Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 34 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento dos fundamentos e aplicacións industriais da integración enerxética.
- Capacidade para deseñar redes de intercambiadores de calor.
- Coñecemento aplicado sobre o aforro de custos enerxéticos en sistemas con reaccións químicas e secuencias de separación de compoñentes.
- Saber empregar ferramentas informáticas específicas para a integración da enerxía nos procesos químicos.
- Capacidade para a síntese de procesos.
- Integración enerxética. Método do Pinch.
- Análise e deseño de redes de intercambio de calor.
- Integración da calor e traballo.
- Integración enerxética en sistemas con reacción química.
- Integración enerxética en sistemas de separación de compoñentes.
*Bibliografía básica
-KEMP, I.C.,“Pinch analysis and process integration : a user guide on process integration for the efficient use of energy”. 2ª Ed. Amsterdam. Ed. Elsevier-Butterworth-Heinemann, 2007. ISBN 9780750682602. Referencia QUT 393.
-El-Halwagi, M.M., “Process integration”. Boston. Ed. Elsevier/Academic Press, 2006. ISBN 0123705320. Referencia QUT 415.
*Bibliografía complementaria
-PUIGJANER L. y col., "Estrategias de modelado, simulación y optimización de procesos químicos". Madrid., Ed. Síntesis, 2006. ISBN 9788497564045. Referencia QUT 388/…/390.
-SINNOT R. y TOWLER G., “Diseño en ingeniería Química”. Barcelona. Ed. Reverté, 2012. ISBN 9788429171990. Referencia QUT 398/…/401/410.
Entre todas as competencias incluídas na Memoria do título, as que traballarán máis intensamente nesta materia son:
*Básicas:
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
- CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
- CB5: Que os estudantes desenvolveron aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar outros estudos cun alto grao de autonomía.
*Transversais:
- CT2: Capacidade para empregar aplicacións informáticas no campo da Enxeñaría Industrial.
- CT3: Capacidade para xestionar información.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo.
- CT11: Capacidade para tomar decisións.
- CT12: Capacidade para a aprendizaxe autónoma (incluída no CB5).
*De materia optativa:
- CEOP12: coñecemento sobre a utilidade e o uso da integración enerxética nos procesos químicos industriais e capacidade de empregar ferramentas informáticas específicas para a simulación e integración de equipos e procesos.
O logro da formación do alumno será a través de 15 horas de docencia expositiva, onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos. Procurarase a participación activa do alumno, que será animado a intervir de xeito continuado.
A docencia interactiva, a través de seminarios (10 horas) e prácticas obrigatorias (24 horas) centrarase no enfoque e resolución de problemas e casos prácticos sobre os contidos da materia.
Durante a segunda semana do curso indicarase a realización obrigatoria dun traballo en grupo, no que os estudantes, de forma autónoma, deberán realizar a integración enerxética dunha instalación intentando minimizar os seus custos de funcionamento.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno, así como titorías en grupos reducidos (2 horas) para supervisar a aprendizaxe dos estudantes.
Ao longo do curso, os estudantes terán á súa disposición no Campus Virtual os contidos teóricos básicos da materia, así como unha colección de exercicios a resolver durante as clases.
Utilizaranse ferramentas informáticas específicas gratuítas e de libre acceso para as prácticas, como Heatit v5.2.4 ou Hint v.2.2, pero tamén Excel e o programa de simulación de procesos químicos Hysys.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Só os estudantes que non participen en ningunha das actividades de avaliación poderán recibir a nota final de Non Presentado.
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (75%) e un Exame Final (25%) complementario.
*A1)-Avaliación continua, a cualificación mínima exixida para superar a materia sen ter que facer o Exame Final será do 67%, e constará de tres apartados:
1º)-Traballo en Grupo: obrigatorio e asíncrono, pódese obter ata o 25%. Competencias avaliadas: CB3, CB4, CT2, CT3, CT4, CT11 e CEOP12.
2º)-Actividades na aula (seminarios): obrigatorias e síncronas, pódese obter ata o 25%. Competencias avaliadas: CB4, CB5, CT3, CT11 e CEOP12.
3º)-Practicas: obrigatorias e síncronas, pódese obter ata o 25%. Competencias avaliadas: CB3, CB4, CB5, CT2, CT3, CT4, CT11, CT12 e CEOP12.
Os estudantes que non acaden a cualificación mínima requirida deberán facer obrigatoriamente o Exame Final; a dito exame poderán acudir aqueles estudantes que desexen mellorar a súa cualificación final.
*A2) Exame Final, síncrono, coas seguintes características:
1ª) Parte Teórica: pódese conseguir ata o 5%; cualificación mínima requirida 2%.
2ª) Parte Práctica: pódese conseguir ata o 20%; cualificación mínima requirida 8%.
Competencias avaliadas: CT3 e CEOP12. É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes.
A cualificación final será o resultado de sumar todas e cada unha das cualificacións obtidas nos apartados anteriormente descritos.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Non se conservan as cualificacións obtidas na Avaliación Continua e farase un Exame Final, de natureza síncrona, que se realizará en dúas partes coas seguintes características:
1ª) Parte Teórica: pódense conseguir ata 2,5 puntos; nota mínima requirida 1,5 puntos.
2ª) Parte Práctica: pódense conseguir ata 7,5 puntos; nota mínima requirida 3,5 puntos.
Competencias avaliadas: CT3, CT12 e CEOP12. É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia.
A materia divídese en 15 horas de docencia expositiva, 34 horas de docencia interactiva, 2 horas de titoría en grupo e 4 horas de exame.
Polo anterior, o alumno debe empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar o total de 150 horas de dedicación á materia: 30 horas para a parte teórica, 56 horas para a parte aplicada (traballo en grupo, problemas, seminarios e prácticas), 3 horas para titorías e 6 horas para a preparación do exame final.
É imprescindible que o estudante teña computador portátil, tablet ou calquer outro dispositivo que lle permita empregar unha folla de cálculo na aula.
É moi recomendable ter cursado previamente as materias de "Transferencia de materia", "Transmisión de calor", "Enxeñaría de reacción química" e "Procesos de química industrial", ademais de ter coñecementos a nivel de usuario do Excel e do programa de simulación de procesos químicos Hysys.
É moi importante levar a materia o día, así como tentar realizar todos os problemas e exercicios propostos.
Na materia usaránse as dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Jorge González Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824164
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |