Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría da Construción
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Desenvolvemento da análise elemental das estruturas, estudando as tipoloxías máis usuais na enxeñaría civil, e comprensión de como as características das estruturas inflúen no seu comportamento.
Capacidade para a análise elemental das estruturas máis usuais na enxeñería.
Capacidade para comprender como as características das estruturas inflúen no seu comportamento.
Predimensionamiento de tipoloxías máis usuais en enxeñería civil.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Movementos en estruturas de barras.
Reaccións e esforzos en estruturas hiperestáticas.
Estruturas hiperestáticas: vigas, pórticos, emparrillados e arcos.
Evolución histórica das distintas tipoloxías.
Características e funcionamento de pórticos, emparrillados, láminas e placas.
Estudo de tipoloxías de estruturas en enxeñería civil: evolución histórica, características, comportamento estrutural e predimensionamiento.
Estes contidos desenvólvense seguindo o seguinte temario teórico:
BLOQUE 1. CÁLCULO DE XIROS E MOVEMENTOS.
(30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Movementos en estruturas de barras. Integración de ecuación diferencial de deformación. Fórmulas de Bresse. Cálculo de movementos e xiros en vigas isostáticas. Cálculo de reaccións en vigas hiperestáticas dun vano.
BLOQUE 2. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS.
(30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Tipoloxía: características e evolución histórica. Vigas hiperestáticas dun vano. Vigas hiperestáticas de varios vanos. Coaccións elásticas: muelles e resortes. Asentos diferenciais. Simetría e antimetría. Simplificacións sobre o plantexamento xeral.
BLOQUE 3. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS. PÓRTICOS.
(30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Tipoloxía: características e evolución histórica. Estruturas planas de nudos ríxidos. Hipóteses de deformación. Traslacionalidade e intraslacionalidade. Simetría e antimetría. Ecuacións de rixidez da barra recta a flexión. Resolución de pórticos. Pórticos con enlaces semiríxidos. Estruturas formando recintos cerrados.
BLOQUE 4. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS. ARCOS.
(30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Tipoloxía: características e evolución histórica. Líña e curva antifunicular. Arcos biarticulados circulares e parabólicos. Arcos atirantados. Arcos biempotrados. Articulacións interiores. Simetría e antimetría. Resolución de arcos. Pezas de directriz cerrada.
BLOQUE 5. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS. EMPARRILLADOS. LÁMINAS. PLACAS.
(30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Tipoloxía: características e evolución histórica. Características. Funcionamento estrutural. Principios de deseño.
Así mesmo, os contidos desenvólvense seguindo o seguinte temario práctico:
S1. CÁLCULO DE XIROS E MOVEMENTOS.
Cálculo de movementos aplicando as fórmulas de Bresse. Cálculo de movementos aplicando as fórmulas de Mohr. Obtención de reaccións en vigas hiperestáticas.
S2. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS. VIGAS.
Cálculo de reaccións, leis de esforzo e deformada en vigas de varios vans. Resolución de vigas con asentos diferenciais. Resolución de vigas continuas con apoios e resortes elásticos. Cálculo de vigas a partir de movementos coñecidos nun punto.
S3. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS. PÓRTICOS.
Cálculo do grao de traslacionalidad nun pórtico. Resolución dun pórtico plano intranslacional. Resolución dun pórtico plano translacional. Resolución dun pórtico plano con recinto pechado. Resolución dun pórtico con enlaces elásticos.
S4. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS. ARCOS.
Resolución dun arco plano translacional. Resolución dun arco con enlaces elásticos.
S5. ESTRUTURAS HIPERESTÁTICAS. ARMAZÓNS. LÁMINAS. PLACAS.
Interpretación de funcionamento estrutural en armazóns, láminas e placas. Estudo da deformada en armazóns, láminas e placas.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Mecánica de estruturas. Libro 1. Resistencia de Materiais. Cervera Ruiz, Blanco Díaz. Ediciones UPC Barcelona 2002
Mecánica de estruturas. Libro 2. Métodos de análise. Cervera Ruiz, Blanco Díaz. E. Ediciones UPC Barcelona 2002
Análise lineal de estruturas de barras. S. Hernández Ibáñez. E.T.S.I. Camiños, Canais e Portos. Universidade de A Coruña. 1996
Resistencia de materiais. Tomo 1. Timoshenko, Stephen P. Espasa Calpe S.A. 1980.
Teoría de las estruturas. Timoshenko, Stephen P. y Young, D.H. Urmo. 1983.
Razón e ser dos tipos estruturais. 7ª Ed. Torroja, E. Instituto Eduardo Torroja para a Construción e o Cemento. 1991.
Examples in Structural Analysis. William M.C. McKenzie. CRC Press (2013)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Guía de aplicación da Instrución de Formigón Estrutural. Edificación. Comisión Permanente do Formigón. 2002.
Formigón armado. P.Jiménez Montoya, A.García Meseguer, F.Morán Cabré. Ed. Gustavo Gili. 2009.
Proxecto e cálculo de estruturas de formigón (Tomos I y II). J. Calavera. Intemac. 2008.
Prontuario informático do formigón estrutural 3.1. H.Corres, J.L. Martínez, A.Pérez, J.C.López Agüi. IECA. 2013.
Prontuario informático do formigón adaptado ó Código estrutural. IECA e Universidade Politécnica de Cataluña (2021).
Colección de Recomendacións e Manuais Técnicos. ACHE. Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. 2005.
Obras de paso de nova construción. Ministerio de Fomento. 2000.
Concrete Structures: Stresses and Deformations: Analysis and Design for Sustainability. Amin Ghali, Renaud Favre and Mamdouh Elbadry.
NORMATIVA.
CÓDIGO ESTRUTURAL. Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. 2021.
EHE-08: Instrución para o proxecto e a execución do formigón estrutural. Ministerio de Fomento. 2008.
IAP'11: Instrución sobre las acciones a considerar no proxecto de pontes de estrada. Ministerio de Fomento. 2011.
IAPF'07: Instrución sobre las acciones a considerar no proxecto de pontes de ferrocarril. Ministerio de Fomento. 2007.
APUNTES
Apuntes de clase proporcionados a través da plataforma virtual da materia.
COMPETENCIAS BÁSICAS.
A materia permite a adquisición das competencias básicas fixadas na orden ministerial:
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS.
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación..
CG10. Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS NO GRADO DE ENXEÑERIA CIVIL
CECC4. Capacidade para analizar e comprender cómo as características das estruturas inflúen no seu comportamento Capacidade para aplicar os coñecementos sobre o funcionamento resistente das estruturas para dimensionalas seguindo as normativas existentes e utilizando métodos de cálculo analíticos e numéricos.
CECC6. Coñecemento dos fundamentos do comportamento das estruturas de formigón armado e estruturas metálicas e capacidade para concebir, proxectar, construír e manter este tipo de estruturas.
Observacións sobre as competencias específicas: as competencias CECC4 e CECC6 adquírense tamén na materia Estruturas I.
COMPETENCIAS DE MATERIA OPTATIVA GRAO PROCESOS QUÍMICOS E INDUSTRIAIS
CEOP1: Capacidade para aplicar os coñecementos sobre o funcionamento resistente das estruturas para dimensionalas seguindo as Normativas existentes e utilizando métodos de cálculo analíticos e numéricos.
CEOP2: Coñecemento dos fundamentos do comportamento das estruturas de formigón armado e estruturas metálicas e capacidade para concibir, proxectar, construír e manter este tipo de estruturas.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES.
A materia permite a adquisición das competencias transversais indicadas na memoria de grado.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A ENSINANZA PRESENCIAL DESENVÓLVESE MEDIANTE:
Clases expositivas: o profesor desenvolve na aula os contidos da materia establecidos na presente Programación Docente, apoiado nos apuntamentos facilitados na plataforma virtual.
Seminarios en grupos reducidos: consisten en sesións prácticas en grupos reducidos de 20 alumnos, destinadas a resolver exemplos e exercicios. Os seminarios complementan os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e mediante o traballo persoal do alumno.
Prácticas de laboratorios: consisten en sesións prácticas en grupos reducidos de 20 alumnos, onde os alumnos realizarán, co apoio do profesor, un caso práctico que servirá de base para o traballo de curso a presentar polos alumnos final de curso.
Titorías: individuais e en grupos de 10 alumnos como máximo, onde se poñerán en común e resolverán as dúbidas e todos aqueles aspectos relacionados coa materia.
Realización dun traballo de curso: os alumnos realizarán, en grupos de cinco alumnos como máximo, un traballo de curso consistente na realización dunha memoria de cálculo de estruturas sobre o proxecto básico de trazado dunha estrada. O profesor detallará o contido e alcance do traballo a inicio do curso, para que os alumnos o poidan ir desenvolvendo apoiándose no visto nas prácticas de laboratorio e titorías.
METODOLOXÍAS DOCENTES // COMPETENCIAS TRABALLADAS
Clases expositivas // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 e CT12
Seminarios interactivos // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 e CT12
Prácticas de laboratorios // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 e CT12
Titorías // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 e CT12
Traballo de curso // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
A avaliación da asistencia realizarase mediante as seguintes actividades:
Asistencia á materia.
Realización de probas de avaliación continua ao longo do curso, durante as clases expositivas, seminarios de grupos reducidos e prácticas de laboratorio. Inclúen actividades, problemas e resolución de exercicios prácticos, de aplicación dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Realización do traballo de curso consistente nunha memoria de cálculo de estruturas sobre o proxecto de trazado dunha estrada.
Exame final, consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Asistencia á materia E participación dos alumnos nas clases presenciais:
Básicas: CB1 a CB5
Xenerais: CG1 y CG10
Específicas: CECC4 y CECC6
Transversais: CT1, CT2, CT7, y CT8
Realización de pruebas de evaluación continua a lo largo del curso, durante las clases expositivas, seminarios de grupos reducidos y prácticas de laboratorio. Incluyen actividades, problemas y resolución de ejercicios prácticos, de aplicación de los contenidos teóricos y prácticos de la materia.
Básicas: CB1 a CB5
Xerais: CG1 y CG10
Específicas: CECC4 y CECC6
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 y CT12
Realización do traballo de curso.
Básicas: CB1 a CB5
Xerais: CG1 y CG10
Específicas: CECC4 y CECC6
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 y CT12
Exame final, consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia.
Básicas: CB1 a CB5
Xerais: CG1 y CG10
Específicas: CECC4 y CECC6
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6 y CT12
AVALIACIÓN CONTINUA
Asistencia obrigatoria durante o curso ás clases expositivas, seminarios e laboratorios, cun máximo de tres faltas de asistencia (a conservar en cursos posteriores no caso de repetidores).
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT7, e CT8
Realización de probas de avaliación continua (EC) consistentes na resolución de cinco exercicios prácticos formulados na aula. Os alumnos deberán resolver correctamente as actividades propostas aplicando os contidos teóricos e prácticos da materia. Ata 10 puntos.
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 e CT12
Realización de traballo de curso (TC). Ata 10 puntos.
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
Exame final (EF) consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial da EPS). Ata 10 puntos.
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1 e CG10, Específicas: CECC4 e CECC6 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6 e CT12.
Os requisitos para aprobar a materia en avaliación continua son:
- Cumprir a totalidade da asistencia ás clases expositivas, seminarios e laboratorios.
- Entrega do traballo de curso correctamente realizado.
- Cualificación no Exame final maior ou igual a 3.50 puntos.
- Cualificación media (0.15·EC+0.15.TC+0.70.EF) non menor de 5 puntos.
A cualificación final na avaliación contínua obterase como a media (0.15·EC+0.15·TC+0.70·EF).
CONVOCATORIA XULLO
Polo menos o 50% da asistencia ás clases expositivas, seminarios e laboratorios (non se conservará en cursos posteriores no caso de repetidores).
Traballos de recuperación no caso de non ter o 100% da asistencia.
Exame final consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial da EPS). Ata 10 puntos.
Os requisitos para aprobar a materia en convocatoria de xullo son:
- Polo menos 50% de asistencia ás clases expositivas, seminarios e laboratorios.
- Entrega de Traballos de recuperación correctamente resoltos.
- Entrega do traballo de curso correctamente realizado.
- Cualificación no Exame final non menor de 5 puntos.
A cualificación final en convocatoria de xullo obterase como a media (0.15·EC+0.15·TC+0.70·EF).
CONVOCATORIA EN CASO DE REPETIDORES
Os alumnos sen a totalidade de asistencia anterior realizada en curso, seguirán o mesmo sistema de avaliación que se se tratase de non repetidores.
No caso de repetidores coa totalidade da asistencia realizada e traballo de curso correctamente realizado unha convocatoria anterior, poderán seguir o mesmo sistema de avaliación continua que os alumnos non repetidores (sen ser obrigatoria a asistencia), ou presentarse directamente ao exame final ordinario e/ou de xullo; nese caso deberán obter polo menos 5 puntos para aprobar a materia.
A cualificación final en convocatoria contínua ou de xullo obterase como a media (0.15·EC+0.15·TC+0.70·EF).
---
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas, tanto de laboratorio como de campo, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
---
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases teóricas................................24
Seminarios Interactivos....................12
Traballos prácticos en grupo...............6
Casos prácticos.................................6
Titorías en grupo..............................3
Actividades de avaliación...................4
TOTAL............................................55
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Lectura e preparación de temas..........36
Realización de exercicios....................12
Elaboración de traballos.....................24
Preparación de probas avaliación.....23
TOTAL...........................................95
- Asistencia e participación activa ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.
- Realizar o traballo de curso de con orde, rigor técnico e esforzo.
- Consultar a bibliografía especializada.
Iago Isasi Freire
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría da Construción
- Correo electrónico
- iagoisasi.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
Xoves | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |