Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer a estrutura e función dos diferentes sistemas e aparellos dos animais desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida".
CAPÍTULO I.- FISIOLOXÍA XERAL E MOLECULAR
T01 Concepto de Homeostase.
T02 Membranas e Transporte.
T03 Potencial de Membrana.
T04 Células Nerviosas. Potencial de Acción e Transmisión Sináptica.
T05 Comunicación intercelular e receptores
T06 Segundos Mensaxeiros
T07 Células Musculares. Contracción do Músculo Estriado, Músculo Liso e Músculo cardíaco.
S01 Seminario
CAPÍTULO II.- SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO:
T08 Electrofisioloxía cardíaca.
T09 O corazón como bomba. Ciclo cardíaco.
T10 Regulación da actividade cardíaca.
T11 Fisioloxía vascular. Hemodinámica.
T12 Presión arterial e a súa regulación.
T13 Fisioloxía da microcirculación. Intercambio transcapilar
S02 Seminario
CAPÍTULO III.- SISTEMA RESPIRATORIO.
T14 Mecánica respiratoria. Traballo respiratorio.
T15 Intercambio gasoso. Transporte de gases. Hemoglobina.
T16 Circulación pulmonar. Equilibrio ventilación-perfusión.
T17 Regulación da respiración.
S03 Seminario
CAPÍTULO IV.- SISTEMA EXCRETOR RENAL
T18 Organización do sistema excretor renal. Filtración glomerular.
T19 Manexo tubular do filtrado. Reabsorción. Transporte máximo. Secreción.
T20 Mecanismos de concentración de urina. Balance hidrosalino.
S04 Seminario
CAPÍTULO V.- EQUILIBRIO ÁCIDO-BÁSICO
T21 Equilibrio ácido básico (I).
T22 Equilibrio ácido básico (II).
S05 Seminario
Prácticas:
1. Mecanismos de transporte e permeabilidade celular
2. Fisioloxía do músculo esquelético
3. Fisioloxía e dinámica cardiovascular
4. Mecánica do sistema respiratorio
5. Fisioloxía renal
6. Equilibrio ácido-básico
Human Anatomy and Physiology. Marieb, Hoehn. 9th ed. Pearson 2013
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne y Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Tratado de Fisiología Médica. (14ª edición). 2021. Guyton & Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Humana (8a edición), 2019, Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
Fisiología Animal (1ª edición), 2006. Hill-Wyse-Anderson. Edit. Méd. Panamericana.
PhysioEx 9.1: Laboratory Simulations in Physiology. 2014. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson
Con06: Comprender en profundidade os principais procesos fisiolóxicos e metabólicos dos organismos
multicelulares, así como identificar e explicar as bases moleculares e a regulación de ditos procesos.
H/D04: Integrar e interpretar as bases da regulación endocrina e dos distintos sistemas de comunicación
intercelular e de señalización intracelular.
Comp06: Desarrolar a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espíritu emprendedor.
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, coa axuda da pizarra, dos medios audiovisuais que considere oportunos e dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
As de ordenador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia.
Os seminarios serán preparados polos alumnos divididos en grupo, realizando revisións do estado actual de aspectos avanzados da asignatura, recompilando, analizando criticamente e presentando a información con soporte de tecnoloxías da información.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría en grupo ou individuais.
Como recurso fundamental de soporte á docencia utilizarase o Campus Virtual da USC (Moodle)
A calificación de cada estudante farase en base a tres criterios:
1.- Calificación teórica (70% da puntuación final): exames tipo test, pregunta curta e/ou tema). En caso de que se fagan exames parciais, para o cálculo da media final é indispensable que ningún dos exames parciais teña unha calificación inferior a 3,5. Competencias avaliadas: Comp06, Con06, H/D04.
2.- Calificación práctica (15% da puntuación final): exame tipo test e asistencia obrigatoria a prácticas. Competencias avaliadas: Comp06, Con06, H/D04.
3.- Calificación seminarios (ata un 10% da puntuación final): A realización e exposición de traballos en grupo permitirá obter unha nota adicional que se sumará linealmente á calificación teórico-práctica ata completar o 100%. Competencias avaliadas: Comp06, Con06.
4.- Calificación avaliación continua (ata un 5% da puntuación final): terase en conta para a avaliación desta parte a asistencia activa á clase (asistencia, realización de cuestionarios e outras actividades). Competencias avaliadas: Comp06, Con06, H/D04.
O exame final é obrigatorio para todo o alumnado matriculado na materia.
A ponderación final farase cun coeficiente do 70% para a nota teórica, do 15% para a nota práctica, 10% para os seminarios e 5% de avaliación continua. Para realizar a ponderación final é requisito indispensable que a calificación teórica sexa dun mínimo de 5 puntos, e a calificación práctica, sexa dun mínimo de 4 puntos.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno do 60%, que se distribuirán da seguinte forma:
Clases expositivas: 33 h presenciais
Clases prácticas: 12 h presenciais
Seminarios:3 h presenciais
Titorias: 3 h presenciais
Exames e revisión: 9 h
Total presencialidade: 60 h
Total traballo autónomo: 90h
Coñecementos previos de Bioquímica
Recoméndase a asistencia ás clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías
Levar a materia ó día e profundizar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada
As actividades académicas impartiranse nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma (castelán e galego).
O sistema de avaliación dos alumnos que se presenten á 2ª oportunidade será idéntico ao dos alumnos de 1ª oportunidade.
Jesús Antonio Casabiell Pintos
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |