-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Total: 0Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Enxeñaría QuímicaÁreas:
Enxeñaría QuímicaCentro
Facultade de CienciasConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
O obxectivo xeral da materia é introducir ao alumnado no coñecemento dos principios básicos e das bases do deseño e funcionamento dos biorreactores, os cales presentan características específicas que os diferencian do resto de reactores empregados na industria de procesos químicos.
Os contidos da materia segundo a memoria do título son:
- Catálise enzimática e microbiana. Ecuacións de velocidade e modelos cinéticos.
- Biorreactores Ideais
- Axitación, aireación i esterilización en biorreactores
- Aplicacións industriais de biorreactores.Bibliografía básica:
•Gòdia Casablancas, F. e López Santín, J. (editores); Casas Alvero, C., Lema Rodicio, J.M., Roca Bordello, E. et al. Ingeniería Bioquímica. Ed. Síntesis. Madrid (1998). ISBN: 84-7738-611-0. (Sinaturas USC: QUT 329, QUT 58). Acceso directo por USC e-libro: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101339565480…
•Najafpour, Ghasem D. Biochemical Engineering and Biotechnology. 2nd Edition. Elsevier. Amsterdam, Netherlands. (2015). ISBN: 0-444-63377-4. (Acceso directo por USC-Elsevier ScienceDirect Books).
Bibliografía complementaria:
•Bailey, J.E., e Ollis, D.F. Biochemical Engineering Fundamentals. 2nd ed. McGraw Hill, New York (1986). ISBN:0-07-003212-2. (Sinaturas USC: QUT 54, QUT 55)
•Díaz Fernández, Mario. Ingeniería de bioprocesos. 3ª Ed. Editorial Paraninfo.2021. ISBN 9788413660233. (Sinaturas USC: ETSE A160 12C, A160 12B). Acceso directo por USC-elibro: https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101353275110…
•Aiba, S., et al. Biochemical Engineering. 2nd ed. University of Tokyo Press. Tokyo (1973). ISBN: 0-12-045052-6. (Sinaturas USC: B Intercentros, DEP 15501; ETSE, Sala lectura 160 15)
•Atkinson, B., e Mavituna, F. Biochemical Engineering and Biotechnology Handbook. Stockton Press (1991). ISBN : 1561590126. (Sinaturas USC: B Intercentros, DEP 15764; ETSE, Sala lectura 169 1)Coñecementos:
-Con02: Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas i estatísticas dos procesos biolóxicos.
Habilidades ou destrezas:
-H/D01: Aplicar axeitadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas i estatísticas ao estudo dos procesos biolóxicos.
-H/D03: Empregar os principios químicos e termodinámicos da biocatálise e o papel das enzimas no funcionamento das células e organismos.
Competencias:
-Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar axeitadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.A consecución dunha formación básica do alumno será mediante 28 horas de clases magistrais (actividade presencial de docencia expositiva), onde se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscarase a participación activa do alumno que será incentivado a intervir continuamente.
Os seminarios (8 horas) formúlanse como unha actividade presencial de docencia interactiva na que poderán abordarse aspectos moi diversos como técnicas auxiliares de cálculo, resolución de cuestións e problemas, debates sobre temas de interese relacionados cos contidos da asignatura, etc.
As clases prácticas, constitúen una actividade presencial de asistencia obrigatoria e docencia interactiva na aula de informática (12 horas). Consistirán nunha introducción á simulación de procesos bioquímicos con aplicación particular ao deseño dun bioproceso. Realizaranse titorías individuales para aclarar problemas particulares de cada alumno e titorías con grupos reducidos (2 horas) para traballar dúbidas e/ou temas específicos.
En todo momento usarase como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
De ser posible, realizaranse visitas a instalacións industriais de bioprocesos para observar in situ as aplicacións dos coñecementos adquiridos. Estas visitas ou prácticas de campo estarán suxeitas á dispoñibilidade de financiamento e posibilidade de realización tanto por parte das empresas/instalacións visitadas como da USC.“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O sistema de avaliación é continuo con probas parciais específicas (exame) e seguimento da aprendizaxe coa formulación de casos prácticos e actividades a resolver, individualmente ou por grupos, principalmente nas horas de seminario. A cualificación final do alumno considerará tanto o resultado do exame (probas específicas parciais) (50%) como da avaliación continua (50%). Nesta avaliación continua inclúense tanto as actividades desenvolvidas na aula (30%) como.as sesións prácticas realizadas na aula de informática (20%).
Soamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades avaliables poderán obter a cualificación final de Non Presentado.
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (50%) e Exame consistente en probas parciais específicas (50%).
*A1)-Avaliación Continua, a cualificación mínima esixida será do 50% (2,5 puntos) e constará de dous apartados:
1º) Prácticas na aula de informática (presenciais e obrigatorias): realizadas de maneira síncrona. Cualificación: ata 2 puntos. Cualificación mínima esixida: 1 punto. Valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para aplicar os coñecementos ao deseño e simulación dun bioproceso e para afrontar e resolver os problemas que podan formularse, así como os resultados acadados e a súa crítica. Competencias avaliadas: Con02 (5%), H/D01 (40%), H/D03 (5%), Comp01 (50%). As prácticas na aula de informática son de asistencia obrigatoria e debido a seu carácter non se poderán repetir na segunda oportunidade.
2º) Actividades na Aula: realizadas de maneira síncrona. Cualificación: ata 3 puntos, cualificación mínima esixida: 1,5 puntos. Nas actividades en aula valoraranse as intervencións do alumno e a resolución dos problemas e cuestións que selle propoñan. Competencias avaliadas: Con02 (25%), H/D01 (25%), H/D03 (25%), Comp01 (25%).
A2) Probas parciais específicas (Exame): síncronas. Tratase de probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia. Cualificación: ata 5 puntos, cualificación mínima esixida: 2,5 puntos. Competencias avaliadas: Con02 (25%), H/D01 (25%), H/D03 (25%), Comp01 (25%).
É obrigatorio acadar a cualificación mínima esixida en cada un dos apartados avaliados (prácticas, actividades na aula e probas parciais específicas)para poder obter unha nota media. É necesario obter, como mínimo, unha nota media de 5 puntos para superar a materia nesta oportunidade.
No caso de que o estudante realice pero non obteña a cualificación mínima esixida nalgún dos apartados anteriores, será avaliado de novo dese apartado na data correspondente ao exame da primeira oportunidade.
No caso de que o estudante non realice algún dos apartado anteriores, recibirá a cualificación de suspenso e deberá presentarse ao exame da segunda oportunidade.
B)-SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Os estudantes que non acadaron a nota media esixida na avaliación da primeira oportunidade deberán realizar un Exame Final presencial coas seguintes características:
Exame final: proba teórico-práctica de carácter síncrono sobre todos os contidos da materia. Cualificación 100%, cualificación mínima esixida 5 puntos. Competencias avaliadas: Con02 (25%), H/D01 (25%), H/D03 (25%), Comp01 (25%).Esta asignatura divídese en 28 horas de clases expositivas, 8 horas de seminarios, 12 horas de docencia iterativa en aula de informática, 3 horas de titorías en grupo, e 4 horas para a realización de probas de avaliación e exames (55 horas presenciais en total). Con todo isto o alumno deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas a asignatura (6 ECTS).
O alumno debe ter coñecementos previos de balances macroscópicos, fenómenos de transporte, equilibrio e cinética química.
Por esta razón resulta moi recomendable que teña cursado as asignaturas: Enxeñaría de Bioprocesos, Enzimoloxía e Microbioloxía
Tamén é aconsellable ter coñecementos de manexo de follas de cálculo (Microsoft Excell) a nivel de ususario.A docencia da materia impartirase nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma galega: galego e castelán
-
Jose Manuel Martinez Ageitos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- josemanuel.martinez.ageitos@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Eugenio Fernandez Carrasco
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- eugenio.fernandez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge González Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824155
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
-
2º semestre - Do 03 ao 09 de febreiro Luns 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Castelán 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA Martes 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Castelán 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA Mércores 11:00-12:00 Grupo /CLE_01 Castelán 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA Exames 13.05.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA 13.05.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA 25.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA 25.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA