Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Despois do estudo desta materia o alumnado debería ser capaz de:
- Coñecer e comprender a idea de Contabilidad como sistema de información
- Coñecer e comprender os conceptos económicos básicos utilizados na xestión empresarial (patrimonio, resultado, ingresos, gastos, activo, etc.)
- Identificar os feitos contables así como aprender a rexistralos seguindo o método contable
- Comprender o ciclo contable da empresa e as bases de presentación da información de síntese básica: Balance e Conta de Perdas e Ganancias.
- Comprender a utilidade da análise dos estados contables para a dirección e outros usuarios da información contable.
TEMA I: INTRODUCIÓN Á CONTABILIDADE.
1. Que é a contabilidade?. Tipos de contabilidades.
1.1. A Contabilidade Xeral.
2. Planificación e normalización contable.
3. Estrutura do Plan Xeral de Contabilidade (2007).
3.1. O marco conceptual da contabilidade.
3.2. As contas anuais.
3.3. Requisitos da información a incluír nas contas anuais.
3.4. Principios e normas de contabilidade xeralmente aceptados.
TEMA II: O PATRIMONIO EMPRESARIAL.
1. Definición de patrimonio.
2. A composición do patrimonio. Os elementos patrimoniais.
2.1. Elementos activos ou de activo.
2.2. Elementos pasivos ou de pasivo.
2.3. Elementos do patrimonio neto.
2.4. A ecuación fundamental do patrimonio.
2.5. Os ingresos e os gastos.
3. As masas patrimoniais. A ecuación fundamental do patrimonio.
4. Os elementos patrimoniais e as contas anuais segundo o marco conceptual (PGC, 2007).
4.1. O Inventario.
4.2. O Balance de Situación.
4.3. Diferenzas entre o Inventario e o Balance de Situación.
TEMA III. ANÁLISE DAS ESTRUTURAS ECONÓMICA E FINANCEIRA.
1. Concepto e composición.
2. A estrutura económica.
2.1. O activo fixo ou activo non corrente.
2.2. O activo circulante ou activo corrente.
3. A estrutura económica no Balance de Situación.
4. A estrutura financeira.
4.1. O patrimonio neto.
4.2. O pasivo non corrente.
4.3. O pasivo corrente.
5. A estrutura financeira no Balance de Situación.
6. Os elementos da estrutura económica e financeira no cadro de contas (PGC, 2007).
TEMA IV: ANÁLISE DOS RESULTADOS.
1. Gastos e ingresos imputados ao resultado do exercicio.
1.1. Ingresos da explotación.
1.2. Gastos da explotación.
1.3. Ingresos financeiros.
1.4. Gastos financeiros.
2. O resultado do exercicio: a Conta de Perdas e Ganancias.
3. Os gastos e ingresos no cadro de contas (PGC, 2007).
TEMA V: A CONTA COMO INSTRUMENTO DE REPRESENTACIÓN E O MÉTODO CONTABLE DE REXISTRO.
1. Definición de conta.
2. Tecnicismos das contas.
3. Clasificación e convenios de cargo e aboamento das contas.
3.1. Contas de Balance.
3.2. Contas de xestión.
4. Fases do rexistro contable.
5. O método de rexistro. O principio de dualidade.
5.1. Criterios de recoñecemento segundo o marco conceptual (PGC, 2007).
5.2. Definicións e relacións contables (PGC, 2007).
TEMA VI: O CICLO CONTABLE.
1. Esquema do proceso contable.
2. Disposicións normativas sobre libros e rexistros contables.
2.1. O Código de Comercio. Libros dos empresarios.
2.2. Principios contables (PGC, 2007).
2.3. Criterios de valoración e normas de rexistro e valoración.
3. A apertura da contabilidade.
3.1. O inventario inicial.
3.2. O asento de apertura.
4. Os asentos de xestión.
5. O Balance de Comprobación.
6. O proceso de regularización.
6.1. Asentos de axuste.
6.2. Asentos de regularización.
7. O peche da contabilidade.
7.1. O inventario final.
7.2. O asento de peche.
8. Elaboración das contas anuais.
9. Depósito e publicación das contas anuais.
TEMA VII: O INMOBILIZADO NON FINANCEIRO.
1. Concepto e clasificación.
2. Operacións co inmobilizado non financeiro.
2.1. Altas en inventario (compra, fabricación, arrendamento financeiro, aluguer).
2.2. Modificacións de valor.
2.3. Amortizacións.
2.4. Perdas por deterioración.
2.5. Baixas de inventario.
2.6. Outras operacións.
TEMA VIII: AS OPERACIÓNS CON EXISTENCIAS E PRESTACIÓNS DE SERVIZOS.
1. Concepto e clasificación.
2. As compras e vendas de existencias.
2.1. Problemática contable dos envases e embalaxes.
2.2. Os descontos en factura e fóra de factura.
2.3. As fichas de inventario permanente.
3. Os ingresos por prestacións de servizos.
4. Correccións valorativas.
LARRAN JORGE, M. (2009): Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica. Ediciones Pirámide.
ALCARRIA JAIME, J. J. (2012). Introducción a la contabilidad. Publicacions de la Universitat Jaume I. Disponible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ALCARRIA JAIME, J. J. (2009). Contabilidad financiera I. Publicacions de la Universitat Jaume I. Disponible en http://hdl.handle.net/10234/24002
LEXISLACIÓN:
- Texto refundido coas modificacións introducidas por: o Real Decreto 1159/2010, do 17 de setembro, o Real Decreto 602/2016, do 2 de decembro e o Real Decreto 1/2021, do 12 de xaneiro, en vigor para os exercicios iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2021.
https://www.icac.gob.es/sites/default/files/2021-03/Texto%20refundido%2…
En xeral, calquera manual de contabilidade financeira adaptado ao Plan Xeral de Contabilidade aprobado no ano 2007 será apropiado para o estudo desta materia.
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grado de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese
CT6 - Resolución de problemas.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe
CT10 - Traballo en equipo
ESPECÍFICAS
A6 - Elementos básicos de Contabilidade
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido
Dada as características da materia, préstase especial atención ás actividades presenciais. A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual.
As sesións na aula teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumnado a información básica necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
Tras as exposicións de cada un dos temas, expomos diferentes actividades e exercicios prácticos, que haberán de resolverse de forma individual e/ou en grupos reducidos.
Os materiais didácticos utilizados no desenvolvemento da materia, así como todo o material de apoio á docencia atópase na aula virtual da materia.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Considérase moi importante a participación activa e continua nas actividades propostas durante o curso, xa que, ademais de que a realización adecuada das mesmas é considerada na cualificación final, permitirá ao alumnado alcanzar os obxectivos da materia.
A continuación, sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación da materia, diferenciando os criterios e os instrumentos para a súa determinación, así como o peso que terán na cualificación final:
Avaliación: Avaliación continua + proba final (obrigatoria)
Proba final: exame (PF)
PESO: Valor 70% ( ata 7 puntos)
Para poder superar o exame será necesario obter 2.8 puntos dos 7 posibles.
Avaliación continua (AC).
PESO: 30% (ata 3 puntos)
Aspectos a avaliar:
- Exercicios prácticos e/ou teóricos a resolver e entregar polos estudantes ao longo do cuadrimestre.
- Participación activa nas clases
- Actividades de avaliación obrigatorias sen puntuación. Non realizalas nos prazos indicados conlevan a nota 0 na AC
- Probas de avaliación, a condición de que alcancen unha puntuación mínima. A relación destas probas publicarase na guía docente da materia.
Nota final: Cumprindo los mínimos, a nota final é PF+AC
Mínimo para superar la materia: 5 puntos na nota final e 4 puntos sobre 10 ( ou 2,8 sobre 7) na PF.
*** Este sistema de avaliación é o mesmo en cada unha das oportunidades de exame (maio/xuño e xullo) e para todo o alumnado, sexan de primeira matrícula ou repetidores.***
Dispensa de asistencia
O alumnado que acredite de forma oficial que lles foi concedida dispensa de asistencia a clase realizarase un exame cuxa valoración será do 100% na cualificación final. Para superar a materia o alumnado con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10.
Realización fraudulenta de actividades
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión da cualificación (DOGA 21-07-2011).
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CT1, CT6, CT9, CT10, A6 e D6.
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CT1, CT6, CT9, A6 e D6.
Total horas de traballo presencial na aula 60
Total horas de traballo persoal do alumnado 90
Asistencia ás clases expositivas así como á docencia interactiva
- Consulta de dúbida en titorías
- Consulta dos manuais recomendados e das lecturas complementarias
- Realización dos supostos prácticos alternativos ós desenvolvidos nas aulas
- Estudo continuo da materia, dada a estreita relación entre os seus contidos
Esta materia conta con Aula Virtual que se utilizará como apoio á la parte teórica e práctica da materia, onde os estudantes terán dispoñibles tanto esquemas que lles poden axudar no estudo da mesma como os boletins de exercicios de auto evaluación. Tamén se empregarán as ferramentas de comunicación (e-mail, foro, Chat…) entre os estudantes e os profesores para plantexar debates e outras cuestión e dúbidas da materia.
Oscar Suarez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- ext-11608
- Correo electrónico
- oscar.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Castelán | Aula 6 |
14.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 3 |
14.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 5 |
14.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 6 |
17.06.2025 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 3 |
17.06.2025 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 5 |
17.06.2025 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 6 |