Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Utiliza-la nomenclatura e a terminoloxía básicas de química orgánica e química nuclear.
-Coñece-los principais compostos orgánicos, así como a sua estructura e as reaccións mais importantes a que dan lugar.
- Manexar con seguridade os materiais químicos mais habituais nun laboratorio de química orgánica.
PROGRAMA TEÓRICO DA MATERIA.
Tema 1.- ESTRUTURA DOS COMPOSTOS ORGÁNICOS.
. Introducción ós compostos orgánicos e as súas estruturas.
. Alcanos.
. Cicloalcanos.
. Estereoisomería nos compostos orgánicos.
. Alquenos e alquinos.
. Hidrocarburos aromáticos.
. Grupos funcionais nos compostos orgánicos.
. Da fórmula molecular á estructura molecular.
Tema 2.- REACCIÓNS DOS COMPOSTOS ORGÁNICOS.
. Introducción ás reaccións orgánicas.
. Reacción SN2.
. Introducción ás reaccións de eliminación.
. Reaccións dos alcois.
. Introducción ás reaccións de adición: reaccións dos alquenos.
. Sustitución electrófila aromática.
. Reaccións dos alcanos.
. Polímeros e reaccións de polimerización.
. Síntese de compostos orgánicos.
Tema 3.- QUÍMICA NUCLEAR
. A radioactividade.
. Estado natural dos isótopos radioactivos.
. Reaccións nucleares e radioactividade inducida artificialmente.
. Elementos transuránicos.
. Velocidade de desintegración radioactiva.
. Enerxías implicadas nas reaccións nucleares.
. Estabilidade nuclear.
. Fisión nuclear.
. Fusión nuclear.
. Efecto da radiación sobre a materia.
. Aplicacións dos radioisótopos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS.
Práctica 1. Extracción Líquido-Líquido. Cristalización.
Práctica 2. Técnicas Cromatográficas: Cromatografía en Columna e Cromatografía en Capa Fina.
Práctica 3. Preparación de Polímeros de Adición e Condensación: Poliestireno e Poliamida (Nylon 6,6).
Práctica 4. Esterificación polo método de Fischer: Preparación do Acetato de Etilo.
Práctica 5. Hidrólise de Ésteres: Obtención do Xabón.
Práctica 6. Uso das ferramentas CHEMDRAW e CHEM 3D e a base de datos SCIFINDER
BIBLIOGRÁFÍA BÁSICA (Manual de referencia).
- "Química General", 11ª edición. R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette; Pearson Educación, S.A. Madrid, 2017.
BIBLIOGRAFÍA DE PRÁCTICAS.
• Manual de prácticas de laboratorio, dispoñible na aula virtual. Pódese atopar bibliografía adicional en:
• Material didáctico da Universidade de Barcelona: “Operaciones básicas en el laboratorio de Química”: http://www.ub.edu/oblq
• Isac García, J.; "Tratado de Química Orgánica Experimental"; Ed. Garceta, Madrid, 2013.
• Martínez Grau, M. A.; "Técnicas Experimentales en Síntesis Orgánica"; Ed. Síntesis, Madrid, 2012.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados mais importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenrolo.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razonados en problemas científicos, tecnológicos e outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análisis e de abstracción na definición e planteamiento de problemas e na busca de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de deito oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de xeito autónomo, con organización de tempo e recursos novas coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica e tecnológica.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de organización e planificación.
CT9 - Habilidades nas relacións interpersonais.
CT10 - Razoamento crítico.
CT12 - Aprendizaxe autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Aspectos principais de terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
CE4 - Tipos principais de reacción química e as súas principais caraterísticas asociadas.
CE5 - Principios de termodinámica e as súas aplicacións en Química.
CE17 - Manipular con seguridade materiais químicos.
CE21 - Valoración de riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
I) ACTIVIDADES DOCENTES PRESENCIAIS: consistirán en clases expositivas, clases interactivas en grupo reducido (seminarios e clases de problemas), clases interactivas de prácticas no laboratorio e clases interactivas en grupo moi reducido (titorías). A ASISTENCIA A ESTAS CLASES É OBRIGATORIA, CON CARÁCTER XERAL, E A NON ASISTENCIA TERÁ CONSECUENCIAS NEGATIVAS NA CUALIFICACIÓN DA AVALIACIÓN CONTINUA.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia da asignatura proposto na Guía docente da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios...
O alumnado terá que resolver fichas de problemas que descargarán da Aula Virtual. Os boletíns resoltos terán que subirse á Aula Virtual no prazo previsto. Estes boletíns espaciaranse ao longo do curso cunha cadencia aproximadamente semanal. Nos seminarios resolveranse os problemas expostos nos boletíns, ademais das dúbidas que o alumnado poida achegar das clases expositivas. Poderán realizarse exercicios de avaliación, cuxa nota se terá en conta na avaliación continua.
C) Clases prácticas de laboratorio: Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun Manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contenido deste Manual. Ó comenzó de cada sesión de prácticas, os alumnos responderán durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas que o profesor cualificará e terá en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, o en parellas, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo nun diario de laboratorio o desenrolo da mesa e os cálculos e resultados que procedan.
As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a asignatura. As ausencias non xusificadas suporán un NON APTO nas prácticas de laboratorio.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido: Os alumnos asisten a duas titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dudas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, etc. Nestas clases poderán realizarse tamén exercicios de avaliación puntuables para a avaliación continua.
II) ACTIVIDADES DOCENTES NON PRESENCIAIS: traballo persoal do alumno adicado á preparación da materia.
III) AULA VIRTUAL: a través da cal se facilitará todo o material relativo á materia: Guía docente, Manual de laboratorio, presentacións de clase, boletíns de exercicios, avisos, cualificacións, etc.
1. A avaliación da materia consistirá en dúas partes:
1.1. Avaliación continua, cun peso porcentual do 30%, que constará a súa vez de:
. Traballo nos seminarios (10 %)
. Traballo nas titorías (5 %)
. Prácticas de laboratorio (15 %)
1.2. Exame final (70 %)
2. Notas de seminarios e titorías
Notas do seminario
Valorarase a asistencia aos seminarios e a participación de cada alumno cando saia ao encerado. Así mesmo, calcularase a nota media dos boletíns que foron subidos á aula virtual, dándolle unha nota de cero aos boletíns non entregados sen xustificación. Deste xeito, cada alumno ou alumna poderá ter dúas cualificacións que corresponderán aos boletíns e á participación nos seminarios. A nota do seminario calcularase como a media das dúas notas anteriores.
Notas do tutorial
As titorías clasificaranse por asistencia e participación dos estudantes. Cada alumno recibirá unha nota pola súa participación en cada titoría. A falta de asistencia a un tutorial cualificarase como participación cunha nota cero. Calcularase a media da nota de ambas as titorías.
3. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os items a avaliar serán os seguintes:
. Proba previa e proba final.
. Actitude no laboratorio, organización e pulcritude, e execución da práctica
. Elaboración do diario de laboratorio
Os estudantes deberán obter un APTO nas prácticas de laboratorio para superar a materia. A non realización dalgunha das prácticas programadas resultará un NON APTO nas prácticas de laboratorio.
4. O exame final constará dun conxunto de cuestións teórico-prácticas que verifiquen a competencia do alumno.
5. A cualificación final do alumno, que non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final= máximo (0,3 x N1 + 0,7 x N2, N2)
N1= nota numérica da avaliación continua (escala 0-10).
N2= nota numérica do exame final (escala 0-10).
6. Ós estudantes repetidores que teñan APTO nas prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, no terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero deberán responder ás cuestións sobre as prácticas que poiderán aparecer no exame final. Ademais, este alumnos deberán asistir ás restantes clases interactivas (Seminarios e Titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
7. O resto dos alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e o mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez.
8. Ó longo do curso avaliasse as seguintes competencias:
clases de seminario: CG4, CE1, CE4, CE5.
prácticas de laboratorio: CG2, CG3, CG5, CT2, CT9, CT10, CT12, CE17, CE21.
clases de tutorías: CG1, CG2, CT10, CE1, CE4.
exame final: CG1, CG2, CG3, CT1, CT10, CE1, CE4, CE5.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL: 19 (CE) + 09 (CIS) + 02 (CIT) + 21 (CIL)
Total de horas de traballo presente na aula ou no laboratorio: 51 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 47 h
Resolución de exercicios ou outros traballos: 32 h
Resolución de exercicios de recapitulación propostos: 9 h
Preparación do traballo de laboratorio: 11 h
Total de horas de traballo persoal do alumno: 99 horas
HORAS TOTAIS DE TRABALLO: 51 horas + 99 horas = 150 horas.
• Asistir ás clases expositivas
• Manter o estudo da materia “ó día”
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no Manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os conceptos e reaccións químicas que se deben lembrar.
• A resolución dos exercicios é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Para os exercicios de estereoquímica, aconséllase utilizar modelos moleculares. Para os exercicios de reactividade, resulta de utilidade seguir os seguintes pasos: 1) identificar os grupos funcionais; 2) identificar as transformacións que poden experimentar ditos grupos e as condicións de reacción; 3) ter en conta a estereoquímica das sustancias de partida.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, deben repasarse os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, debe lerse con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenrolo do experimento proposto.
• Calquera dúbida deberá ser consultada co profesor.
Luis Alberto Garcia Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814215
- Correo electrónico
- alberto.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gabriel Tojo Suarez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814244
- Correo electrónico
- gabriel.tojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Rumbo Gómez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- antonio.rumbo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rebeca Garcia Fandiño
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- rebeca.garcia.fandino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Yeray Folgar Camean
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- yeray.folgar.camean [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Amaia Agulleiro Beraza
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- amaia.agulleiro.beraza [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Manuel Nappi
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- manuel.nappi [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
José Manuel Malga Díaz
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- josemanuel.malga.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
02.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
02.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |