Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao final da materia Química Xeral I espérase que o alumnado sexa capaz de:
- coñecer e utilizar a nomenclatura química e a terminoloxía química básica.
- saber cómo varían as propiedades dos elementos na Táboa Periódica.
- coñecer e comprender as principais teorías sobre a estrutura atómica e o enlace químico.
- utilizar con seguridade reactivos químicos.
TEMA 1. SUSTANCIAS QUÍMICAS
Clasificación da materia. Elementos e Compostos Químicos. Tipos de sustancias químicas. Concepto de mol. Composición centesimal. Determinación de fórmulas. Estados de oxidación. Nomenclatura e fórmulas das sustancias inorgánicas.
TEMA 2. OS ELECTRÓNS NOS ÁTOMOS
Evolución dos modelos atómicos. Radiación electromagnética e espectros atómicos. Introducción á Mecánica Cuántica e modelos cuantizados: modelo de Bohr para o átomo de hidróxeno. Átomos multielectrónicos e configuracións electrónicas. Configuracións electrónicas e Táboa Periódica
TEMA 3. A TÁBOA PERIÓDICA E ALGUNHAS PROPIEDADES ATÖMICAS
Consideracións históricas. O tamaño de átomos e ións. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica.
TEMA 4. ENLACE QUÍMICO: CONCEPTOS BÁSICOS
Introdución ao enlace covalente. Estruturas de Lewis. Electronegatividade. Polaridade. A forma das moléculas. Teoría de repulsión dos pares electrónicos da capa de valencia (TRPECV). Propiedades do enlace covalente.
TEMA 5. INTRODUCCIÓN AO MODELO DE ENLACE DE VALENCIA
Hibridación de los orbitales atómicos. Enlaces múltiples. Electrónes deslocalizados.
TEMA 6. MODELO ORBITAL MOLECULAR
Conceptos básicos sobre orbitais moleculares. Moléculas homodiatómicas. Nocións sobre moléculas máis complexas. Introdución ao enlace en metales.
TEMA 7. ENLACE IÓNICO.
Aspectos estruturais. Aspectos termodinámicos. Enerxía de rede. Ciclo de Born-Haber. Carácter iónico-covalente do enlace.
TEMA 8. FORZAS INTERMOLECULARES.
Forzas intermoleculares e estados de agregación. Interaccións ión-dipolo, dipolo-dipolo. Interaccións de Van der Waals. Enlace de hidróxeno.
Práctica 1.- SEGURIDADE, MATERIAL E ALGUNHAS TÉCNICAS BÁSICAS DO LABORATORIO QUÍMICO.
Práctica 2.- PRECIPITACIÓN. FILTRACIÓN.
Práctica 3.- CÁLCULO DUNHA FÓRMULA. CRISTALIZACIÓN.
Práctica 4.- MESTURAS: COMPOSICIÓN E SEPARACIÓN
Bibliografía básica
-------------------
PETRUCCI, R. H., HERRING, F. G., MADURA, J. D. e BISSONNETTE, C.:
"Química General: Principios y aplicaciones modernas", 11ª ed.; Pearson, 2017.
Bibliografía complementaria.
-----------------------------
ATKINS, P. Y JONES, L.: "Principios de Química", 5ª ed.; Ed. Médica Panamericana, 2012.
CHANG, R; GOLDSBY, K: "Química, 12ª ed."; McGraw-Hill, 2017.
GALLEGO PICÓ, A.: "Química básica"[84-362-6616-1], UNED, 2013. (Dispoñible pdf na BUSC)
Competencias básicas e xerais:
-----------------------------------
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudio
CG1 - Que los graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, coa perspectiva histórica do seu desenrolo.
CG3 - Que podan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias transversais:
-----------------------------
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas
CT10 - Adquirir razoamento crítico.
CT12 - Adquirir unha aprendizaxe autónoma
Competencias específicas:
-----------------------------
CE1 - Dominar os aspectos principais de terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
CE2 - Interpretar a variación das propiedades características dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
CE3 - Coñecer as características dos diferentes estados da materia e las teorías empregadas para describilos.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE17 - Ser capaz de manipular con seguridade materiais químicos.
CE21 - Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A asistencia a clases é obligatoria con carácter xeral, e a ausencia a clases interactivas en grupo reducido e tutorías en grupo moi reducido terá consecuencias negativas na cualificación da avaliación continua. Esta materia dispón dunha Aula Virtual na que o alumno poderá atopar a guía docente e outros materiais complementarios, útiles para o estudio da materia.
A) CLASES EXPOSITIVAS EN GRUPO GRANDE: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia …). Estas clases seguirán xenericamente os contidos do manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
B) CLASES INTERACTIVAS EN GRUPO REDUCIDO (SEMINARIOS): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios … O alumno debe participar activamente coa resolución de exercicios na aula, etc. Poderán incluírse pequenas probas individuais, que se considerarán para a avaliación. A ausencia terá consecuencias negativas na cualificación da avaliación continua.
C) CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Nelas o alumno debe adquirir as habilidades propias dun laboratorio de Química, con especial fincapé na seguridade, ao tempo que consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que se incluirá na Aula Virtual.
O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. En cada sesión de prácticas, los alumnos poderían ter que respostar a cuestións previas, que o profesor terá en conta para a nota de prácticas. Tras las explicaciones pertinentes por parte do profesor, o alumno realizará os experimentos e cálculos necesarios para la consecución dos obxectivos da práctica, recollendo nun diario de laboratorio o desenrolo da práctica, os cálculos e resultados que procedan.
É obrigatoria a asistencia a todas estas clases prácticas. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. Se unha práctica non se puidese realizar no grupo asignado, por un motivo xustificado, intentarase recuperar, de acordo co profesor, e dentro do calendario previsto para as mesmas.
As ausencias inxustificadas suporán a cualificación de NON APTO nas prácticas de laboratorio.
D) TUTORÍAS EN GRUPO MOI REDUCIDO: ademáis da aclaración de dúbidas sobre contidos teóricos e prácticos, proporanse outras actividades, como a resolución de problemas, ou la realización de probas individuais. A ausencia terá consecuencias negativas na cualificación da avaliación continua.
Para superar a materia hai que ter la cualificación de APTO nas prácticas de laboratorio. A ausencia inxustificada a algunha destas clases prácticas, ou a actividades relacionadas coas mesmas, implicará a cualificación de NON APTO.
A avaliación apoiarase principalmente na realización dunha proba final escrita, e común para todos os alumnos, pero constará de dúas aportacións:
• AVALIACIÓN CONTINUA, cun peso porcentual do 40%, que constará á súa vez de: Traballo en seminarios (20%); Traballo en clases expositivas e titorías (5%) e Prácticas de laboratorio (15%). A avaliación das clases de seminario e titorías basearase nos resultados das probas realizadas ao longo do semestre. A ausencia inxustificada a cada una de estas probas cualificarase con 0.
Para a avaliación das prácticas de laboratorio, valoraranse: test/cuestións previas; actitude, organización e pulcritude no laboratorio; execución da práctica e elaboración do diario de laboratorio. A cualificación numérica basearase nunha proba final de aptitude.
• EXAME FINAL (60%), que consistirá en cuestións e exercicios que verifiquen as diferentes competencias do alumno.
A nota final obterase como resultado de aplicar a fórmula:
Nota final= máximo (N1 x 0.4 + N2 x 0.6, N2); sendo N1=nota numérica da avaliación continua e N2= nota numérica do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
COMPETENCIAS AVALIADAS
Clases de seminario: CG3, CG5, CG1, CB1, CT10, CT12, CT1, CT4, CE2, CE3, CE1, CE13, CE14
Prácticas de laboratorio: CG3, CG5, CG1, CB1, CT10, CT12, , CT1, CT4, CE3, CE1, CE13, CE14, CE17, CE21
Clases de tutorías: CG3, CG5, CG1, CB1, CT10, CT12, , CT1, CT4, CE2, CE3, CE1, CE13, CE14
Exame final: : CG3, CG5, CG1, CB1, CT10, CT12, CT1, CT4, CE2, CE3, CE1, CE13, CE14, CE17, CE21
Aos estudantes repetidores que tiveran aprobado as prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida nas mesmas durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero deberán asistir ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías), en igualdade de condicións quelos restantes alumnos.
Os alumnos repetidores aínda tendo realizado as prácticas de laboratorio, non obtiveran a cualificación de APTO neste apartado, deberán realizar novamente as prácticas de laboratorio, e terán o mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez
Traballo presencial na aula
-------------------------------
Clases de pizarra para grupo grande 23
Clases interactivas en grupo reducido 11
Clases prácticas de laboratorio 16
Titorías en grupos moi reducidos 2
TOTAL horas traballo presencial na aula 52 horas
Traballo persoal do alumno
-------------------------------
Estudio autónomo, individual ou en grupo 42 h
Resolución de exercicios, ou outros traballos 32 h
Redacción de exercicios e outros trabajos /Actividades en biblioteca ou similar 12 h
Preparación do traballo de laboratorio, elaboración do diario e/ou memoria 12 h
Total horas traballo persoal do alumno 98 h
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudio da materia “ao día”.
• Unha vez finalizado cada tema é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando as definicións e ecuacións básicas que se deben recordar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado, como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. Calquera dúbida que puidiera xurdir deberá ser consultada co profesor, especialmente en materia de seguridade.
O texto que aparece na bibliografia básica, utilizarase nas materias Química xeral I, II, III e IV
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios, ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de evaluación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións
Jesus Sanmartin Matalobos
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814396
- Correo electrónico
- jesus.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Garcia Deibe
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814237
- Correo electrónico
- ana.garcia.deibe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Beatriz Pelaz Garcia
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- beatriz.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Esperanza Padin Gonzalez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- esperanza.padin [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Xeral (2º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Bioloxía (3º andar) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Xeral (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Bioloxía (3º andar) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Xeral (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Bioloxía (3º andar) |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |