Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da información radiofónica.
2. Estudo das características específicas da redacción radiofónica. Análise das diferentes formas de construir a información en radio.
3. Estudo e análise dos tipos de programas informativos e as súas características en radio.
4. Estudo de técnicas de deseño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos radiofónicos.
CONTENIDOS TEÓRICOS
TEMA I
1.1. A redacción radiofónica nos informativos. Escribir para a radio
1.2. Estrutura e características dunha noticia estándar
1.3. Os diferentes formatos de noticias
1.4. A redundancia
1.5. O raccord
TEMA II
2.1. O informativo principal de noticias. Estrutura e características
2.2. Organigrama dunha redacción e proceso de traballo para facer un informativo. Dirección, produción, redacción, posprodución e presentación-emisión
2.3. Estrutura dun informativo radiofónico. Elementos que interveñen nun informativo. Criterios xeográficos e criterios temáticos
2.4. O guión dos informativos. Funcións do guión. Tipos de guión. O minutado
2.5. Tipos de informativos radiofónicos: segundo o formato, segundo o contido e segundo a hora de emisión
2.6. As fórmulas “Todo noticias”
TEMA III
3.1. O tratamento da información radiofónica. Características e tratamento da linguaxe informativa. O libro de estilo radiofónico
3.2. Mecanismos para o tratamento da información: a montaxe
3.3. O tratamento estético e o tratamento de contido ou informativo. Como conxugar os dous elementos
3.4. Estética sonora e estética gráfica. O tratamento visual do texto
3.5. Cómo transmitir a sensación de actualidade: as referencias horarias e o uso dos verbos. As referencias espazo-temporais no tratamento da información
TEMA IV
4.1. As fontes informativas na información radiofónica
4.2. Tipos de fontes informativas
4.3. O tratamento das fontes informativas na radio
4.4. Cómo contrastar as fontes
4.5. Diferenza entre información e opinión
4.6. As citas in voce
4.7. Outras singularidades das fontes na radio
TEMA V
5.1. Os condicionantes da información radiofónica
5.2. A censura. Mecanismos e obxectivos. Variedades e graos de censura
5.3. O contexto da información
5.4. A interpretación da realidade a través da información
5.5. Criterios para converter un feito en noticia
TEMA VI
6.1. Factores que determinan a expresividade da información radiofónica
6.2. A información radiofónica desde o punto de vista narrativo
TEMA VII
7.1. O tratamento espazo-temporal da información radiofónica
7.2. O espazo sonoro na radio
7.3. A información en directo e a información en diferido
TEMA VIII
8.1. A audiencia como destinataria da información
8.2. As distintas audiencias. Características de cada unha
8.3. A audiencia como consumidora de información. Criterio comercial
8.4. A audiencia como receptora da información. Criterio xornalístico
8.5. Educar a audiencia ou satisfacer as súas demandas
8.6. Evolución da audiencia radiofónica
TEMA IX
9.1. Os informativos como unidades especiais dentro da programación radiofónica
9.2. O informativo como unidade radiofónica autónoma
9.3. O informativo dentro da macroestrutura da programación
TEMA X
10.1. O magazine. Características e estrutura
10.2. O guión do magazine
10.3. O tratamento da información no magazine
TEMA XI
11.1. Os informativos monográficos ou especiais
11.2. Características dun informativo monográfico
11.3. Factores que xustifican a elaboración dun monográfico
11.4. Estrutura dun informativo monográfico
11.5. Cómo se prepara un informativo monográfico. Fases de investigación, documentación e selección de información
TEMA XII
12.1. O deseño de informativos
12.2. Elementos que hai que ter en conta para deseñar un informativo
CONTENIDOS PRÁCTICOS
Catro informativos de media hora de duración cada un
Un monográfico dunha hora de duración
Un magazín dunha hora de duración
Bibliografía básica
BALSEBRE, A., La credibilidad de la radio informativa, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1994.
BALSEBRE, A.; MATEU, M., e VIDAL, D., La entrevista en radio, televisión y prensa, ed. Cátedra, Madrid, 1998.
CEBRIÁN HERREROS, M., Información radiofónica. Mediación técnica, tratamiento y programación, ed. Síntesis, Madrid, 1994.
MARTI, J. M., Modelos de programación radiofónica, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1993.
MERAYO PÉREZ, A., Para entender la radio. Estructura del proceso informativo radiofónico, Publicaciones Universidad Pontificia de Salamanca, 1992.
RODERO ANTON, E., Producción radiofónica, ed. Cátedra, Madrid, 2005.
SOENGAS, X., Informativos radiofónicos, ed. Cátedra, Madrid,2003.
A bibliografía complementaria constará de lecturas relacionadas coa actualidade informativa do momento.
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construcción dun pensamento crítico aplicado ó xornalismo.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración da información periodística.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramientas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade periodística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos periodísticos en distintos medios, soportes e contextos.
COM.5 - Elexir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espíritu emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecimentos e as habilidades adquiridas de forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía de ensinanza consta dunha combinación de clases teóricas e gravacións de informativos, nas que se poñen en práctica os coñecementos teóricos explicados na clase. Logo, a través da bibliografía, afóndase naqueles conceptos que se consideran máis importantes.
A materia consta dunha parte teórica, que se corresponde co temario oficial, e doutra parte práctica, que se compón de catro informativos de media hora de duración cada un, un monográfico dunha hora e un magazín, tamén dunha hora. Para aprobar a parte práctica é necesario realizar todos os exercicios que se programen na clase (estar presente na gravación e na súa corrección) e para superar a parte teórica haberá un exame final sobre o programa da materia e sobre a bibliografía. Amáis da bibliografía obrigatoria mencionada, se procede, na clase tamén se facilitarán textos que poidan ser necesarios para ampliar algún tema.
A parte práctica da materia supérase exclusivamente facendo todas as gravacións programadas durante o curso. Por tratarse de prácticas que, polas súas características, teñen que realizarse en grupo, non se poden recuperar logo de xeito individual. Polo tanto, os alumnos que suspendan as prácticas en xaneiro non poderán examinarse desa parte en xullo. Así, o exame de xullo só será para aqueles alumnos que únicamente teñen pendente a teoría.
A nota final será a media da teoría e das prácticas (50% cada parte).
É imprescindible facer todas as prácticas para aprobar a materia. Tamén é necesario ter aprobadas a teoría e máis a práctica para facer a media das dúas partes.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
É importante asistir ás gravacións de tódolos informativos que se propoñen porque na elaboración dos programas aplícanse os conceptos teóricos explicados na clase.
Jose Soengas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
17.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
17.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
16.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |