Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Distinguir entre os elementos inorgánicos esenciais, tóxicos e de importancia farmacéutica.
-Identificar as funcións fundamentais dos metais con maior relevancia biolóxica.
-Identificar os mecanismos de toxicidade dos metais pesados e as técnicas terapéuticas correctoras da toxicidade e os usos dos metais en terapia e diagnose clínica.
Teoría:
INTRODUCIÓN Á QUÍMICA BIOINORGÁNICA. Orixe e especificidade dos elementos inorgánicos en sistemas biolóxicos. Elementos inorgánicos e evolución. Resumo sistemático de funcións e exemplos de elementos inorgánicos en sistemas biolóxicos.
MÉTODOS DE CARACTERIZACIÓN EN BIOINORGÁNICA. Métodos difractométricos. Métodos espectroscópicos. Técnicas de resonancia.
Espectrometría de masas.
METAIS SEN ACTIVIDADE REDOX. Transporte iónico: membranas, enerxía, canles, bombas. Biomineralización. Nanopartículas, elementos inorgánicos estruturais en proteínas, ARN e ADN.
METAIS DE TRANSICIÓN. Transporte electrónico en bioloxía. Clusters ferro-xofre, encimas respiratorios, fotosintéticos e relacionados. Transporte de osíxeno. Activación de osíxeno por citocromos. Activación de pequenas moléculas e conversión por metaloencimas: rotura fotosintética da auga.
RADICAIS E QUÍMICA BIOORGANOMETÁLICA. Metanóxenos e metanótrofos. Vitamina B12. Conversión biolóxica e formación de hidróxeno e
nitróxeno. Hidroxenases e nitroxenases.
METAIS EN MEDICINA. Farmacoloxía de metais. Toxicidade. Axentes anticanceríxenos. Fármacos para a diabetes, artrite. Compostos metálicos en diagnose: radionúclidos e aplicacións relacionadas.
Prácticas:
-Complexos metálicos co edulcorante aspartamo.
-Síntese de modelos de catalasas e estudo da súa actividade.
-Modelos do complexo oxidante da auga.
-Caracterización de compostos bioinorgánicos mediante diversas técnicas instrumentais.
-Sistemas modelo de transportadores de osíxeno.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• Química Bioinorgánica. J.S. Casas, V. Moreno, A. Sánchez, J.L. Sánchez, J. Sordo. Editorial Síntesis, Madrid 2002.
• Bioinorganic chemistry. Dieter Rehder. Oxford University Press, Oxford 2014.
• Outros textos dispoñibles en: https://chem.libretexts.org/Courses/Remixer_University/Download_Center
(Biblioteca de libros en formato PDF ou de consulta on line).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
• Biological Inorganic Chemistry: A New Introduction to Molecular Structure and Function. Robert R. Crichton. 3ª ed. Academic Press Inc, London, 2019.
• Bioinorganic chemistry: inorganic elements in the chemistry of life. W. Kain, B. Schwederski, A. Klein. 2ª ed. Wiley, Chichester 2013.
• Metals in Medicine. J.C. Dabrowiak. 2ª ed. Wiley, Chichester 2017.
• The Biological chemistry of the elements: the inorganic chemistry of life. J.J.R. Fraústo da Silva y R.J.P. Williams. 2ª ed. Oxford University Press, Oxford 2008.
• Bioinorganic chemistry: a survey. Ei-Ichiro Ochiai. Elsevier Academic Press, Amsterdam 2008.
• Molecular and supramolecular bioinorganic chemistry: applications in medical sciences. A,L. Ramalho Mercê, J. Felcman, M. Angeles Lobo Recio (Ed.). Nova Biomedical Books, New York 2009.
• Engineering of Biomaterials. V. dos Santos, R.N. Brandalise, M. Savaris. Springer, 2017.
Con02: Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos.
Con03: Coñecer os fundamentos químicos que determinan a estrutura das moléculas e reactividade dos grupos funcionais.
Con08: Recoñecer en profundidade as bases químicas e biolóxicas, que determinan a estrutura tridimensional das moléculas e complexos supramoleculares e relacionar a súa estrutura e funcións.
H/D01: Aplicar axeitadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas ao estudo dos procesos biolóxicos.
H/D03: Utilizar os principios químicos e termodinámicos da biocatálise e o papel das enzimas no funcionamento das células e organismos.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar axeitadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp04: Actuar con profesionalidade rexéndose por principios éticos, de rigor científico e de desenvolvemento sostible.
A docencia está repartida, por grupo, e ao longo do semestre en 30 horas de clases expositivas, 3 horas de seminario, 3 de titorías en grupos reducidos e 15 horas de prácticas de laboratorio.
Nas clases expositivas (na súa maior parte teóricas), explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos. O profesor pode contar co apoio de diferentes recursos docentes: presentación oral con utilización de taboleiro, medios audiovisuais e informáticos, recursos en internet, entre outros, pero utilizando sempre como base os libros recomendados na bibliografía.
Nas clases interactivas en grupo reducido (seminarios) analizaranse e discutiranse os problemas propostos previamente aos alumnos mediante boletíns, intentado que os alumnos participen activamente. Algúns poderán ser resoltos en grupo nestas clases. Estas clases inclúense na avaliación continua polo que a asistencia será obrigatoria.
Nas titorías en grupos reducidos resolveranse as dúbidas que podan ter os alumnos relacionadas coa materia impartida.
Nas clases prácticas aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo alumno nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en grupos de dous alumnos e estarán orientadas a que o alumno adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenrole as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e analíticas. Así mesmo incidirase na importancia das normas de seguridade nos laboratorios e no correcto manipulado dos residuos. Para elo o alumno realizará en catro sesión, de tres horas cada unha, una serie de experimentos de laboratorio dos incluídos no programa. Ao final das prácticas, cada alumno debe presentar un informe o un caderno de prácticas co traballo realizado. Así mesmo, co programa de prácticas de laboratorio refórzase a habilidade de traspoñer os coñecementos teóricos a súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
A cualificación de cada alumno se realizará mediante avaliación continua e a realización dun exame final, proba que será complementaria á avaliación continua. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita e común para todo o alumnado (65 %) que consistirá en preguntas de teoría e resolución de problemas. A avaliación continua (35 %) comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumno ao longo do curso, e que poderá abarcar controis escritos, traballos entregados, participación do estudante na aula e titorías, realización de exercicios nos seminarios (15 %), a realización das prácticas e o caderno de laboratorio (10 %) e un exame de prácticas (10 %).
O alumnado debe entender que ao menos ten que acadar no exame final unha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10 e, dentro desta, un 4 sobre 10 na parte de problemas, para que a nota das outras partes lle sexa sumada á nota do exame final.
A asistencia ás clases interactivas en grupo reducido (seminarios e titorías) e as prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral.
Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na materia, a avaliación das mesmas incluirase na porcentaxe da avaliación continua. Ademais, para aprobar a materia, o alumnado deberá realizar todas as prácticas que se lle asignen e alcanzar a cualificación de apto. No exame final haberá dúas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio que se inclúen na avaliación continua.
As competencias que se avaliarán nos distintos apartados anteriores son:
Exame final (65 % da nota final): Con02, Con03, Con08
Participación en clase, seminarios e titorías (15 % da nota final): Con08, H/D01, H/D03
Prácticas (20 % da nota final): Comp01, Comp04, H/D01, H/D03
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento
académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A materia consta de 6 créditos ECTS, e a carga de traballo para o alumno será de 99 horas. O reparto de horas para cada unha das actividades implicadas na materia será a seguinte:
Actividade: Horas presenciais na aula / Horas do traballo persoal do alumno
Clases expositivas en grupo grande: 30 / 61
Seminarios: 3 / 6
Prácticas de laboratorio 15 / 15
Titorías en grupo moi reducido 3 / 17
Total horas 51 / 99
- É aconsellable que o alumnado asista as clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia “ao día” e que intenten resolver os boletíns de problemas persoalmente. A resolución de problemas e cuestións é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer o seu significado.
- Ler coidadosamente os guións subministrados polo profesor antes de comezar as prácticas de laboratorio.
- É conveniente o uso das titorías para aclarar dúbidas que se lles presentan tanto na aula como no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente o aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo (transparencias, enlaces web, etc.).
A materia impartirase en galego.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento
académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Marcelino Maneiro Maneiro
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- marcelino.maneiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
16.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
16.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |