Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao final da materia de Bioloxía espérase que o alumnado sexa capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos, recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para desenvolvelos, e relacionar a Bioloxía con outras disciplinas.
Bases moleculares da vida; características e organización da materia viva. Compoñentes químicos das células. Organización funcional das células procariotas e eucariotas. Introdución á bioenerxética e ao metabolismo. Almacenamento e transmisión da información xenética. Ciclo celular e división celular. Conceptos básicos de xenética.
Contidos teóricos e interactivos (26 clases expositivas e 8 seminarios)
Tema 1- Introdución á bioloxía celular (1 clase).
Sentido do tema: Este primeiro tema reúne nocións básicas para entender unha materia como a Bioloxía e a súa importancia para un estudante de Química.
Epígrafes: Relación entre a Química e a Bioloxía a nivel científico, técnico e profesional. Unidade e diversidade das células. Estrutura e organización de virus, células procariotas e células eucariontes. Organismos modelo. As células baixo o microscopio.
Actividades a desenvolver: Nun seminario (Seminario 1) posterior ás clases de teoría, plantéxanse cuestionarios relacionados, resólvense dudas e amósanse imaxes representativas de distintos tipos de microscopía e de distintos organismos modelo.
Tema 2- Compoñentes químicos das células (5 clases).
Sentido do tema: Este tema é fundamental para a comprensión da materia, xa que aborda o estudo das distintas biomoléculas dende un punto de vista químico, e a súa función nas células.
Epígrafes: Enlaces químicos. As moléculas das células. Glúcidos, nucleótidos e ácidos nucleicos. Aminoácidos e proteínas: estrutura e función de proteínas. Lípidos e membranas biolóxicas.
Actividades a desenvolver: Exercicios sobre biomoléculas. No seminario correspondente a este tema (Seminario 2), os alumnos responderán de xeito individual a cuestións sobre este tema.
Tema 3- Organización de células eucariontes (1 clase).
Sentido do tema: Neste tema preséntase a organización interna das células eucariontes.
Epígrafes: A célula eucarionte: células animais e vexetais. Citosol e orgánulos. Sistema de endomembranas. Organización en tecidos.
Actividades a desenvolver. Resolver os exercicios indicados polo profesor. As posibles dúbidas resolveranse nun seminario posterior (Seminario 3).
Tema 4- Transporte a través de membrana e transporte vesicular (1 clase).
Sentido do tema: As membranas celulares son estruturas que actúan como protección e illamento, pero á vez teñen que permitir o intercambio de información e sustancias co exterior e entre os distintos orgánulos.
Epígrafes: Principios do transporte de membrana. As proteínas transportadoras e as súas funcións. Canles iónicas e potencial de membrana. Transporte vesicular.
Actividades a desenvolver: Resolver os exercicios indicados polo profesor. As posibles dúbidas resolveranse nun seminario posterior (Seminario 3).
Tema 5- Citoesqueleto (1 clase).
Sentido do tema: É o último tema dedicado á estrutura e funcións celulares, e nel explícase a rede de filamentos intracelulares necesarios para que as células eucariotas adopten a súa forma característica, organicen os seus orgánulos e realicen movementos.
Epígrafes: Filamentos intermedios. Microtúbulos. Filamentos de actina.
Actividades a desenvolver. Resolver os exercicios indicados polo profesor. As posibles dúbidas resolveranse nun seminario posterior (Seminario 3).
Tema 6- Introdución a bioenerxética e ao metabolismo (3 clases).
Sentido do tema: Calquera proceso que se realiza nunha célula consume ou produce enerxía: neste tema preséntanse, de forma resumida, os principais procesos de obtención de enerxía das células
Epígrafes: Bioenerxética. Como obteñen enerxía as células a partir do alimento: Descomposición de azucres e graxas. Almacenamento e utilización do alimento. As mitocondrias e a fosforilación oxidativa. Cadeas de transporte de electróns e bombeo de protóns. Cloroplastos e fotosíntese.
Actividades a desenvolver: No seminario correspondente a este tema (Seminario 4), os alumnos prepararán e resolverán exercicios na aula.
Tema 7- DNA e xenomas (2 clases).
Sentido do tema: Con este tema comeza un bloque centrado no estudo dos xenes, os xenomas e o fluxo da información xenética; neste tema explícase a estrutura e organización do material xenético.
Epígrafes: Estrutura e función do DNA. Almacenamento da información xenética nos diferentes organismos. O núcleo celular: envoltura nuclear, nucleoplasma e material xenético. Estrutura e empaquetamento dos cromosomas eucariotas.
Actividades a desenvolver. Resolver os exercicios indicados polo profesor. As posibles dúbidas resolveranse nun seminario posterior (Seminario 5).
Tema 8- Replicación e reparación do DNA (3 clases).
Sentido do tema: Para o mantemento da vida, é imprescindible unha correcta transmisión da información xenética de xeración en xeración e a reparación dos danos que sofre o DNA.
Epígrafes: Replicación do DNA: proteínas implicadas e mecanismo xeral. Telomerasa. Mutación e reparación do DNA. Elementos xenéticos móbiles e virus.
Actividades a desenvolver: No seminario correspondente a este tema (Seminario 5), os alumnos prepararán e resolverán exercicios na aula.
Tema 9-Transcrición do DNA (2 clases).
Sentido do tema: A expresión da información xenética contida no xenoma das células permite desenvolver as funcións celulares: explícase aquí o primeiro destes procesos.
Epígrafes: Do DNA ao RNA. Tipos de RNA. Mecanismo da transcrición. Procesamento do mRNA en células eucariotas.
Actividades a desenvolver: No Seminario 6 realizaranse exercicios sobre este tema e no Seminario 7 realizarase un control individual sobre os temas 9 e 10.
Tema 10- Tradución: do RNA ás proteínas (2 clases).
Sentido do tema. As principais responsables de levar a cabo as instrucións contidas no DNA son as proteínas, cuxo proceso de síntese preséntase neste tema.
Epígrafes: Código xenético. Acoplamento dos aminoácidos aos tRNA. Ribosomas e mecanismo da tradución. Destino e degradación das proteínas.
Actividades a desenvolver: No Seminario 6 realizaranse exercicios sobre este tema e no Seminario 7 realizarase un control individual sobre os temas 9 e 10.
Tema 11- Evolución de xenes e xenomas (1 clase).
Sentido do tema: Para que sexa posible a evolución dos organismos, debe existir un equilibrio entre a transmisión fidedigna da información xenética entre xeracións e a existencia de cambios xénicos ou xenómicos que permitan adquirir características favorables ás especies.
Epígrafes: Xeración da variación xenética. Reconstrución da árbore xenética da vida. Introdución á Enxeñaría Xenética. Investigación do xenoma humano.
Actividades a desenvolver. Resolver os exercicios indicados polo profesor. As posibles dúbidas resolveranse nun seminario posterior (Seminario 8).
Tema 12- Ciclo celular e división celular (2 clases).
Sentido do tema: As células son xeradas por outras células que se reproducen mediante ciclos de duplicación e división coordinados e regulados; neste tema explícanse devanditos procesos e a súa regulación.
Epígrafes: Xeneralidades. Sistema de control do ciclo celular. División do núcleo: Mitose. Fases da mitose. División do citoplasma. Citocinese. Control da cantidade e o tamaño celulares. Cancro.
Actividades a desenvolver. No seminario correspondente a este tema (Seminario 8) os alumnos prepararán e resolverán cuestións.
Tema 13- Xenética, meiose e bases moleculares da herdanza (2 clases).
Sentido do tema: Logo de estudar a división de células individuais, neste último capítulo abórdase a bioloxía celular da reprodución sexual.
Epígrafes: Beneficios da reprodución sexual. Meiose. Mendel e as leis da herdanza.
Actividades a desenvolver: Revolveranse problemas de xenética na aula.
Contidos Prácticos
PRÁCTICA 1- Biomoléculas en 3D (Duración: 2.5h. Aula de Bioinformática)
Mediante o uso do programa "Swiss-PdbViewer DeepView" construiremos fragmentos de proteínas ás que dotaremos de características de hélice alfa, ou ben de cadea beta. Ao rotalas no espazo observaremos as diferenzas que existen entre ambos os tipos de estruturas. Exploraranse as estruturas secundarias, terciarias e cuaternarias das proteínas, así como as estruturas secundarias dos ácidos nucleicos.
PRÁCTICA 2- Células procariotas e ADN. (Duración: 3h. Laboratorio de Bioquímica).
Nesta práctica introducirase ao alumno no manexo de bacterias no laboratorio. Farase unha lise de bacterias onde observaremos a liberación dos ácidos nucleicos bacterianos que finalmente analizaremos mediante unha electroforese en xel de agarosa.
PRÁCTICA 3- Microscopio e mitose. (Duración: 2.5h. Laboratorio de Bioloxía Celular).
Esta práctica ten dúas finalidades: i) aprender o manexo do microscopio óptico composto mediante o uso de preparacións para microscopía de diversas orixes biolóxicas (animais, vexetais ou microbianas), e ii) a familiarización dos estudantes coa observación de distintos tipos de tecidos e células baixo o microscopio, aproveitando aquelas preparacións nas que existan células en división para explicar as fases da mitose.
Bibliografía básica
ALBERTS, B., e outros. Introducción a la Biología Celular. 2ª-3ª edición. México, Editorial Médica Panamericana 2006-2011. ISBN: 9788479035235/9786077743187
ALBERTS, B., y otros. Introducción a la Biología Celular. 5ª edición. México, Editorial Médica Panamericana 2021. ISBN: 9786078546442/ 9786078546442. Versión electrónica dispoñible na BUSC: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/tmlevo/alma99101345865180…
Bibliografía complementaria
PANIAGUA, R. e outros. Biología celular y molecular, 4ed. España. McGraw-Hill / Interamericana de España, S.L. ISBN: 978-84-486-1297-9. Disponible electrónicamente na BUSC en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/content.aspx?bookid…
PLATTNER, H. and J. HENTSCHEL. Biología celular. 4ª edición. México: Editorial Médica Panamericana, 2014. ISBN: 9788498355215
FREEMAN, S., K. QUILLIN and L. ALLISON. Fundamentos de Biología. 5ª edición. Madrid: Editorial Pearson, 2013. ISBN: 9788490354773
UNIVERSIDAD DE VIGO. Departamento de Biología Funcional y Ciencias de la Salud. Atlas de histología vegetal y animal [en liña]. Dispoñible en: http://webs.uvigo.es/mmegias/inicio.html
Materiais adicionais: Todos os materiais preparados polos docentes encargados da materia estarán dispoñibles na aula virtual da materia no Campus Virtual da USC.
Compre recordar que dentro dos recursos electrónicos da BUSC existen dous de McGraw-Hill (Access Engineering e Access Medicina) e un de Wiley (Wiley Online Library – Books) nos que se poden atopar manuais e libros de interese e accesibles para o alumnado; o Servizo PRELO de Préstamo de libros electrónicos tamén ofrece un gran número de libros de calquera disciplina.
Competencias básicas e xerais.
CB1- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CG5- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias transversais persoais
CT1- Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT6- Realizar traballo en equipo.
CT12- Adquirir unha aprendizaxe autónoma.
Competencias específicas.
CE14- Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvueltos.
CE15- Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE22 - Comprender a relación entre teoría e experimentación.
CE25-Ser capaz de relacionar a Química con outras disciplinas.
Competencias transversais comúns a todos os Grados da USC
Competencias informacionais: identificar as necesidades de información, coñecer os principais tipos de documentos técnicos e científicos, aprender a buscar e consultar as fontes de información e seleccionar a información, usándoa de xeito ético e legal.
A ASISTENCIA A CLASE É OBLIGATORIA CON CARÁCTER XERAL
- CLASES EXPOSITIVAS con proxeccións de ordenador e curso no Campus Virtual, incluíndo material relacionado coas clases e cuestionarios.
- SEMINARIOS a grupos reducidos onde se resolverán problemas ou cuestións relacionados coa materia.
- TITORIAS en grupos moi reducidos onde se propoñen actividades como aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, e orientación para a realización de traballos, con especial énfase na procura de información bibliográfica e a súa correcta presentación.
- PRÁCTICAS DE LABORATORIO, onde se porá en contacto ao alumnado con técnicas e instrumentos relacionados coa bioloxía.
- CURSO COMPETENCIAS INFORMACIONAIS (impartido pola Directora da Biblioteca da Facultade). Para obter o certificado de competencias informacionais os alumnos deberán realizar este curso (a certificación se evidenciará no suplemento ao título). Constará dunha única clase presencial na aula e de 8 unidades de aprendizaxe, ao final das cales deberán realizar e superar os tests correspondentes en liña.
1. A avaliación consistirá de dúas partes:
1.1. Avaliación continua (AC=35%), que á súa vez se compón de:
i. Os exercicios presentados ao profesor ou realizados nos seminarios e titorías (20%)
ii. Prácticas de Laboratorio (15%)
1.2. Exame Final (EF = 65%)
Nota Final= Máximo (Nota EF, (0,65xNota EF + 0,35xNota AC))
2. Avaliación das prácticas de laboratorio: a asistencia ás tres sesións prácticas é obrigatoria e, polo tanto, un requisito indispensable para superar a materia. As ausencias NON XUSTIFICADAS suporán unha cualificación de NON APTO na materia. Para a nota de prácticas, que suporá o 15%, valorarase tanto o traballo no laboratorio como a realización e puntuación das probas escritas e cuestionarios na plataforma virtual correspondentes a cada práctica. A cualificación global obtida, resultante da avaliación das 3 prácticas (entre 0 e 15% do total da materia), será a que se engada na avaliación continua do apartado 1.1.iii.
3. Avaliación dos seminarios e titorías: basearase nos resultados das probas orais e/ou escritas realizadas ao longo do cuadrimestre. A falta de asistencia a estas clases suporá un cero nas actividades de avaliación continua realizadas durante estas horas e non se admitirán tarefas compensatorias posteriormente para a avaliación continua.
4. O exame final consistirá en cuestións/exercicios relacionadas cos contidos teórico-prácticos da materia.
5. Os alumnos que non superen a materia na oportunidade ordinaria (decembro/xaneiro) poderán presentarse á oportunidade de recuperación (xuño). A nota da avaliación continua manterase para a oportunidade de recuperación.
6. Os estudantes que suspendan a materia, pero teñan realizado as prácticas de laboratorio, non terán que realizalas en cursos posteriores. Polo demais, os estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e o mesmo sistema de avaliación que os estudantes matriculados por primeira vez.
7. Seguindo a normativa de avaliación do rendemento académico aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011, a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente. Considéranse fraudulentas, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou sen citar os autores ou fontes das que se obtiveron, e falar, copiar ou intercambiar información durante a realización de exames.
Ao longo do curso, a avaliación das competencias realizarase no exame final, nas clases de seminario e titorías e nas prácticas de laboratorio. Máis concretamente:
- no exame final se avaliarán as competencias CB1, CG5, CT1/12/14/15, CE22/25.
- nas clases de seminario, as competencias CB1, CG5 e CE14/15.
- nas titorías, as competencias CG5, CT1/6, CE15/25.
- nas prácticas de laboratorio, as competencias CG5, CT6 e CE22/25.
Horas presenciais:
26 horas teóricas
8 horas seminarios en grupos reducidos
2 horas tutorías en grupos moi reducidos
8 horas de prácticas de laboratorio
Horas non presenciais:
54 horas de dedicación á preparación da materia teórica
32 horas dedicadas a escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
10 horas preparación de presentacións e elaboración de exercicios
10 horas de preparación de prácticas e elaboración das probas/cuestións correspondentes
Asistencia ás actividades propostas, levar a materia ao día, preparar as clases interactivas con antelación e utilizar as titorías para resolver as dúbidas. A maiores, o alumnado poderá concertar citas presenciais ou virtuais (preferentemente) cos docentes para resolver dúbidas adicionais sobre a materia.
1) A materia dispón dunha aula virtual no Camus Virtual da USC na que os/as alumnos/as poden atopar os recursos proporcionados polos docentes para a preparación da materia.
2) O alumnado debe empregar o seu correo institucional da USC ou o Campus Virtual para contactar cos docentes. Non se atenderán correos ou mensaxes que se poidan recibir por outras canles.
Maria Lourdes Dominguez Gerpe
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ml.dominguez.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Alvaro Duran Bravo
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- alvaroduran.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Ester Polo Tobajas
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ester.polo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
André Pérez Potti
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- andre.perez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
16.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
16.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |