Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 41 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Coñecer as ecuacións de deseño de reactores químicos a partires das ecuacións xerais de balance.
* Capacidade para seleccionar o tipo de reactor mais axeitado para levar a cabo unha determinada reacción.
* Determinar as condicións óptimas e establecer os criterios de deseño.
* Deseñar reactores químicos, para reaccións homoxéneas, en virtude das diferentes condicións de operación.
* Identificar a existencia de desviacións da idealidade en reactores reais e avaliar a conversión atinxida en reactores reais.
* Deseñar reactores para reaccións heteroxéneas sólido-fluido.
* Coñecer as condicións de operación estables en reactores nos que se dan reaccións exotérmicas.
* Introdución ao deseño de reactores. Conceptos xerais.
* Deseño de reactores ideais homoxéneos isotérmicos.
* Deseño de reactores ideais homoxéneos non isotérmicos.
* Distribucións de tempos de residencia en reactores químicos.
* Modelos de reactores non ideais.
* Deseño de reactores heteroxéneos.
Bibliografía básica:
* LEVENSPIEL, O. Ingeniería de las Reacciones Químicas. México. Limusa Wiley. 2004. ISBN: 968-18-5860-3. (Sinaturas USC: QUT 130, QUT 131, QUT 242, A120 4 G, A120 4 J, A120 4 K)
Bibliografía complementaria:
* FOGLER, H. S. Essentials of chemical reaction engineering. 2ª Ed. Boston. Prentice Hall. 2018. ISBN: 9780134663890. (Sinaturas USC: QUT 545, A120 6)
* FOGLER, H. S. Elementos de Ingeniería de las Reacciones Químicas. 3ª Ed. México. Pearson Education. 2001. ISBN: 970-26-0079-0. (Sinaturas USC: QUT 155, QUT 156, QUT 157, QUT 158)
* FOGLER, H. S. Elementos de Ingeniería de las Reacciones Químicas. 4ª Ed. México. Pearson Education. 2008. ISBN: 9789702611981. (Sinaturas USC: A120 3 G, A120 3 H)
* HILL, Ch. G. An Introduction to Chemical Engineering Kinetics and Reactor Design. New York. John Wiley & Sons. 1977. ISBN: 0-471-39609-5. (Sinaturas USC: QUT 97, QUT 98, DEP 15630, 121 1)
* LEVENSPIEL, O. El Omnilibro de los Reactores Químicos. Barcelona. Reverté D.L.. 1985. ISBN: 84-291-7336-6. (Sinaturas USC: QUT 110, A122 6 A)
* MISSEN, R. W.; MIMS, C. A.; SAVILLE, B. A. Introduction to Chemical Reaction Engineering and Kinetics. New York. John Wiley & Sons. 1999. ISBN: 0-471-16339-2. (Sinaturas USC: QUT 235, A120 1, A120 1 A, A120 1 B, A120 1 C)
* SANTAMARÍA, J. M.; HERGUIDO, J.; MENÉNDEZ, M. A.; MONZÓN, A. Ingeniería de Reactores. Madrid. Síntesis. 2002. ISBN: 978-84-7738-665-0. (Sinaturas USC: QUT 249, QUT 250, QUT 251, QUT 252, A122 2 A, A122 2 B, A122 2 C, A122 2 D, A122 2 E, A122 2 F)
* Competencias básicas:
- CB1: Que os estudantes demostraran posuir e comprender os coñecementos dunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e polo xeral a un nivel que, aínda que se basea en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudio.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que, en xeral, demóstranse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de natureza social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudiantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
* Competencias xerais:
- CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
- CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, plans de traballo e outros traballos semellantes.
* Competencias transversis:
- CT1: Capacidade de análise y síntese.
- CT3: Capacidade para xestionar a información.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo.
- CT5: Demostrar compromiso ético.
* Competencias específicas:
- CE20: Conocimientos sobre balances de materia y energía, biotecnología, transferencia de materia, operaciones de separación, ingeniería de la reacción química, diseño de reactores, y valorización y transformación de materias primas y recursos energéticos.
A consecución dunha formación básica do alumno será mediante 41 horas de clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que servan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir dun xeito continuo.
Os seminarios (8 horas) prantéxanse coma unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos comatécnicas auxiliares de cálculo, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da asignatura, exposición de traballos, manexo de fontes bibliográficas, etc. Relacionado con esta metodoloxía, os estudantes realizarán, obrigatoriamente, un traballo en grupo consistente na búsqueda, elaboración de memoria e presentación da mesma sobre un tema relacionado coa materia.
Realizaranse titorías individuais para clarexar problemas particulares de cada alumno e titorías con grupos reducidos (2 horas) para traballar temas específicos.
Ademais planificaranse Prácticas de campo, é dicir, programaranse visitas a plantas de proceso para observar in situ a aplicación dos coñecementos adquiridos. Estas prácticas de campo estarán suxeitas a dispoñibilidade de financiación e posibilidade de realización tanto por parte da empresa como da USC.
En todo momento usarase como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O sistema de avaliación ten en conta o seguimento da aprendizaxe co plantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase ademais a realizar polo menos un exame. A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado do exame final (50%) como a súa avaliación continua (50%). Nesta avaliación continua inclúense tanto os traballos realizados polo estudante (25%), como as actividades desenvoltas na aula (25%).
Soamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades avaliables poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
Os estudantes repetidores que así o desexen e renuncien a Avaliación Continua, serán avaliados na segunda oportunidade tal e como se especifica no apartado (B2).
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (50%) mais un Exame Final (50%).
*A1)-Avaliación Continua, a cualificación mínima esixida será do 40% (2 puntos) e constará de dous apartados:
1º) Traballo en grupo: realizado de modo asíncrono. Cualificación:25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1 puntos. Valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que podan propoñerse, así como os resultados conseguidos e a crítica dos mesmos. Terase en conta a calidade dos traballos presentados e da súa exposición. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB4, CG5, CT3, CT4, CT5, CE20.
2º) Actividades en aula: síncronas. Cualificación:25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida: 1 punto. Nas actividades de aula valorarase as intervencións do estudante e a resolución dos problemas e cuestións que se lle propoñan. Competencias avaliadas:CB3, CB4, CB5, CG4, CT1, CE20.
Os estudantes que non acaden a cualificación mínima esixida en calquera destes dous apartados, recibirán unha cualificación final de Suspenso e serán avaliados na Segunda Oportunidade tal e como se detalla no apartado (B2).
*A2)-Examen Final: síncrono. Competencias avaliadas: CE20 Realizarase en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: cualificación 25% (ata 1,25 punto), cualificación mínima esixida 0,5 puntos.
2ª)-Parte Práctica: cualificación 75% (ata 3,75 puntos), cualificación mínima esixida 1,5 puntos.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima esixida en cada unha das partes para poder obter unha nota media. É necesario obter, como mínimo, unha nota media de 5 puntos para superar a materia.
B)-SEGUNDA OPORTUNIDADE:
*B1)-Os estudantes que acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua conservarán esa cualificación e realizarán un Exame Final coas mesmas características que na primeira oportunidade de avaliación (A2).
*B2)-Os estudantes que non acadaron a cualificación mínima esixida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame Final, de carácter síncrono, que se levará a cabo en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: cualificación 25% (ata 2,5 puntos), cualificación mínima esixida 1 punto.
2ª)-Parte Práctica: cualificación 75% (ata 7,5 puntos), cualificación mínima esixida 3 puntos.
Competencias avaliadas: CE20.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima esixida en cada unha das partes para poder obter unha nota media. É necesario obter, como mínimo, unha nota media de 5 puntos para superar a materia.
Esta asignatura divídese en 41 horas de clases expositivas, 8 horas de seminarios, 2 horas de titorías en grupo, e 4 horas para a realización de exames (55 horas en total). Con todo elo estímase que o alumno deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas adicadas á asignatura.
O alumno debe ter coñecementos previos en balances macroscópicos, fenómenos de transporte, equilibrio e cinética química. Por esta razón é recomendable que cursara xa as asignaturas: Química I, Química II, Enexeñaría Química I, Enxeñaría Química II, Termodinámica Aplicada e Cinética Química.
É aconsellable ter coñecementos a nivel de usuario de Ms Excel.
É importante que o alumno tente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas e simultáneamente, o profesor, facer un seguemento continuado da evolución do alumno na asignatura.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma gallega: galego e castelán.
Jose Manuel Martinez Ageitos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
16.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
03.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |