Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos:
- Entender que os organismos causantes de pragas e enfermidades son compoñentes integrais dos ecosistemas forestais nos que poden ter efectos positivos, pero que en ocasións poden reducir a produtividade, ocasionar perdas de calidade do ecosistema ou interromper proxectos de xestión específicos.
- Comprender o funcionamento dos sistemas forestais de maneira que a intervención nos mesmo poida ser integrada
- Coñecer as tendencias actuais en xestión de pragas e enfermidades encamiñadas a mitigar os riscos da aplicación de fitosanitarios e potenciar a implementación de sistemas de control alternativos
Resultados da aprendizaxe:
- Coñecer as estratexias de xestión integral do monte dende un punto de vista fitosanitario
- Ser capaces de elaborar plans de xestión fitosanitaria en bosques produtivos e bosques naturais
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Control integrado
• Bosques naturais e plantacións produtivas dende un punto de vista sanitario.
• Prevención de pragas e enfermidades.
• Dinámica de poboacións
• Bases metodolóxicas para relacionar as causas das pragas e enfermidades forestais e o seu desenvolvemento
epidemiolóxico.
• Mecanismos de seguimento, monitoreo, limiares de dano e toma de decisións.
• Estratexias dispoñibles: tipos, selección e avaliación das mesmas
Estes contidos serán desenvoltos acorde ao seguinte temario:
Programa teórico (18 horas):
I. O CONTROL INTEGRADO DE PRAGAS E ENFERMIDADES NO MEDIO FORESTAL. Concepto de control integrado, orixe e evolución. Situación actual mundial. Xestión Forestal Sostible. Xestión Integrada. Interacción planta-insecto/patóxeno. Bosques naturais e plantacións. 4 horas presenciais e 6 non presenciais.
II. PRINCIPIOS PARA A APLICACIÓN DA XESTIÓN INTEGRADA DE PRAGAS ENFERMIDADES E MALAS HERBAS. Marco lexislativo para unha xestión fitosanitaria sostible. Requisitos de formación. Asesoramento en Xestión integrada de Pragas (XIP). Principios para aplicación da XIP. Toma de decisións. 4 horas presenciais e 6 non presenciais.
III. BASES E PROCESOS PARA A APLICACIÓN DA XESTIÓN INTEGRADA DE PRAGAS ENFERMIDADES E MALAS HERBAS. Estratexias de control. Prevención, intervención, avaliación e adecuación de estratexias. Inspección en fronteira e vixilancia fitosanitaria. 7 horas presencias e 11 non presenciais.
IV. BASES E PROCESOS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PLANS DE XESTIÓN INTEGRADA. Boas prácticas fitosanitarias para o control integrado de pragas e enfermidades en: viveiros, plantacións, rexenerado, nas prácticas silvícolas, no transporte e no almacenamento de madeira. Elaboración de plans de Xestión Integrada de Pragas. Avaliación e adecuación das estratexias. 3 horas presenciais e 4 non presenciais.
Programa práctico:
Seminarios (6 horas en aula):
- Grupos de discusión de literatura científica en inglés e español co obxecto de contextualizar algunhas ideas da XIP en un marco mais
amplo e que axudaran a clarificar conceptos. Duración: 2 horas.
- Resolución de casos prácticos baseados en situación reais para as que os alumnos deben aportar solucións de xestión integrada.
Duración: 2 horas.
- Análises de programas de xestión integrada levado a cabo en outros países/zonas xeográficas. 2 horas
Clases interactivas (12 horas):
- Práctica de campo: Visita a parcelas certificadas pola súa xestión forestal sostible e con aplicación de XIP. Duración: 4 horas en campo.
- Clase interactiva 1: Elaboración de un Programa de Xestión Integrado no medio forerstal:
1. Diagnóstico en exteriores. Visita a parcela cercana onde se vai facer o traballo de xestión integrada. Duración 3 horas.
2. Diagnóstico en laboratorio. Duración 2 horas.
3. Orientación para redacción do documento técnico. Duración 3 horas
- Clase interactiva 2: Métodos de predicción de danos e axuda na toma de decisións mediante software específico. Duración 1 hora en aula de informática
Bibliografía básica
AYRES, M.P., LOMBARDERO, M.J. 2018. Forest pests and pest management in the Anthropocene. Canadian Journal of Forest Research 48:292-301.
Franklin, J.F., Johnson K.N., Johson, D.L. 2018. Ecological forest management. Waveland Press Inc., Illinois. 646 pp.
Flower, Ch.E, Gonzalez-Meler, M.A. 2015. Responses of temperate forest productivity to insect and pathogen disturbances. Annual Review Plant Biology. 66:547–69.
Bibliografía complementaria:
Bonello, PCampbell, F.T., Cipollini, D., Conrad, A.O., Farinas, C., Gandhi, K.J.K., Hain, F.P., Parry, D., Showalter, D.N., Villari, C., Wallin, K.F. 2020. Invasive tree pests devastate ecosystems-a proposed new response framework. Frontiers In Forests And Global Change, 3: UNSP 2.
Holmes, T.P., Aukema, J.E., Von Holle, B., Liebhold, A., Sills, E. 2009. Economic impacts of invasive species in forests past, present, and future. Annals of the New York Academy of Sciences, 1162: 18-38.
Roberts, M., Gilligan, C.A., Kleczkowski, A., Hanley, Nwhalley, A.E., Healey, J.R. 2020. The effect of forest management options on forest resilience to pathogens. Frontiers In Forests And Global Change, 3: UNSP 7.
Schulze. E.D. 2018. Effects of forest management on biodiversity in temperate deciduous forests: An overview based on Central European beech forests. Journal for Nature Conservation 43 (2018) 213–226.
Páginas web:
ICP Forest. Forest Condiction of Europe. http://www.icp-forests.org/
MAPA. Portal de Sanidad Vegetal.
https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/
MAPA. Guias de gestion integrada de plagas.
https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/productos-…
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas, propias de calquera titulación universitaria e competencias específicas, propias da enxeñería forestal. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
- CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo
- CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
- CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
- CG1- Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e dos recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamento no ámbito forestal.
- CG3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade. Desta competencia traballarase só os procesos de degradación causados por pragas e enfermidades e as técnicas de protección fronte as mesmas o resto traballarase noutras materias.
- CG7 - Capacidade para resolver os problemas técnicos derivados da xestión dos espazos naturais
- CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións
- CT1- Capacidade de análise e síntese
- CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
- CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
- CT4 – Capacidade para traballar e grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
- CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
- CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
- CT7 - Capacidade para realizar una exposición en público de forma clara, concisa e coherente
- CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece a os demais
- CT9 – Habilidade no manexo de TIC
- CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet
- CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira
- CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias específicas:
- CECF2- Zooloxía e Entomoloxía Forestal. Desta competencia traballarase só a parte de Entomoloxía Forestal o resto trabállase noutras materias.
- CETEEF6 - Enfermidades e Pragas Forestais.
A ensinanza desta materia realizarase mediante actividades presenciais e non presenciais.
Actividades presenciais:
Divídense en clases expositivas e clases interactivas e estas últimas en seminarios, prácticas de laboratorio e prácticas de campo. Todas as actividades son obligatorias.
As clases expositivas realizaranse en grupos grandes na aula, van acompañadas sempre dun rico material de apoio visual (fotográfico, vídeos en español e inglés, etc.) que facilite a comprensión do tema. Buscarase a participación activa dos alumnos fomentando a discusión sobre distintos aspectos. Traballaranse as seguintes competencias: CT2, CT7, CT10, CT11, CB2, CG1, CECF2, CETEEF6.
As clases interactivas son un apoio á clases expositiva. Nos seminarios crearanse grupos de discusión de literatura científica e analizaranse programas de control específico integrado levado a cabo en outros países/zonas xeográficas. Procederase á resolución de casos prácticos baseados en situación reais para as que os alumnos, individualmente ou en grupo, deberán aportar solucións de xestión. En campo os alumnos poderán ver exemplos de xestión sostible e xestión integrada, así como terán oportunidade de realizar un diagnóstico nunha masa forestal. Na aula de informática manexarán software específico sobre métodos de predición de danos e axuda na toma de decisións. Traballaranse as seguintes competencias: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CB2, CB3, CB4, CG1, CG3, CG7, CECF2, CETEEF6.
Actividades non-presenciais:
1. Os alumnos deberán realizar de modo individual un informe técnico dunha zona previamente determinada onde fará un diagnóstico inicial e as recomendacións de xestión. Este informe entregarase a finais do semestre. Competencias traballadas: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12, CB2,CB3, CB4, CG2, CG3, CG7, CG13, CECF2, CETEEF6.
A materia imparrtirase tamén a través da USC virtual. Os estudantes poden ver as cualificacións, resolver cuestionarios, baixar material de clase (ex. lecturas complementarias, ver videos en español e inglés, apuntamentos de clase, guións, etc.) e abrir enlaces con outras paxinas web. O portal proporciona tamén foros onde os estudantes poden deixar os seus comentarios e opinións e interactuar cos seus compañeiros de clase.
A avaliación da materia farase mediante unha proba escrita (50%) e avaliación continua (50%). A avaliación continua inclue: un 20% as prácticas e seminarios e un 30% un traballo individual. No superará a materia aquel/aquela alumno/a que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes.
1. Probas escritas (50%): O exame do temario teórico consta de tres partes: un apartado tipo test con 6-12 preguntas que se valora con 3 puntos; catro preguntas curtas (4 ptos) e un caso práctico a resolver polo alumno (3 ptos). Contemplase a posibilidade de realizar probas parciais e a nota mínima para facer medias entre eles é de un 5 sobre 10
Competencias: CB2, CB3, CB4, CG1, CG3, CG7, CECF2, CETEEF6.
2. Aproveitamento de prácticas e seminarios (20%): Ao final de cada práctica realizarase un exame de coñecementos adquiridos na mesma. Nos seminarios valorarase a participación activa dos alumnos nas discusións e os documentos de síntese que deben entregar en cada sesión. Na resolución de casos prácticos debe entregarse un informe individual ou grupal dependendo do caso, que se avaliará por parte do docente. A práctica de campo avaliariase mediante a entrega individual de un informe do visto e aprendido na memsa.
Competencias: CB2, CB3, CB4, CG1, CG3, CG7, CG13, CECF2, CETEEF6.
3. Traballos entregados (30%): Informe técnico sobre diagnóstico e recomendacións de xestión sanitaria de un monte, rodal ou parcela.
Competencias: CB2, CB3, CB4, CG1, GC3, CG7, CG13, CECF2, CETEEF6.
O resto das competencias tranversais trabállanse pero non se avalían.
Todas as actividades de avaliación son obrigatorias e deben superarse independentemente, están encamiñadas a reforzar a capacidade de recoñecer e valorar os axentes daniños que poden causar danos nos sistemas e recursos forestais así como resolver problemas derivados da xestión sanitaria das masas facilitando a toma de decisións.
No caso de detectarse a realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” (artigo 16 de la Resolución de 15/6/2011 de la USC, DOG de 21/7/2011).
O sistema de avaliación é o mesmo para alumnos de primeira e segunda oportunidade ou alumnos repetidores. Os alumnos que solicitan dispensa académica deberan realizar o examen final que representa o 80 % da nota e entregar un informe técnico sobre diagnóstico e recomendacións de xestión sanitaria dunha parcela, que representará o 20 % da nota.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumno repártese do modo seguinte:
Docencia expositiva: 18 horas
Docencia interactiva: 18 h
Titorías en grupos reducidos: 2 h
Exame: 3 h
Lectura e preparación de temas: 27 h
Elaboración de traballos de curso: 25 h
Preparación de probas de avaliación: 19,5 h
A asistencia a clase é básica e obrigatoria. O curso se estrutúrase para aprender activamente sobre o terreo ou mediante discusiones. O alumno debe completar esa información contrastando ca bibliografía e directamente no campo ó realizar o seu informe técnico de xestión. Recoméndase acudir a titorías cando existan dudas específicas.
Cristina Cabaleiro Sobrino
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823101
- Correo electrónico
- cristina.cabaleiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Josefa Lombardero Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823150
- Correo electrónico
- mariajosefa.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade