Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise das narrativas xornalísticas actuais e a súa evolución con perspectiva crítica e creativa.
2. Estudo da difusión multiplataforma e multimedia no contexto da converxencia de medios e soportes.
3. Estudo de narrativas interactivas e transmedia. Documental interactivo. Gamificación. Xornalismo inmersivo: realidade virtual e realidade aumentada na narración xornalística.
4. Estudo dos novos perfís profesionais especializados en narrativas.
5. Xestión de proxectos de narrativa dixital.
A materia Narrativas dixitais céntrase no estudo das formas de expresión narrativas a través do medio dixital interactivo. No marco da innovación xornalística, o xeito de contar unha historia require adaptación aos medios contemporáneos, que nacen nun contexto cambiante e experimental. Revisarase a orixe e a evolución das tecnoloxías e das narrativas, así como as características clave arredor da interacción, da inmersión e do transmedia. Dende o punto de vista práctico, esta materia pon o foco na análise e na creación e xestión de proxectos de narrativa dixital interactiva.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Comunicación dixital
1.1. Introdución ás narrativas e ao ecosistema mediático
1.2. Orixe e evolución do medio dixital interactivo
1.3. Características da produción dixital
TEMA 2. Narrativas dixitais
2.1. Orixe e evolución das narrativas dixitais
2.2. Formatos, referentes e modalidades
TEMA 3. Interacción
3.1. Definición e aplicación da interacción nas narrativas
3.2. Estruturas nas narrativas dixitais
3.3. Documental interactivo
TEMA 4. Inmersión
4.1. Definición e aplicación da inmersión nas narrativas
4.2. Xornalismo inmersivo: realidade virtual, aumentada e mixta
4.3. Gamificación
TEMA 5. Transmedia
5.1. Definición e aplicación do transmedia nas narrativas
5.2. Participación e comunidade
TEMA 6. Produción e xestión de proxectos
6.1. Deseño e planificación
6.2. Produción e análise
6.3. Perfís profesionais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Deseño dun proxecto de narrativa dixital interactiva de non ficción: ideación e planificación; documentación e investigación; elaboración de textos e materiais audiovisuais; elaboración de contidos multimedia; deseño de interacción e navegación; deseño de interface; deseño de estratexia multiplataforma; execución; planificación de difusión e xestión.
Domínguez, E. (2013). Periodismo inmersivo: la influencia de la realidad virtual y del videojuego en los contenidos informativos. Editorial UOC.
Herrera Damas, S. & Rojas Torrijos, J. L. (2023). Manual de nuevos formatos y narrativas para el periodismo y la no ficción. Tirant Humanidades.
Lambert, J. & Hessler, B. H. (2018). Digital Storytelling: Capturing Lives, Creating Community (5th Edition). Routledge.
Nash, K. (2022). Interactive Documentary: Theory and Debate. Routledge.
Scolari, C. (2013). Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Deusto.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aston, J., Gaudenzi, S. & Rose, M. (2017). i-Docs: The Evolving Practices of Interactive Documentary. Londres, Nueva York: Columbia University Press.
Dodds, T. (2024). Immersive Journalism: Virtual Reality and the Future of the News Industry. Rowman & Littlefield.
Dunford, M. & Jenkins, T. (2017). Digital Storytelling: Form and Content. Basingstoke: Palgrave Macmillan.
Gifreu, A. (2013). El documental interactivo: evolución, caracterización y perspectivas de desarrollo. Editorial UOC.
Gitner, S. (2015). Multimedia storytelling for digital communicators in a multiplatform world. Routledge.
Hayes, G. P. (2013). How to Write a Transmedia Production Bible. Screen Australia.
Irigaray, F. & Renó, D. P. (2018). Transmediaciones: creatividad, innovación y estrategias en nuevas narrativas. La Crujía.
Miller, C. H. (2014). Digital Storytelling: A Creator’s Guide to Interactive Entertainment. Burlington: Focal Press.
Morville, P., Rosenfeld, L. & Arango, J. (2015). Information Architecture for the Web and Beyond. O’Reilly Media Inc.
Uskali, T., Gynnild, A., Jones, S. & Sirkkunen, E. (2020). Immersive Journalism as Storytelling: Ethics, Production, and Design. Routledge.
Recursos de acceso aberto (listado completo no campus virtual)
García-Ortega, A. & García-Avilés, J. A. (2018). Los newsgames como estrategia narrativa en el periodismo transmedia: propuesta de un modelo de análisis. Revista Mediterránea de Comunicación, 9(1), 327-346. https://doi.org/10.14198/MEDCOM2018.9.1.19
Gaudenzi, S. (2013). The Living Documentary: From Representing Reality to Co-Creating Reality in Digital Interactive Documentary (Tese doutoral). Goldsmiths, University of London.
Gifreu, A. (2013). El documental interactivo como nuevo género audiovisual. Estudio de la aparición del nuevo género, aproximación a su definición y propuesta de taxonomía y de modelo de análisis a efectos de evaluación, diseño y producción (Tese doutoral). Universitat Pompeu Fabra.
Irigaray, F. & Lovato, A. (2015). Producciones transmedia de no ficción. Análisis, experiencias y tecnologías. UNR Editora.
Storsul, T. & Krumsvik, A. H. (2013). Media Innovations. NORDICOM.
Uricchio, W. (2015). Mapping the intersection of two cultures: Interactive documentary and digital journalism. MIT Press.
Vázquez-Herrero, J. (2021). Nuevas narrativas en los cibermedios: de la disrupción a la consolidación de formatos y características. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 27(2), 685–697. https://doi.org/10.5209/esmp.70222
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamento dos datos e da información xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (clases expositivas teóricas, clases interactivas de carácter práctico e traballos complementarios de carácter teórico-práctico, tanto individuais como grupais titorizados), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Entre os métodos empregados están:
- Clase maxistral
- Presentación na aula
- Estudos de casos
- Debate
- Prácticas Aula Informática
- Prácticas de campo
- Aprendizaxe baseada en proxectos
- Aprendizaxe-servizo
- Aula invertida
- Asistencia a conferencias ou outros eventos
- Design thinking
- Gamificación na aula
As sesións expositivas correspóndense coas leccións maxistrais e propoñeranse actividades, lecturas, debates, exposicións ou estudos de caso, para favorecer a adquisición de coñecementos e competencias ao longo de todo o semestre. Nas sesións interactivas, o alumnado pon en práctica os coñecementos a través exercicios e proxectos, traballando tanto en equipo como de xeito individual. O estudante utilizará equipos de gravación de son e imaxe, software de edición multimedia e CMS.
A docencia presencial complementarase con recursos e actividades programadas a través do campus virtual (Moodle) e das ferramentas dispostas pola universidade.
O alumnado recibe atención personalizada en titorías e polas canles de comunicación dispostas pola USC (correo electrónico, Microsoft Teams e campus virtual).
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia. Os instrumentos de avaliación previstos son:
- Probas de coñecementos: 30%
- Actividades de avaliación continua (exercicios de aplicación teórica, debates, exposicións, tests, participación activa e positiva): 20%
- Prácticas experimentais: 50%
Na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o estudante ten aprobada unha parte da materia, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. En caso de dispensa de asistencia ás expositivas, o sistema de avaliación constará de exame (50%) e prácticas (50%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, das actividades programadas e do material que se actualiza no campus virtual da USC.
Beatriz Gutierrez Caneda
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- beatriz.gutierrez.caneda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Jorge Vázquez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
22.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |