Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo das características do xornalismo de proximidade e relevancia para a sociedade.
2. Coñecemento de temáticas, asuntos, actores e escenarios propios dos ámbitos locais ou de proximidade. Labor informativa dos medios de proximidade, locais e hiperlocais.
3. Análise das estratexias e acción de intervención nos contextos de proximidade.
4. Estudo das alianzas coas comunidades locais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Xornalismo de proximidade
1.1 Conceptualización do xornalismo de proximidade, local e hiperlocal
1.2 Funcións do xornalismo de proximidade
1.3 Contextualización histórica do xornalismo de proximidade
TEMA 2. Os medios de proximidade en España e en Galicia
2.1 Evolución e contexto histórico
2.2 Ecosistema actual
TEMA 3. Modelos dos medios de proximidade
3.1 Alcance xeográfico
3.2 Estrutura organizativa e produtiva
3.3 Modelos de financiamento
TEMA 4. Producir información no ámbito local
4.1 Fontes informativas e actores locais
4.2 Axenda informativa
4.3 Xornalista local
TEMA 5. Relación coas audiencias
5.1 Construción de comunidades
5.2 Estratexias e accións de intervención
5.3 Outros xornalismos: participativo, construtivo, de solucións
TEMA 6. Desafíos e innovación
6.1 Desertos informativos
6.2 Innovación tecnolóxica e automatización
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nas clases expositivas e interactivas o alumnado desenvolverá unha serie de exercicios e prácticas individuais e grupais nas que traballará: a análise de casos e contidos informativos propios do xornalismo de proximidade e dos seus modelos mediáticos; a produción de información no ámbito local e hiperlocal, traballando a axenda, os enfoques, as fontes e o tratamento de distintos xéneros; o deseño de proxectos e estratexias orientados á innovación nos contidos, nos modelos de medios ou na conexión coas audiencias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Batsell, J. (2015). Engaged journalism : connecting with digitally empowered news audiences. Columbia University Press.
Gulyas, A., & Baines, D. (2020). The Routledge Companion to Local Media and Journalism. Routledge.
Harte, D., Howells, R., & Williams, A. (2019). Hyperlocal journalism. The decline of local newspapers and the rise of online community news. Routledge.
Izquierdo Labella, L. (2010). Manual de periodismo local. Fragua.
López García, X. (2004). Desafíos de la comunicación local: guía para la práctica de la informacion en los ámbitos de proximidad. Comunicación social.
López García, X., & Maciá Mercadé, J. (2007). Periodismo de proximidad. Síntesis.
Maciá Mercadé, J. (1993). La Comunicación regional y local: dinámica de la estructura de la información en la España de las autonomías. Ciencia 3.
Nielsen, R. K. (2019). Local journalism: the decline of newspapers and the rise of digital media. I.B. Tauris.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Casero Ripollés, A., González Molina, S., & Fernández Beltrán, F. (Eds.). (2012). La prensa local ante el reto digital : oportunidades y riesgos en un escenario cambiante. Universitat Jaume I. Servei de Comunicació i Publicacions.
Costa Fernández, L. (2015). La comunicación local. Editorial UOC.
Harcup, Tony. (2013). Alternative journalism, alternative voices. Routledge.
Howley, Kevin., & Howley, K. (2009). Understanding Community Media. SAGE Publications.
Iglesias, P., & Merayo Pérez, A. (1997). As radios municipais en Galicia: claves para unha comunicación alternativa. Edicións Lea.
Izquierdo Labella, L. (2012). Comunicación glocal: el periodismo local abre una ventana al mundo. Tirant Humanidades.
Kevin, D. (2015). Snapshot regional and local television in Spain. Observatoire Européen de l’Audiovisuel.
Lauterer, J. (2006). Community journalism: relentlessly local. University of North Carolina Press.
López García, X. (1992). A Prensa local en Galicia. Edicións Lea.
López García, X., & Barreiro Fernández, X. R. (1992). A Prensa local e comarcal en Galicia. Edicións Lea.
Prado, E. (2006). La Televisión local entre el limbo regulatorio y la esperanza digital. Fundación Alternativas.
Sanfiz Raposo, H., & Pillado Rivadulla, F. (1993). Pública e local: radio municipal en Galicia. Edicións Lea.
CON.2 – Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de maneira profesional e ética.
CON.3 – Coñecer os fundamentos da investigación dende unha perspectiva científica ou xornalística para describir e explicar a realidade.
CON.5 – Distinguir as diferentes maneiras de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 – Identificar os referentes que lle permitirán a construcción dun pensamento crítico aplicado á elaboración de información xornalística.
HAB.1 – Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información xornalística.
COM.1 – Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.2 – Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
No desenvolvemento das clases expositivas e interactivas aplicaranse as metodoloxías docentes que se indican a continuación.
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida pola docente.
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Estudo de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiado pola docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Metodoloxía baseada na investigación: modalidade que sitúa o estudantado no rol de investigador, executando un proceso de busca, avaliación, síntese e análise.
- Aprendizaxe-servizo: aplicación dos contidos da materia na mellor ou resolución de retos sociais.
- Foros de discusión – traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas.
As clases expositivas servirán para a explicación, estudo e análise dos contidos de carácter teórico da materia. As exposicións da docente combinaranse con exercicios a realizar polo alumnado, que permitirán facer un seguimento aplicado dos conceptos que se vaian traballando. Nas clases expositivas o alumnado deberá participar de maneira activa.
As sesións interactivas orientaranse a realizar unha serie de tarefas individuais e grupais nas que se traballarán os contidos prácticos da materia. Buscarase o debate, a reflexión colectiva e individual e a posta en común dos coñecementos adquiridos.
O campus virtual empregarase como plataforma para a comunicación co alumnado, a disposición dos materiais bibliográficos complementarios necesarios e a entrega das tarefas establecidas. As titorías poderán realizarse presencialmente ou en liña a través de MS Teams.
- Probas de coñecementos: 30%
- Actividades de avaliación continua: 20%
- Exercicios prácticos: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
Na segunda oportunidade, o sistema de avaliación será o mesmo que o da primeira. Se o/a alumno/a ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa docente da materia. O sistema de avaliación será o seguinte: probas de coñecementos (30%); exercicios prácticos (70%).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
- Docencia teórica: 24 horas.
- Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas.
- Titorización en grupo reducido: 3 horas.
- Probas de avaliación: 3 horas.
- Traballo persoal do alumnado: 96 horas.
Recoméndase a constancia na asimilación dos contidos teóricos da materia e o seguimento das aulas para poder acadar os obxectivos e resultados de aprendizaxe fixados, tanto na parte teórica como no traballo práctico de laboratorio. Recoméndase a consulta do material bibliográfico ou complementario que aconselle a docente. A participación na aula, a reflexión crítica e as achegas para o coñecemento común serán valoradas positivamente.
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
10.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |