Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo da teoría e práctica da publicidade e as relacións públicas e a súa inclusión nas estratexias de márketing.
2. Análise da aplicación do márketing á comunicación e identificación de marcas e organizacións como emisoras de discursos publicitarios. Actores e elementos que interveñen na trasmisión da mensaxe publicitaria e análise da súa incidencia nos públicos.
3. Estudo da publicidade programática, a segmentación de públicos e a avaliación do retorno.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Marketing e marca.
1.1 O plan de márketing nos obxectivos das empresas. Empresa e organización.
1.2 Definición de márketing e dos elementos que o conforman. As catro “Ps”. Produto. Prezo. Promoción. Distribución.
1.3 Desenvolvemento dun plan de márketing. Marketing e a súa importancia nos procesos de comunicación publicitaria.
TEMA 2. Aspectos básicos dá comunicación publicitaria
2.1 Fundamentos epistemológicos: conceptos básicos de emisor, canle, receptor do proceso.
2.2 Achegamento aos modelos clásicos e comprensión destes
2.3 Estruturas básicas de todos os participantes no proceso de comunicación publicitaria, organizacións, medios de comunicación e outras canles e, finalmente, o receptor.
TEMA 3. A especificidade da comunicación publicitaria
3.1 A especificidade da comunicación na publicidade e nas relacións públicas.
3.2 Os obxectivos, a súa fixación e a tutela do seu cumprimento.
3.3 A publicidade no contexto do márketing empresarial e institucional.
TEMA 4. Canles de comunicación
4.1 A necesidade de comunicar e as ferramentas adecuadas para cada conxuntura: os seus códigos, repertorio formal e procesos de produción
4.2 As canles da comunicación publicitaria: medios e soportes convencionais (prensa, radio, televisión, publicidade exterior...) non convencionais (below, web e interactivos) e novas morfoloxías publicitarias adecuadas a novos escenarios de recepción.
TEMA 5. A estratexia na comunicación publicitaria
5.1 A formulación estratéxica en publicidade: estratexia publicitaria (posicionamento, eixos de comunicación e valores de comunicación)
5.2 Narrativas e marcos comunicativos, ecosistema da marca, estratexia creativa e planificación de medios.
5.3 Análise e elaboración da mensaxe publicitaria en función dos diversos medios e soportes.
5.4 A investigación na publicidade e nas relacións públicas: conceptos básicos e técnicas específicas.
TEMA 6. Produción audiovisual en publicidade
6.1 A Imaxe na mensaxe publicitaria. O relato visual. Imaxe en movemento: edición e postproducción.
6.2 Produción sonora: edición e postproducción. Produción multimedia: recursos e linguaxes.
6.3 A construción da mensaxe: procesos e metodoloxía.
CONTIDOS PRÁCTICOS
1.- O emisor: aplicación de modelos prácticos no mundo da empresa e das organizacións.
2.- As canles: Determinación, selección e planificación dos mesmos.
3.- Os contidos: Estratexia e Creatividade, desenvolvemento de eixo aos distintos medios e canles.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cuesta Cambra, U. (editor, 2012): "Planificación estratégica y creatividad". ESIC Editorial. Madrid, España.
Guilera, Llorenç (2011) " Anatomia de la Creatividad". FUNDIT - Escola Superior de Disseny ESDi
Gurrea, A. (1999): Los anuncios por dentro, Bilbao, SPIC Universidad del País Vasco.
Hernández Martinez, C. (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
Lindstrom, M. (2010). Buyology. Barcelona. Gestión 2000
Lobo, M.A.(1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
Moliné, M. (1988): La comunicación activa, Bilbao, Deusto.
Sanagustin, E. (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
Solana, D. (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
VARIOS AUTORES (2011). " El negocio publicitario en el contexto digital". Departament de Ciències de la Comunicació, Universitat Jaume I.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Costa, J. (1995): Comunicación Corporativa, Ediciones Ciencias Sociales, Madrid.
González Martín, J.A. (1996): Teoría general de la publicidad, Madrid, FCE.
Moliné, M. (2000): La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza, Madrid.
Perez Latre, F.J.(2011). La publicidad y los medios.. Ediciones Universidad de Navarra. Navarra
Ricarte, J. M.(1998): Creatividad y comunicación persuasiva, Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona, Barcelona.
Salmon, C. (2008) Storytelling. Barcelona. Ediciones Península.
Solana, D. (2015). Desorden. Editorial Almuzara.
Surmanek, J. (1982): Planificación de medios, Editorial Eresma, Madrid.
Jenkins, H., Ford, S., & Green, J. (2015). Cultura transmedia: la creación de contenido y valor en una cultura en red (Vol. 60). Editorial Gedisa
URLS
http://www.kantarmedia.es
http://www.adforum.es
http://www.portalcomunicacion.com/index.asp?lng=esp
http://adsoftheworld.com/
http://www.neuronilla.com/desarrolla-tu-creatividad/tecnicas-de-creativ…
http://www.canneslions.com/
http://www.postpublicidad.es
CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas ou necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
Clase maxistral
Estudos de casos
Resolución de exercicios e problemas
Aprendizaxe baseada en proxectos
Probas de coñecementos: 50 %
Prácticas experimentais: 50%
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
• De acordo con a normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
A parte expositiva da materia será avaliada mediante o exame final (50% da cualificación). - A parte práctica avaliarase mediante a entrega dun traballo (50% da cualificación final)
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Isaac Maroto Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- isaac.maroto.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
30.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
30.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
03.07.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |