Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da lingua española e dos seus estándares, facendo fincapé no seu uso na produción de información xornalística e audiovisual, tanto oral como escrita.
2. Análise da terminoloxía para a expresión de ideas e contidos.
3. Estudo da linguaxe en prácticas, contextos e técnicas xornalísticas e audiovisuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Expresión oral
1.1 Sons vocálicos e consonánticos
1.2 Agrupacións de sons en español
1.3 A pronuncia normativa.
1.4 O español e os seus estándares
Tema 2. Expresión escrita I
2.1 Regras ortográficas
2.2 Regras de puntuación
2.3 Normas ortotipográficas
Tema 3. Expresión escrita II. O texto
3.1 Adecuación, coherencia e cohesión textual.
3.2 A estrutura textual
3.3 Rexistros xornalísticos
3.4 O significado implícito: presupostos e implicaturas
Tema 4. O léxico
4.1 Dicionarios e outros recursos lexicográficos
4.2 Préstamos e neoloxismos
CONTIDOS PRÁCTICOS
Tema 1: Recoñecemento de ditongos, tritongos e outras combinacións de sons en español. Recoñecemento da relación entre a pronuncia e os estilos de fala Pronuncia de agrupacións de sons con alternativas non estándares. Recoñecemento da función da entoación e das pausas na produción do significado do texto. Exercicios de lectura en voz alta. Recoñecemento das particularidades fonéticas e entoacionais das grandes áreas dialectais do español.
Tema 2: Dificultades ortográficas do español. A puntuación do texto. Normas de tipografía textual.
Tema 3: Recoñecemento das unidades e fenómenos de cohesión textual. Identificación e explicación de problemas de coherencia. Ordenación do contido textual. Estratexias de presentación da información. Recoñecemento de diferentes rexistros xornalísticos e das súas propiedades lingüísticas. Recoñecemento de presupostos e implicaturas e a súa función informativa.
Tema 4: Análise e explotación de dicionarios. Exercicios con léxico xornalístico, formación de palabras, préstamos e anglicismos.
BIBLIOGRAFIA OBRIGATORIA
Academia, Real __ Española (2010). Ortografía española. Espasa.
Academia, Real ___ Española (2010). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Espasa.
Academia, Real __ Española (2013). El buen uso del español. Espasa.
Academia, Real__ Española (2018). Libro de estilo de la lengua española según la norma panhispánica. Espasa
Alcoba, Santiago, Aguilar, Lourdes & Mendoza, Susana (2005). La expresión oral. Ariel
Aleza Izquierdo, Milagros (Coord.) (2006). Lengua española para los medios de comunicación. Usos y normas actuales. Valencia: Tirant Lo Blanc.
Cerezo, Manuel (1997). Texto, contexto y situación. Guía para el desarrollo de las competencias textuales y discursivas. Octaedro.
Cuenca, María Josep (2010). Gramática del texto. Arco Libros.
García Platero, J. M. (2006). El léxico de los medios de comunicación. E-Excellence (Liceus)
Diccionarios
Academia, Real __ Española (2014). Diccionario de la lengua española. Espasa-Calpe. Actualización 2021: https://dle.rae.es
Asociación de Academias de la Lengua Española (ASALE): Diccionario de americanismos. https://www.asale.org/damer/
Grupo DiCE. Diccionario de colocaciones del español. Versión online: http://www.dicesp.com/paginas
-----------------------------
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Briz, Antonio (Coord.) (2008). Saber hablar. Aguilar.
Durante, Ana (2015). Guía práctica de neoespañol. Enigmas y curiosidades del nuevo idioma. Debate.
Girón, José Luis (1993). Introducción a la explicación lingüística de textos. Edinumen.
Grijelmo, Álex (2014). El estilo del periodista. Taurus.
Mancera, Ana (2011). ¿Cómo se «habla» en los cibermedios?: el español coloquial en el periodismo digital. Peter Lang.
Montoliu, Estrella (2018). Manual de escritura académica y profesional. 2 Vols. Ariel.
Pons, Lola (2020). El árbol de la lengua. Arpa.
Vellón Lahoz, Francisco Javier (2014). Lengua española para comunicadores (Periodismo). Universitat Jaume I.
CON.1 - Coñecer o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.6 - Identificar os referentes que permitirán a construción do pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.1 - Aplicar técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para elaborar información xornalística.
COM.6 - Aplicar de forma profesional e ética os coñecementos e habilidades adquiridos no ámbito da Comunicación, tomando como referencia os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
1. Clase maxistral expositiva impartida pola profesora.
2. Aula invertida na que se combinará a aprendizaxe autónoma mediante materiais e actividades que permitan unha preparación previa coa docencia presencial na aula, como espazo de debate, resolución de dúbidas e profundización.
3. Estudo, revisión e análise previos de materiais didácticos antes da sesión presencial coa profesora.
4. Foros de discusión interactivos de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas.
5. Seminarios interactivos e grupais de traballo dirixido polo profesor, centrados na resolución de exercicios, análise de textos e casos.
1. Primeira oportunidade
Puntuación obtida nos exercicios prácticos (50%) e proba de coñecementos o día do exame fixado pola Facultade (50%).
2. Segunda oportunidade
Realizarase unha proba de coñecementos na data fixada pola Facultade (50%). Á cualificación desta proba sumarase a puntuación obtida polos exercicios prácticos na primeira oportunidade.
EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado con exención de docencia deberá preparar a materia utilizando os materiais de lectura e bibliografía aloxados no campus virtual ou dispoñibles na Biblioteca. Asemade, deberán realizar os exercicios relacionados con cada tema e entregalos a través do campus virtual no prazo establecido.
O sistema de avaliación consistirá na suma da cualificación obtida nestes exercicios (50%) máis a nota do exame que terá lugar na data fixada pola Facultade (50%).
NOTA:
O sistema de avaliación establece que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para aprobar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: «Nos supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións».
De conformidade coa normativa vixente na USC para estudantes de Grao e Mestrado (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, será obxecto de avaliación e, en consecuencia, A cualificación final do alumno non será en ningún caso “Non Presentada”.
Tempo de estudo e traballo persoal para superar a materia
1. Docencia teórica: 24 horas
2. Docencia interactiva: 24 horas
3. Titorías en pequenos grupos: 3 horas
4. Probas de avaliación: 3 horas
5. Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Yolanda Iglesias Cancela
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- yolanda.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositiva 1 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Seminario 1 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositiva 1 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Seminario 1 | Castelán | Aula 2 |
07.01.2025 10:00-14:00 | Expositiva 1 | Aula 8 |
12.06.2025 16:00-20:00 | Expositiva 1 | Aula 3 |