánchez, J. S. Urieta Navarro, Problemas resueltos de Termodinámica Química, Madrid: Síntesis, 2000.
[11] Problemas de termodinámica para estudiantes de química, Buján Núñez, María del Carmen, USC Editora, Manuais. Santiago de Compostela, 2018.
[12] A. W. Adamson, Problemas de Química Física, Barcelona: Reverté, 1984.
[13] Charles Trapp, Marshall Cady y Carmen Giunta, Student's solutions manual to accompany Atkins' Physical Chemistry 9th ed. (u otra equivalente); Oxford: Oxford University Press, 2010.
[14] Ira N. Levine, Problemas de Fisicoquímica; Madrid: Schaum (McGraw-Hill), 2005.
[15] J. A. López Cancio, Problemas de Química, Madrid: Prentice Hall, 2001.
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial na súa especialidade de química industrial.
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
CG10 - Capacidade de traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinaria.
TRANSVERSAIS
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da enxeñaría industrial.
CT3: Capacidade para xestionar a información.
CT4: Capacidade para traballar en equipo.
CT8: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
ESPECÍFICAS
CE7* - Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
* Adquirido xunto con outras asignaturas do grao
CLASES EXPOSITIVAS
Lección impartida polo profesor que pode ter diferentes formatos (explicación da teoría, resolución de problemas e / ou exemplos xerais, presentación de pautas xerais da materia ...). Nestas clases o profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos e utilizará como base os libros recomendados.
CLASES INTERACTIVAS E SEMINARIOS
Clases esencialmente prácticas, nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, preguntas, etc. Espérase que o alumno participe activamente nestas clases. Para cada tema do programa, proporanse aos alumnos unha serie de problemas, algúns dos cales serán resoltos polos alumnos destas clases. As preguntas escritas aplicadas en seminarios e os exercicios resoltos e entregados polos alumnos están incluídos nas probas de avaliación continua. É obrigatoria a asistencia aos seminarios.
CLASES DE TITORÍA
Suporán para cada alumno un total de 2 horas presenciais, segundo o horario previamente establecido e publicado. As clases de titoría utilizaranse para a preparación das prácticas de laboratorio da materia. Tamén se fará unha introdución ao axuste non lineal de datos, necesario para as prácticas de laboratorio, cun programa matemático (Excel ou outro). A asistencia a estas clases é obrigatoria.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Nestas clases os estudantes adquiren as habilidades propias dun laboratorio de termodinámica e aplican os coñecementos que se tratan nas clases de teoría. O estudante deberá acudir a cada sesión de prácticas coñecendo as tarefas que debe realizar. Entre as habilidades de carácter xeral que se tenta ensinar e pór en práctica neste tipo de clase, dáselle especial importancia á toma de datos, aos métodos de análise destes e ao rexistro organizado dos resultados experimentais (caderno de laboratorio), así como á interpretación crítica dos resultados obtidos. A preparación previa da práctica e as habilidades mencionadas serán avaliadas polo profesor durante as prácticas. O caderno elaborado durante a realización das prácticas, completada co tratamento e interpretación dos resultados, será entregado e valorado polo profesor. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.
Ademais do anterior, na materia utilízase activamente o Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.
ASISTENCIA:
É obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio, seminarios e clases de titoría, salvo causa excepcional debidamente xustificada. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE PRIMEIRA MATRÍCULA:
A cualificación de aprobado obterase para unha nota final de 5 sobre 10. A nota final do alumno, tanto en primeira como en segunda oportunidade, basearase na avaliación dos seguintes aspectos:
1) Na avaliación continua (25% da nota final), os cuestionarios e exercicios realizados nos seminarios, titorías e na aula virtual, as tarefas entregables e a participación activa nas clases e na aula virtual (foros, enquisas, etc.) vanse a ter en conta). A esta cualificación tamén contribúen as preguntas orais que se lles farán aos alumnos nas clases, así como as avaliacións escritas que se aplicarán durante os catro seminarios. A nota da avaliación continua só é válida no curso actual.
Competencias a avaliar: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4, CG10, CT1, CT3, CE7
2) A avaliación das Prácticas de Laboratorio (15% da nota final) estará composta pola avaliación correspondente á preparación previa da práctica, o traballo diario no laboratorio e a nota do caderno. Para aprobar o curso é imprescindible obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas prácticas.
Competencias a avaliar: CB3, CB4, CG5, CG10, CT1, CT2, CT3, CT4, CT8
3) O Exame Final (60% da nota final) consistirá nunha proba teórico-práctica a realizar na data aprobada oficialmente, será cualificado cun total de 10 puntos, é obrigatorio e requírese unha nota mínima de 4 puntos para que a súa contribución sexa incluída no cálculo da nota final da materia. O exame final incluirá cuestións teóricas e problemas relacionados coa materia incluída no programa da materia, independentemente de se eses contidos foron traballados nas clases expositivas, interactivas ou prácticas de laboratorio. En ningún caso conservarase a nota do exame final para outro curso.
Competencias a avaliar: CB1, CB2, CB4, CB5, CG4, CT1, CT3, CE7
Cumprindo os requisitos mínimos de cualificación en Prácticas de Laboratorio e no Exame Final, a nota final da materia calcularase do seguinte xeito:
NOTA FINAL = 0,25·Ev. Continua + 0,15·Prácticas + 0,60·Examen Final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA OU POSTERIORES:
A nota final calcularase de igual maneira que para o alumnado de primeira matrícula.
Non son válidas as notas da Avaliación Continua e do Exame Final de cursos anteriores.
Si o alumno solicítao pódense convalidar as súas notas de prácticas, no caso de que sexan aprobadas (nota de 5 sobre 10) e si cumpren cos requisitos expostos anteriormente (o aprobado foi obtido en actividades presenciales e nos dous cursos académicos inmediatamente anteriores ao actual). En tal caso, non é obligatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio nin ás clases de tutoría.
Si o alumno solicita ser evaluado de novo nas prácticas deberá cumprir as normas do alumnado de primeira matrícula e utilizarase a nova nota para o cálculo da nota final.
Actividade docente (horas presenciais, horas de traballo extraclase)
---------------------------------------------------------------------------
Clases expositivas (33 h pres., 58 h trab. extraclase)
Seminarios (4 h pres., 8 h trab. extraclase)
Clases de titoría (2 h pres., 4 h trab. extraclase)
Exames e avaliacións (4 h pres., 15 h trab. extraclase)
Prácticas de laboratorio (12 h pres., 10 h trab. extraclase)
---------------------------------------------------------------------------
TOTAIS:
55 h pres. + 95 h trab. extraclase = 150 h de traballo na materia
• É importante manter o estudo da materia ao día.
• Aclare as dúbidas que lle xurdan tanto na aula como ao estudar a materia, canto antes mellor. Consulte ao profesor nas tutorías ou en calquera outra oportunidade.
• Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións en que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio.
• Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible a programación docente, boletíns de problemas e cuestións, exemplos resoltos e outro material complementario para axudarlle ao alumnado no seu estudo (transparencias, ligazóns web, táboas de datos, formularios, etc.).
A materia impártese en español, pero os estudantes poden utilizar indistintamente esta lingua ou o galego, tanto na súa expresión escrita como oral. O manexo de información en inglés relacionada coa materia considérase de grande importancia na formación profesional dos estudantes desta titulación. Por esa razón tamén se utilizarán documentos e fontes que só se entregarán nesta lingua.
Jorge Antonio Carrazana Garcia
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824132
- Correo electrónico
- jorge.carrazana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
30.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
08.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |