Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Máquinas e Motores Térmicos
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Máquinas e Mecanismos impártese no quinto semestre da carreira Grao de Enxeñería de Procesos Químicos Industriais da Facultade de Ciencias de Lugo. Supón o primeiro contacto dos estudantes co estudo das máquinas e mecanismos, polo que ten un marcado carácter xeneralista.
Os obxectivos da materia son:
- A comprensión e dominio da linguaxe específica da disciplina.
- A identificación, esquematización e análise de máquinas e dos seus mecanismos básicos máis utilizados.
- Adquirir os conceptos básicos, cinemáticos e dinámicos, relacionados coas cadeas cinemáticas e os diferentes mecanismos que compoñen unha máquina.
- Aplicar os fundamentos da cinemática e dinámica de mecanismos á resolución de problemas.
- Calcular posicións, velocidades, aceleracións e forzas en mecanismos planos.
TEORÍA, DESCRIPTORES:
- Introdución á teoría de máquinas.
- Cinemática de mecanismos, definicións.
- Sínteses gráfica de mecanismos articulados.
- Análises de posición, velocidade e aceleración de mecanismos articulados.
- Análises de forzas en mecanismos articulados.
- Software de análises, sínteses e simulación.
- Engrenaxes e trens de engrenaxes.
- Deseño de levas.
- Resistencias pasivas e fenómenos tribolóxicos.
TEMARIO DE TEORÍA
Tema 1: Conceptos básicos sobre mecanismos e máquinas.
Tema 2: Mecanismos que transforman movementos.
Tema 3: Poleas, polipastos, rodas de fricción.
Tema 4: Cinemática de mecanismos.
Tema 5: Engrenaxes.
Tema 6: Máquinas de combustión interna.
Tema 7: Máquinas de compresión mecánica.
Tema 8: Lubricantes.
Tema 9: Software de análise, síntese e simulación.
PRÁCTICAS
Software de análise, síntese e simulación de mecanismos.
Realización de maquetas de mecanismos.
BÁSICA:
-NORTON, Robert L. Diseño de maquinaria. 4ª Edic. Ed. Mc Graw Hill.
-Mabie H.H, Reinholtz C.F.; Mecanismos y Dinámica de Maquinaria. Limusa, 2009.
-Erdman, A. G.; Sandor, G. N. Diseño de mecanismos. Análisis y Síntesis. Ed. Prentice Hall. 1997.
-Novoa, D. Motores endotérmicos: Ciclos. Ed. Unicopia.
-Simon A.; Bataller A; Guerra.J.; Ortiz, A., Fundamentos de teoría de Máquinas, Bellisco 2000.
COMPLEMENTARIA:
-Calero, R.; Carta, J. A. Fundamentos de mecanismos y máquinas para ingenieros. Ed. McGraw Hill. 1999
-Dante Giacosa. Motores Endotérmicos. Ed. Dossat.
-García Prada,J.C. Castejón Sisamón, C., Alonso, H. R. Problemas resueltos de teoría de máquinas y mecanismos. Thomson- Paraninfo, 2007.
-Martell Perez, J., Moliner, P.R. Elementos de Máquinas. R. UNED.
-Nieto, J. Síntesis de mecanismos. Editorial AC.
-Pintado P.; Teoría de Máquinas. UCLM, 1999.
-Rapin, P.J. Instalaciones frigoríficas. Marcombo. Barcelona.
-Rubio Alonso. Problemas de mecanismos.
-Simon, A.; Bataller, A.- Fundamentos de Teoría de Máquinas. Ed. Bellisco. 2000.
-Shigley, J.E. Teoría de Máquinas y Mecanismos. Ed. Mc Graw Hill.
As competencias que se traballarán máis intensamente nesta materia son:
Competencias básicas (R.D. 1393/2007):
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais (O. CIN/351/2009):
CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse novas situacións.
CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial.
Competencias transversais.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
CT4 - Capacidade para traballar en equipo.
Outras competencias transversais xa aparecen incluídas entre as Xerais:
CT10 - Capacidade para a resolución de problemas: en CG4
CT12 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma: en CG3
Competencias específicas:
CE13 - Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
A consecución da formación básica do alumno abórdase mediante 31 horas de clases maxistrais, onde se explican os fundamentos teóricos da materia.
Nas clases de teoría, seminarios e prácticas trátase de seguir metodoloxías que faciliten a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos. A docencia apóiase nas presentacións de teoría preparados polo profesor.
Nas clases de seminario resólvense e discuten os problemas propostos previamente aos alumnos mediante boletíns.
Os alumnos, en grupos de 4, prepararán algunhas partes da materia, así como propoñerán problemas con achega das solucións destes, realizando a exposición de todo iso.
Nas prácticas (12 h), aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo alumno nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realízaranse na aula de informática mediante programas de simulación mecánica, e no laboratorio, en grupos de dous alumnos.
1.-Exame final o 50% da avaliación corresponderá ao exame escrito, o cal será fundamentalmente de preguntas tipo test e a resolución dalgún problema. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG3, CG4, CT1
2.- Traballos realizados durante o curso Algunha parte do temario será preparado polos alumnos en forma de traballos en grupos que serán entregados e expostos polos membros que constitúan o grupo. A cualificación conxunta dos traballos solicitados durante o curso representará o 40% da avaliación da materia. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG3, CG4, CT1, CT2, CT4.
3.- Prácticas. O 10% da avaliación corresponderá ás prácticas. Competencias avaliadas: CG3, CG4, CT2, CT4
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será avaliado na Segunda Oportunidade da parte correspondente ao exame, conservando as cualificacións das outras dúas partes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
39 Horas presenciais: Clases e seminarios.
Prácticas: 12 horas.
114 Horas non presenciais:
55 horas de estudo.
28 de preparación de traballos e prácticas.
17 horas de preparación do examen final.
14 horas de preparación do traballo individual.
- Estudar ao día a materia.
- A asistencia regular e a participación activa nas clases.
- Realizar os exercicios e actividades propostos.
- Consultar en clases calquera dúbida que xurda na explicación
- Consultar a bibliografía e buscar recursos na Web.
Utilizaranse os idiomas castelán e galego.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e
de revisión das cualificacións"
Jose Manuel Magide Ameijide
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Máquinas e Motores Térmicos
- Teléfono
- 982823236
- Correo electrónico
- josemanuel.magide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
28.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |