Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Achegar ó alumnado o concepto de diversidade biolóxica e as técnicas e tácticas aplicables no eido da conservación e recuperación de espazos e especies
Concepto e medida da diversidad biolóxica. Introducción a conservación da biodiversidade. Ordenación ambiental do territorio, perspectiva ecolóxica. Obxectivos básicos e ferrrramentas fundamentais na xestión de espazos naturais protexidos. Introdución á teoría da restauración ecolóxica.
Concepto e medida da diversidad biolóxica. Introducción a conservación da biodiversidade. Ordenación ambiental do territorio, perspectiva ecolóxica. Obxectivos básicos e ferrrramentas fundamentais na xestión de espazos naturais protexidos. Introdución á teoría da restauración ecolóxica.
TEMARIO
Bloque I: Biodiversidade (Horas Presenciais: 9/NP : 12)
Tema 0. ¿Por que conservar? O marco filosófico. ¿Como conservar? O marco científico.
Tema 1. O valor da biodiversidade. Valores directos e indirectos. Valores de uso consumible e non consumible. Valores monetarios.
Tema 2. Biodiversidade. Definición. Compoñentes: xenes, especies, ecosistemas. A orixe da diversidade. Distribución da biodiversidade no mundo. Centros de Vavilov.
Tema 3. Calidades da diversidade. Endemismos e rarezas: definición e características. Tipos e causas de rareza. Índices de rareza. Aplicación á selección de especies e zonas de interese.
Tema 4. Medida da diversidade ecolóxica. Características dos estatísticos . Índices de riqueza, distribución, abundancia e dominancia. Elección dun bo descritor: método de salto no cálculo.
Tema 5. O ecosistema como elemento integrador: relacións diversidade- estrutura e función do ecosistema. A importancia dos grupos funcionais. Concepto de integridade biolóxica ou ecolóxica.
Bloque II. A Alteración do medio: procesos e avaliación . O desenvolvemento sostible. (Horas Presenciais: 9/NP : 25)
Tema 6. Ameazas para a biodiversidade. Poboación humana e recursos. Alteración e sobrexplotación do medio. Situación mundial: indicadores ambientais de presión e alteración. O desenvolvemento sustentábel
Tema 7. A xestión do sistema forestal. Impacto no ecosistema a nivel funcional (ciclos) e estrutural (diversidade). Emprego de indicadores de integridade ecolóxica. Impacto espacial: o plano forestal galego e a estratexia forestal española. Modelos de xestión sustentábel.
Tema 8. Impactos sobre o ecosistema fluvial. O ecosistema fluvial: características e beneficios. Os planos hidrolóxicos autonómico e nacional. A directiva augas da UU.EE. Modelos de xestión sustentábel.
Tema 9. A Fragmentación do territorio. Análise da modificación da paisaxe. A concentración parcelaria. Modelos sustentábeis de uso do espacio agrícola.
Tema 10. Avaliación da contaminación: Os conceptos de contaminación e polución. Emprego de sistemas vivos como indicadores: Bioindicación e biomonitorización. Niveis de fondo. Exemplos: eutrofización, contaminación por metais pesados e polución por biocidas.
Tema 11. Consecuencias das alteracións. As extincións. Evolución histórica. O papel da especie e do ecosistema no proceso da extinción: as especies chave, efecto cascada e ecosistemas críticos. As listas vermellas.
Tema 12. Introdución á conservación. Conservación in situ-ex situ. A Xestión Integral. Recursos naturais e estruturas sociais. Niveis de xestión: político-administrativo, socioeconómico, medio biolóxico. A xestión ecosistémica do medio.
Bloque III. A Xestión Integral do medio. (Horas Presenciais: 16/NP : 33)
Conservación de Especies e Viabilidade de Poboacións
Tema 13. Introdución. A ecoloxía da paisaxe e a bioloxía da conservación. Desenvolvemento histórico e ámbito de aplicación. Tendencias actuais: a ecoloxía da conservación.
Tema 14. Conservación e estrutura espacial do territorio. I: A paisaxe. Definición, formación, características e principios de funcionamento. Elementos: manchas, matriz, corredores e redes.
Tema 15. Conservación e estrutura espacial do territorio. II: Manchas e Corredores. Tipos, formación e características (forma e tamaño: o efecto de borde). Corredores: tipos e estrutura. Interaccións entre manchas: índices. Influencia da estrutura da paisaxe na conservación: tamaño de malla. Exemplos.
Tema 16. Teoría de Illas. Relación especies/área. Hipóteses do equilibrio. O deseño de reservas naturais: selección de tamaño, forma e distribución.
Bloque IV. Xestión actual da diversidade. (Horas Presenciais: 2/NP : 4)
Tema 17. Tratados Internacionais e Programas europeos sobre conservación. Fundamentos, planos e estratexias derivados. Directivas Aves e Hábitat. Rede natura 2000.. Figuras legais de conservación e selección de zonas. As ferramentas de xestión: PORN, PRUX…
O PROGRAMA PRÁCTICO
Mentres que o programa de teoría supón (ou orientase preferentemente) unha análise da materia, configurándose como un guión que estableza dunha maneira lóxica o estudio dos seus contidos e a racionalización do tempo (número de temas), o Programa Práctico debe supoñer unha síntese da análise feita polo programa teórico. E dicir, condensar e canalizar, de cara a análise e manipulación crítica e científica da realidade que nos rodea, os coñecementos básicos teóricos, para facilita-lo seu emprego práctico.
Este obxectivo tentase acadar ó traveso da realización dunha viaxe de prácticas y dunha práctica global de gabinete. As viaxes de prácticas son obrigatorias, e sempre se farán en función da dispoñibilidade dos centros de acollida correspondente.
VIAXES DE PRÁCTICAS
I. Visita de campo a un Parque Natural de Galicia /Zona de Especial de Interés Ambiental para a conservación, con dous obxectivos fundamentais:
1. Coñecemento dos valores naturais do noso pais.
2. Constatación na realidade da xestión actual dos nosos Parques Naturais/Zonas de Interese Ambiental. Medidas e estratexias de xestión diaria, así como problemas na súa implantación.
As visitas serán precedidas dunha exposición oral por parte do alumnado sobre a temática e o espazo a visitar. Dito traballo, así como a súa exposición, será en grupo.
PRÁCTICAS DE GABINETE
Introdución á Ecoloxía da Paisaxe.
O obxectivo desta práctica é introducir ó alumnado no emprego dos Índices principais da Ecoloxía da Paisaxe aplicados á avaliación espacial dun territorio, co obxecto de determina-la súa capacidade para conservar especies autóctonas. Ó traveso da metodoloxía desenvolta familiarizarase ó alumno/a coa realización de cartografía temática, emprego de referencias bibliográficas sobre a distribución de especies en Galicia, utilización de listas vermellas e propostas das Directivas Aves e Hábitats da Unión Europea.
PRÁCTICAS DE CAMPO
Baixo a modalidade ApS, traballo con unha comunidade de montes no eido da introducción inicial a Certificación Florestal (FSC)
EXERCICIOS DE CLASE E LECTURAS COMPLEMENTARIAS
Como complemento ós temas puramente teóricos, o longo do curso acompañaremos ditas clases maxistrais con exercicios relacionados cos temas en cuestión, co obxecto que acadedes un hábito de consulta bibliográfica, sistematización da información e exposición en público. Tamén se vos subministrará unha series de artigos (Lecturas complementarias) que vos axuden a mergullares en determinados temas.
Básica
La diversidad de la vida. Wilson, 2001.
Introducción a la biología de la conservación. Primack, 2002.
Measuring biological diversity, Anne E. Magurran, 2008.
Ecología de Paisaje. Burel e Baundry, 2011
Biodiversity.An Introduction, Gaston e Spicer1998
Complementaria
Ecología Insular. Fernández-Palacios, 2004.
Gestión de espacios naturales. Azqueta e Pérez, 1996.
Conservation Science and Action. Sutherland,1998
Competencias
O alumnado deberá ser capaz de manexar indicadores que lle permitan establecer criterios mínimos para a conservación das especies e e para o deseño básico de espazos protexidos.
Competencias básicas e xerais, as cales son traballadas ao longo do curso:
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo e vocación dunha maneira profisional e posúan competnecias demostrabeis mediante elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CG2 - Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo os paisaxes
CG3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, plagas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade
CG7 - Capacidade para resolver os problemas técnicos derivados da xestión dos espazos naturais
Todas estas capacidades serán desenvolvidas na realización dos traballos correspondentes, e avaliadas na súa presentación na sala de aulas:
- Avaliación da estrutura dun territorio dende o punto de vista da conservación de especies (traballo de equipa cooperativa no eido da ecoloxía da paisaxe).
- Avaliación dos efectos das actividades humanas na conservación/alteración da diversidade biolóxica (modelo de Aprendizaxe e Servizo no eido da Certificación forestal).
Aliás a CG7 desenvólvese especificamente na viaxe de prácticas
Competencias Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con atitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obtener información axeitada, diversa e actualizada
CT6 -Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Capacidade de veracidade da a información que ofrece a os demais.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante la aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza
Clases maxistrais
Exercicios
Traballos de aula baixo modelo de aula inversa
Exposición oral de traballos
Traballo de curso no modelo de traballo de equipa cooperativa
Traballo de curso baixo o modelo de Aprendizaxe e Servizo
Con estes traballos persíguese desenvolver as competencias transversais CT1,2,3,4,5,6,8,10,12
Sistema de avaliación da aprendizaxe
O processo de avaliación desenvolverase de maneira contínua, polo cal para a cualificación final terase en conta as cualificacións obtidas nos exercicios de clase, nos traballos de prácticas e no exame final, na proporción 20:60:20
Exercicios (20%). Competencias: CT1,CT2,CT6
Traballos (50 %). Competencias: CT5, CT6,CT8,CT10,CT11
Exame final (20%). Competencias: CT1,CT2,CT11
Viaxe e memoria (10%).
PARA ACADA-LO APROBADO FINAL SERÁ NECESARIO SUPERAR DE MANEIRA INDEPENDENTE OS EXERCICIOS DE CLASE, O TRABALLO DE PRÁCTICAS E O EXAME. ASISTENCIA Á VIAXE É OBRIGATORIA PARA SUPERA-LA MATERIA (Avaliarase asistencia e entrega da memoria correspondente). CONDICIÓNS SIMILARES NA PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. PARA REPETIDORES GÁRDANSE AS PARTES SUPERADAS NO CURSO ANTERIOR.
NON SE CONTEMPLA DISPENSA ACADÉMICA.
“A esencia dunha persoa que queira que o outro aprenda é obrigalo a pensar, non hai máis”. (En GROS e ROMAÑA, 1995).
En calquera tratado de docencia e recoñecido o que segue:
“Os profesores/as universitarios deberiamos ensinar a pensar ós alumnos/as, máis que limitarnos a transmitir unha información”.
Nestes dous parágrafos debuxase a liña que seguirá a avaliación do esforzo realizado durante o curso. E dicir, tanto na avaliación do exame, como dos traballos de prácticas de gabinete e dos exercicios de clase, tenderase de cotío por este profesor (sempre a vosa disposición) a aprecia-la capacidade de raciocinio e contribución persoal, e non tanto (moito menos) o grao de memorización e/ ou repetición automática.
En calquera proba escrita avaliarase (repetimos) a contribución persoal, capacidade de expresión profesional, lóxica de razoamento, relación de conceptos teóricos e a súa aplicación.... polo que a capacidade de memorización non será o básico, e o emprego incorrecto de conceptos fundamentais da Xestión e da Ecoloxía contará negativo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Normas de revisión de exames e traballos
1. Só se discutirán os contidos expostos por escrito no exame e/ou traballo
2. Nunca se entrará a discutir sobre cuestións persoais
3. Teoría e traballos/exercicios son independentes, e coa mesma importancia no referente a súa realización e valoración.
4. Primeira e segunda oportunidade comprenden dúas únicas convocatorias, as cales rematan definitivamente o día asignado para face-lo exame e/ou entrega-los traballos.
A persoa que só presente o exame ou o traballo de prácticas, contaralle como presentado (suspenso) na convocatoria correspondente.
TRABALLOS DE CURSO: 60 HORAS
EXERCICIOS DE CLASE: 20 HORAS
ESTUDO DA MATERIA: 30
1. Asistencia á clase
2. Realización dos exercicios de clase
3.Emprego das titorías
“a mellor maneira de aprender é ensinar, a mellor maneira de ensinar é seguir aprendendo, e o que conta no momento derradeiro é compartir unha experiencia e reflexionar xuntos” (Oppenheimer/Delacòte, 1998)
De cote sempre nos queixamos da masificación da ensinanza universitaria e do seu carácter impersoal. Pois ben, o uso das titorías por parte do alumnado supón a oportunidade para rachar esta relación (anti-relación) profesor/a alumna/o.
As titorías (6 horas semanais) supoñen un punto de encontro onde o alumno/a pode resolve-las dúbidas, atopar camiños cara temas que lle interesan, resolver problemas de orientación no estudio da materia, etc., e para o profesor, neste caso, denotar que partes da materia establecen máis dificultades de comprensión, ou que hábitos do docente poden non favorece-la comprensión polo alumnado dos contidos transmitidos durante a clase.
As titorías deben ser empregadas ó longo do ano, como aclaración de dúbidas, etc., e non dous días antes dos controis escritos, xa que a finalidade deste tempo dedicado as alumnas/os no é a de impartir Clases Particulares da materia.
Emilio V. Carral Vilariño
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- emilio.carral [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade