Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os métodos de estudo do mecanismo dunha reacción, os mecanismos das reaccións orgánicas máis comúns e os principais intermedios de reacción
Coñecer as técnicas utilizadas para o estudo dos mecanismos das reaccións orgánicas.
Métodos de estudo dos mecanismo das reaccións orgánicas. Factores estéricos e electrónicos e reactividad. Intermedios de reacción. Mecanismos das reaccións orgánicas máis comúns.
Manual de referencia
Anslyn, E. V. ; Dougherty, D. A., “Modern Physical Organic Chemistry”, University Science Books, 2006
Bibliografía complementaria
CARROLL, A.F.; Perspectives on Structure and Mechanism in Organic Chemistry. Brooks-Cole Publishing
Co. 1998
LOWRY T.H., RICHARDSON K.S.; Mechanism and Theory in Organic Chemistry, 3a edición. Harper and
Row, New York, 1986.
lSAACS N.; Physical Organic Chemistry. Longman, 1987
lSAACS N.; Reactive Intermediates in Organic Chemistry.J.Wiley, 1974.
SMITH M., MARCH J.; March´s Advanced Organic Chemistry. 5a. ed. J. Wiley, New York, 2001.
JONES R.A.Y.; Physical and Mechanistic Organic Chemistry, 2ª edición. Cambridge University Press,
1984
CAREY F.A., SUNDBERG R.J.; Advanced Organic Chemistry. 4ª edición (Parte A), Kluver Academic-
Plenum Publishers, New York, 2000.
SYKES P.:A Guidebook to Mechanism in Organic Chemistry, 6a. edición. London Scientífic and Technical,
1986.
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de a súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT9 - Desarrollar habilidades nas relacións interpersoais.
CT10 - Adquirir razoamento crítico.
CT11 - Lograr compromiso ético.
CT8 - Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT6 -Realizar traballo en equipo.
CT7 - Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
ESPECÍFICAS
CE4 - Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE16 - Ser capaz de evaluar e interpretar datos
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na bibliografía da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Titorías de pizarra en grupo moi reducido: Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
A cualificación do alumno farase mediante avaliación contínua e a realización dun exame final. A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa da avaliación contínua. A asistencia ás clases en grupo reducido (seminarios) e ás titorías será obrigatoria con carácter xeral
A avaliación contínua comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumno mediante controis escritos, a participación do estudante na aula e as titorías.
O exame final ten por obxecto verificar que o alumno adquiriu as competencias e habilidades establecidos para a materia.
Ponderación da avaliación: exame final 70%, avaliación contínua 30%
No examen e os traballos realizados o longo do curso se evalúan as seguintes competencias:
Clases interactivas: CB2, CB3, CB4, CB5, CT9, CT10, CT11, CT8, CT6, CT7, CE13, CE15, CE16
Examen: CB2, CB3, CB4, CB5, CT10, CT11, CT8, CE4, CE13, CE15, CE16
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. “
Total horas de traballo presencial na aula: 36 horas
Total horas de traballo persoal do alumno: 76,5 horas
Consulta previa dos materiais dispoñibles na Aula Virtual da materia
Asistencia e participación nas clases de lousa
Realización dos exercicios propostos e presentación das solucións nas clases de seminario
Participación nas clases de titoría
Martin Fañanas Mastral
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815787
- Correo electrónico
- martin.fananas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
02.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
04.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |