Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 41 Clase Interactiva: 8 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os aspectos fundamentais da contaminación ambiental: medida, corrección e regulamentación.
- Coñecer as metodoloxías de avaliación de impacto ambiental.
- Coñecer a normativa e xestión ambiental.
- Saber cuantificar compoñentes ambientais nun proxecto.
- Saber realizar estudios e cuantificación de indicadores ambientais tendo en conta principios de sustentabilidade.
- Saber identificar os problemas ambientais mais importantes que se derivan das actividades de tipo industrial, sindo capaz de prantexar alternativas para a resolución deses problemas.
- Coñecemento e aplicación da terminoloxía inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.
- Xestión ambiental y desenvolvemento sustentable
- O referente técnico: as Mellores Técnicas Dispoñibles.
- Indicadores ambientais e sustentabilidade.
- Contaminación atmosférica.
- Contaminación das augas.
- Contaminación do solo. Residuos sólidos.
*Bibliografía básica:
- Kiely, G. “Ingeniería Ambiental: fundamentos, entornos, tecnología y sistemas de gestión”; McGraw-Hill, 2003. ISBN: 84-481-2039-6. Signatura: EMC 282.
- Lin, S. D. “Water and wastewater calculations manual”; McGraw-Hill, New York, 2001. ISBN: 0-07-137195-8. Signatura: IHI 13 (Edición del 2014 disponible como recurso electrónico).
*Bibliografía complementaria:
- Azapagic, A., Perdan, S., Clift, R. “Sustainable development in practice. Case studies for engineers and scientists”; John Wiley & Sons Ltd., Inglaterra, 2004. ISBN: 0-470-85609-2. Signatura: QUT 233.
- Feijoó Costa, G. y Sineiro Torres, J. (Eds.). “Residuos: Gestión, minimización y tratamiento”; Ed. Lápices 4, Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-607-3678-4. Signatura: EMC 148, EMC 149, EMC 179.
- Masters, G. M.; Ela, W. P. “Introducción a la Ingeniería Medioambiental”; Pearson Educación, Madrid, 2008. ISBN: 9788483224441. Signatura: A200 21.
- Metcalf & Eddy. “Ingeniería de Aguas Residuales: Tratamiento, Vertido y Reutilización”; 3a Ed. McGraw Hill / Interamericana de España, S.A., Madrid, 1996. ISBN: 84-481-1607-0. Signatura: IHI 29, IHI 137, IHI 138.
- Santamaría Rodrigo, J. M. y Braña Aísa, P. A. “Análisis y Reducción de Riesgos en la Industria Química”; MAPFRE, Madrid, 1994. ISBN: 84-7100-969-2. Signatura: QUT 141.
- Tchobanoglous, G., Theisen, H. y Vigil, S. “Gestión integral de residuos sólidos”; McGraw-Hill, Madrid, 1998. ISBN: 84-481-1830-8. Signatura: EMC91.
- Wark, K. y Warner, C. F. “Contaminación del aire: origen y control”; LIMUSA, México, 1996. ISBN 968-18-1954-3. Signatura: EMC 11, EMC 37, EMC 228.
*Básicas e xerais:
- CB1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se acostuman demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para que emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
- CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
- CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, plans de traballo e outros traballos semellantes.
- CG6: Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
- CG7: Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
- CG11: Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
*Transversais:
- CT1: Capacidade de análise y síntese.
- CT3: Capacidade para xestionar a información.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo.
- CT5: Demostrar compromiso ético.
- CT6: Demostrar sensibilidade hacia temas medioambientais.
- CT8: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
- CT10: Capacidade para a resolución de problemas (incluida en CG4).
- CT11: Capacidade para tomar decisións (incluida en CG4).
- CT14: Demostrar razoamento crítico (incluida en CG4).
*Específicas:
- CE16: Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sustentabilidade.
- CE20: Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, Enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
A consecución dunha formación básica do alumno será mediante 41 horas de clases maxistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán algúns exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente.
Os seminarios (8 horas) prantexanse como unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos como debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da asignatura, manexo de fontes bibliográficas, etc.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno e titorías grupais con grupos reducidos (2 horas, asistencia obrigatoria) para traballar temas específicos.
Ademais os estudantes realizarán, obrigatoriamente, un traballo en grupo consistente na realización dun Estudo de Impacto Ambiental (EsIA) dun proceso químico industrial.
En todo momento usarase como apoio á docencia o Campus Virtual de la USC.
Programaranse visitas a plantas de proceso para observar in situ a aplicación dos coñecementos adquiridos. Estas prácticas de campo estarán suxeitas á dispoñibilidade de financiamento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións”.
A avaliación da materia é continua con examen. O seguemento da aprendizaxe efectúase mediante o prantexamento de casos prácticos e actividades a resolver, presencialmente ou non, individualmente ou por grupos. Procederase, ademáis, á realización dun exame final. A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado do exame como o de todas as actividades realizadas e o traballo en grupo. Así, o sistema de avaliación constará dos siguientes apartados:
*Traballo en grupo: ata 1,5 puntos
- Valoraranse, entre outras, a iniciativa persoal, a capacidade para traballar en equipo e para afrontar e resolver os problemas que poidan prantexarse, así como os resultados acadados e a súa crítica.
- Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG5, CG6, CG7, CG11, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CE16, CE20.
*Seminarios e titorías en grupo: ata 2 puntos
- Valoraranse as intervencións do estudante e la resolución dos problemas e cuestións que se planteen.
- Competencias avaliadas: CB3, CB4, CB5, CG4, CT1, CE16, CE20.
*Exame final: ata 6,5 puntos; cualificación mínima 2,6 puntos
- Teoría: ata 3,25 puntos; cualificación mínima: 1,2 puntos.
- Exercicios e problemas: ata 3,25 puntos; cualificación mínima: 1,4 puntos.
- Competencias avaliadas: CE16, CE20.
O alumno que se presente ás partes avaliables da asignatura, e non se presente ó exame final, recibirá a cualificación de Suspenso. Para que a cualificación global sexa Non presentado o alumno non poderá realizar ningunha das probas avaliables.
Esta asignatura divídese en 41 horas de clases expositivas, 8 horas de seminarios, 2 horas de titorías en grupo e 4 horas para a realización de exames (55 horas en total). Con todo isto estímase que o alumno deberá empregar un total de 95 horas de traballo personal para compretar un total de 150 horas adicadas á asignatura.
É importante que o alumno intente realizar os boletíns de problemas por si mesmo para posteriormente resolver as dúbidas e simultáneamente, o profesor, facer en seguemento continuado da evolución do alumno na asignatura.
Para a comprensión e asimilación dos coñecementos desta materia resulta convinte que o alumno cursara, alomenos, as siguientes asignaturas: Enxeñaría Quimica I, Enxeñaría Química II, Mecánica de Fluidos e Enxeñaría da Reacción Química.
A materia impartese noas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Eugenio Fernandez Carrasco
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- eugenio.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 3 PRIMEIRA PLANTA |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |