Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da fotografía como elemento informativo. Análise da imaxe como discurso fotográfico-xornalístico. Xénese histórica, función e aplicación da foto nos medios.
2. Análise de xéneros e propostas narrativas no fotoperiodismo.
3. Evolución da fotografía no contexto informativo.
4. Estudo da edición e presentación de material gráfico para os medios de comunicación escritos, audiovisuais e dixitais. Tratamento da imaxe xornalística. Técnicas fotográficas e as súas aplicacións en prensa.
5. Análise da narrativa visual e edición fotográfica. Técnicas de traballo e estratexias informativas para fotoperiodistas nas contornas dixitais.
6. Estudo do tratamento informativo da imaxe e os códigos deontolóxicos.
CONTIDOS TEÓRICOS. Evolución, debates e formatos do fotoxornalismo
Tema 1. A fotografía para a prensa: a conformación dos códigos
1.1. A foto como foto para a prensa: ben público, mediación técnica e conquista da instantánea
1.2. O "efecto-verdade" e as regras do discurso xornalístico
1.3. Punto de vista e toma de posición: da fotografía de documentación social e da foto documental: Jakob Riis, Lewis Hine e Ruth Matilda Anderson
1.4. Xornalismo fotográfico: os inicios da súa idade de ouro na República de Weimar
Tema 2. A xeración da Leica: as revistas ilustradas, as fotoxoreportaxes e os realismos
2.1. A xeración da Leica e os inicios da idade dourada do fotoxornalismo
2.2. Da candid-photo e da fotomontaxe como variacións: Paul Strand, John Heartfield e Aleksander Rodchenko
2.3. O sentido da "posta en páxina". Os novos modelos: AIZ e Berliner Illustrierte Zeitung. De Europa a América: VU, Life
2.4. Fotografía documental: o proxecto da Farm Security Administration
Tema 3. Fotoxornalismo e conflitos (I): a guerra como acontecemento, a creba do século da Guerra Civil española á II Guerra Mundial
3.1. A primeira guerra fotoxornalística: a Guerra Civil española
3.1.1. O colectivo Robert Capa: Andrei Friedman e Gerda Taro
3.1.3. O fotoxornalismo de guerra en Galicia e Cataluña: Pacheco e Centelles
3.2. A Segunda Guerra Mundial
3.2.1. Reporteiros, cineastas e soldados
3.2.2. Lee Miller: do surrealismo á foto bélica
3.2.3 Retratar o horror: as imaxes dos campos de concentración (Boix)
Tema 4. De profesión "reporter": a fundación de Magnum, o ensaio fotográfico e a liña de autor na fotoxornalismo
4.1. A protección da autoría: a fundación da Axencia Magnum e a convención de Berna
4.2. Eugene Smith e o foto-ensaio. Cartier-Bresson e o instante decisivo
4.3 Da fin da foto humanista aos novos fotógrafos documentais
4.3.1. Steichen e The Familiy of Man
4.3.2. Robert Frank e os Os Americanos
4.3.3. William Klein, Friedlander e Winogrand
Tema 5. Fotoxornalismo e conflitos (II): Do “efecto Vietnam” á crise do fotoxornalismo
5.1. O "efecto-Vietnam"
5.2. Censura e guerras "non declaradas". I e II Guerra do Golfo: A fronte fotográfica. Foto de guerra contra xornalismo
5.3 Revulsivos: Gervasio Sánchez nos Balcáns, James Nachtway en Ruanda e Sebastiao Salgado
Tema 6. Documentalismo fotográfico contemporáneo e posfotografía
6.1. Anna Turbau, Cristina García Rodero, Pilar Aymerich e Colita
6.2. Graham Smith, Paul Graham, Martin Parr, Anna Fox, Karen Knor, Chris Killip
6.3. As guerras contemporáneas: Ucraína e o xenocidio en Palestina
6.4. Posfotografia, hiperrealismo e función da fotografía de prensa: o caso de Jonas Bendiksen
Tema 7. O fotoxornalista perante os novos medios
7.1. Formatos, estéticas, xéneros e novas vías de distribución
7.2. Prácticas e procesos no fotoxornalismo contemporáreno: Samuel Aranda, Emilio Morenatti, Manu Brabo, Maysun
7.3. Novas vías no fotoxornalismo galego: o colectivo Ollo
CONTIDOS PRÁCTICOS: O proceso de creación fotoxornalística no contexto contemporáneo
1. Introdución á técnica fotográfica
Parámetros básicos da cámara: diafragma, obturación, ISO. Ópticas. Distancia focal. Exposición e enfoque. Profundidade de campo. Equipo básico fotoxornalístico
2. A mirada: fundamentos de encadre e composición
A fotografía antes do disparo: realidade e espazo; horizonte, volume, profundidade. O centro de interese, puntos e liñas de fuga, simetría, contraste lumínico e cromático. Perspectiva e punto de vista: na procura dun estilo propio
3. Posta en escena, verdade, veracidade
Fotografía narrativa e fotografía de síntese no contexto das fotoreportaxes e da foto documental. Persoas e personaxes: o retrato informativo, o retrato interpretativo, a noticia-retrato. A fotografía de viaxe. A posta en páxina da fotoreportaxe
4. O fotoxornalismo, presente e futuro
Fotoxornalismo e postverdade. Integridade profesional no entorno tecnolóxico. A “democratización da fotografía” e o “cidadán fotoxornalista”. As RRSS, novos escenarios de comunicación fotoxornalística. O smartphone: unha arma cargada de intimidade
5. O proxecto fotoxornalístico: idea, planificación e desenvolvemento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Baeza, P. (2001). Por una función crítica de la fotografía de prensa. Gustavo Gili.
Bull, S. (2020). A companion to Photography. Wiley.
Freund, G. (2010). La fotografía como documento social.Gustavo Gili.
Good, J. & Lowe, P. (2017). Understanding Photojournalism. Routledge
Kobré, K. (2006). Fotoperiodismo: el manual del reportero gráfico. Omega.
Ledo, M. (1998). Documentalismo fotográfico. Cátedra.
Sousa, J.P. (2000). Uma história crítica do fotojornalismo ocidental. Chapecó, Grifos.
Gervais,T. (2017). The making of visual news : a history of photography in the press. Routledge
Varios autores(2006). Fotoperiodismo y edición. Editorial Universitas.
Yapp, N. & Hopkinson, A. (2012). Photojournalism. H.F.Ullmann Publising.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Addario, L. (2016). En el instante preciso. Vida de una fotógrafa en el amor y en la guerra. Roca.
Barthes, R. A. (2003). A cámara clara. Reflexión sobre a fotografía. Laiovento.
Benjamin,W.(1973). Discursos interrumpidos. , Taurus.
Bourdieu, P. (2003). Un arte medio: ensayo sobre los usos sociales de la fotografía. Gustavo Gili.
Didi-Huberman, G. (2014). Pueblos expuestos, pueblos figurantes. Manantial.
Easterby, J. (2006). 150 proyectos de fotografía: técnicas esenciales, ejercicios y proyectos. Blume.
Fontcuberta, J. (2010). La cámara de Pandora. Gustavo Gili.
García de Cortázar, F. (2010). Las fotos que hicieron historia. 1900-2011. JdeJ Editores.
Golden, R. (2011). Fotoperiodismo. Los fotógrafos de noticias más importantes del mundo. Lisboa.
Jeffrey, I. (1999). La fotografía. Barcelona, Destino, 1999.
Lebrun, B. & Lefebre, M.(2011). Robert Capa. Las huellas de una leyenda. Lunwerg.
Ledo, M. (1988).Foto-xoc e xornalismo de crise. Do Castro.
Pastoriza, F.(2014). Qué es la fotografía. Lunwerg.
Payne, S. (2005). Imágenes inéditas de la Guerra Civil (1936-1939). Las mejores fotos de la Agencia EFE. Agencia EFE.
Pogue, D. (2009). Fotografía digital. Anaya Multimedia.
Salked, R. (2014). Cómo leer una fotografía. Gustavo Gili.
Sontag S. (2003). Olhando o sofrimento dos outros. Gótica.
Yapp, N. & Hopkinson, A. (1995). 150 years of photo journalism. The Hulton Deutsch Collection. Köneman.
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía de ensino combina nesta materia a clase maxistral, prácticas de laboratorio, a resolución de problemas, o estudo de caso, o debate, o seminario, a metodoloxía baseada na investigación, o traballo tutelado, foros de discusión e a asistencia a conferencias.
Probas de coñecementos:50%
Prácticas experimentais: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia. De non ser así, poderase recuperar unha das partes na segunda oportunidade (gardándose a nota da outra) ou ambas se fose preciso. A parte teórica avaliarase cun exame e a parte práctica con diversas entregas distribuídas ao longo do cuadrimestre e cun proxecto final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase a participación activa nas aulas, o traballo continuado sobre os materiais do Campus Virtual, a lectura da bibliografía recomendada e a exploración de exposicións, actividades e eventos fotográficos, isto facilitará moito a adquisición de competencias. Do mesmo xeito, recoméndase o visionado de documentais sobre fotoxornalismo, a análise diaria da foto de prensa e o seguimento en redes sociais de fotógrafos en activo.
Jose Antonio Cascudo Rodriguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- jose.cascudo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
26.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
26.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
30.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |