Ir o contido principal

Grao en Pedagoxía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato [at] usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de pedagoxia

O Grao en Pedagoxía ten por obxecto formar profesionais preparados para analizar, deseñar, poñer en funcionamento e avaliar plans educativos, formativos, laborais e de asesoramento e orientación adaptados aos diversos contextos, institucións e persoas que os demanden.

Duración: 4 anos académicos
Código RUCT: 2501110
Número prazas: 70

Decano/a ou director/a do centro:
MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

Coordinador-a do título:
Ana Vazquez Rodriguez
ana.vazquez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Nivel MECES: 2

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

Data de publicación no BOE:
5 de marzo de 2010 (correc. de erros no BOE do 13 de xullo de 2010)

Data da última acreditación:
18/01/2023

O título de Grao define ao Pedagogo/a como un/unha profesional que posúe coñecementos, habilidades e actitudes sobre políticas, sistemas, institucións, contornos, recursos e procesos educativos e formativos.

Está preparado/a para analizar, deseñar, poñer en funcionamento e avaliar plans, proxectos, servizos educativos, formativos, laborais e de asesoramento e orientación adaptados aos diversos contextos, institucións e persoas que os demanden. Sendo profesionais da educación que desenvolven a súa función en diversos contextos educativos e sociais, con capacidade para intervir nos ámbitos da formación e orientación laboral e do e-learning.

Antropoloxía da Educación

  • G3081101
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e da Educación

  • G3081102
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Psicoloxía Social da Educación

  • G3081103
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Socioloxía da Educación

  • G3081104
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Educación e Sociedade en Galicia

  • G3081105
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Economía da Educación

  • G3081106
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Políticas Socioeducativas e Dereitos Humanos

  • G3081107
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Psicoloxía do Desenvolvemento

  • G3081108
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Teoría da Educación

  • G3081109
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Documentación e Información Educativa

  • G3081110
  •  
  • Formación básica
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Didáctica

  • G3081221
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Educación Especial

  • G3081222
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Historia da Educación

  • G3081223
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Investigación Educativa

  • G3081224
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Orientación Educativa

  • G3081225
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade

  • G3081226
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Pedagoxía Social

  • G3081227
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Contextos Educativos

  • G3081228
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Pedagoxía Intercultural

  • G3081229
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Política e Lexislación Educativas

  • G3081230
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Diagnóstico Pedagóxico

  • G3081321
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Deseño e Implementación de Plans e Programas de Formación

  • G3081322
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Avaliación de Programas

  • G3081323
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Avaliación de Servizos e Institucións Educativas

  • G3081324
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Organización de Centros Educativos

  • G3081325
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Educación Comparada

  • G3081326
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Técnicas de Educación e Formación en Grupo

  • G3081327
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Tecnoloxía Educativa

  • G3081328
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Prácticum en Pedagoxía I. Deseño de Proxectos Educativos

  • G3081329
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 12 créditos

Prácticum en Pedagoxía II. Perspectiva Profesional en Pedagoxía

  • G3081421
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Anual
  •  
  • 18 créditos

Traballo Fin de Grao

  • G3081422
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Pedagoxía Laboral

  • G3081441
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Orientación Profesional

  • G3081442
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Formación en Rede

  • G3081443
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos

  • G3081444
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado

  • G3081445
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Dificultades de Aprendizaxe Escolar

  • G3081446
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Pedagoxía Hospitalaria

  • G3081447
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Pedagoxía Penitenciaria

  • G3081448
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Formación e Recursos Humanos

  • G3081449
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Multimedia e Software Educativo

  • G3081450
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Dirección, Organización e Xestión de Institucións Educativas

  • G3081451
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 6 créditos

Educación ao Longo da Vida

  • G3081452
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Pedagoxía Familiar

  • G3081453
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Para poder aprobar a materia G3081421 Practicum en pedagoxía II, os alumnos/as teñen que ter aprobada a materia G3081329 Practicum en pedagoxía I. Deseño de proxectos educativos e 120 créditos entre formación básica e obrigatorios.

Non se contemplan

Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, os alumnos poden ser admitidos na titulación do grao en Pedagoxía de reuniren os requisitos de acceso que estabelece a lei, recomendándose que os alumnos teñan un perfil formativo da área de humanidades e ciencias sociais.

As calidades desexábeis do futuro estudante do Grao en Pedagoxía son:

- Ter capacidade de iniciativa propia desde o punto de vista da análise crítica das realidades sociais e educativas.
- Boa capacidade para comunicar, expresar, argumentar ou dialogar.
- Ser sensíbel ás realidades da contorna, cunha perspectiva crítica, reflexiva e cooperativa.
- Sentido da responsabilidade, do compromiso coa tarefa, dos dereitos e deberes cara aos demais.
- Visión de grupo e condicións para traballar en equipo.

1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos.

A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.

Información programa alumnos titores:

Programa alumnos titores

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Poden acceder a estudos de Grao aqueles estudantes que posúan os títulos, diplomas ou estudos seguintes ou otros declarados equivalentes ou homologados a estes:
A.1. Bacharelato do Sistema Educativo Español, Bacharelato Europeo o Bacharelato Internacional.
A.2. Bacharelato procedente de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de otros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais.
A.3. Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Diseño ou Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español.
A.4. Outros estudos que, nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais en réxime de reciprocidade, acrediten os requisitos académicos esixidos en ditos Estados para acceder aos seus estudos universitarios.
A.5. Títulos universitarios oficiais de Diplomado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, Graduado ou Máster Universitario.
A.6. Estudos universitarios parciais, estranxeiros ou españois.
Tamén poderán acceder a estudios de Grao:
B.1. Persoas maiores de vintecinco anos que superen unha proba de acceso específica.
B.2. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cunha ensinanza universitaria.
B.3. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen unha proba de acceso específica.
Do mesmo xeito, poderán acceder a estudos de Grao:
C.1. Persoas que estiveran en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro.

O centro conta 14 aulas de uso xeral, con capacidade entre 50 e 120 postos, 9 aulas de seminario con 20 prazas cada unha, unha aula de dinámica de grupos, unha aula de informática dedicada á docencia, e unha aula de medios tecnolóxicos e de investigación en medios audiovisuais.

Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre que está dotada con 15 ordenadores, e mesas de traballo en grupo amplas para o traballo autónomo do alumnado.

Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

No campus sur, a Biblioteca está situada no módulo central que comparten as facultades de Ciencias da Educación e Psicoloxía. A Biblioteca conta con máis de 250 postos de lectura. No campus norte, a Biblioteca atópase na planta baixa do edificio da Facultade de C.C. da Educación, con máis de 80 postos.

1. Alcanzar unha base cultural e científica para saber identificar os referentes sociopolíticos, históricos, culturais e ambientais nos que se enmarca o dereito á educación e á formación ao longo da vida.
2. Lograr un nivel básico e preciso de coñecementos especializados nas bases epistemolóxicas e científicas do saber pedagóxico que permita o compromiso coa creación de coñecemento especializado, a innovación educativa e co marco deontolóxico do exercicio profesional
3. Deseñar, implementar e avaliar contornas, procesos, plans, programas e recursos de ensino-aprendizaxe en diversos contextos e para persoas diferentes.
4. Posuír os coñecementos e actitudes necesarios para actuar como axente de cambio e mellora en procesos de desenvolvemento persoal, profesional, institucional e comunitario.

Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente seencontra a un nivel que, ben que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;

Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente sedemostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;

Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;

Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;

Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

1. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
2. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
3. Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
4. Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
5. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.

COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Coñecer o mundo educativo e laboral.
Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos.
Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
Comprender os procesos de ensino-aprendizaxe e a súa incidencia na formación integral das persoas.
Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas.
Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos.
Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.
Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e a formación.
Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.
Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensino-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos.
Avaliar sistemas e institucións educativas.
Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas.
Asesoramento a persoas e/ou grupos nos procesos educativos e formativos.
Asesorar sobre o uso pedagóxico dos medios e recursos educativos.
Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos procesos educativos e formativos.
Axudar a utilizar as estratexias idóneas de procura de emprego.
Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais dispoñibles.
Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
Orientar no deseño de proxectos profesionais.

Mobilidade

A Facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida.

A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsábel de programas de intercambio, a persoa responsable da UAXCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

Prácticum
O Título de grao de Pedagoxía inclúe 30 créditos de prácticas externas, Practicum, de carácter obrigatorio.
Para poder desenvolvelo, establecéronse convenios de colaboración coas administraciones e institucións sociais (fundacións, asociacións e ONG’s), a fin de regular a presenza do alumnado nos diferentes servizos e favorecer o traballo colaborativo entre a Universidade e os devanditos centros.

Traballo de Fin de Grao
Para poder matricularse do Traballo de Fin de Grao o alumnado deberá superar 150 créditos de formación básica e obrigatoria. No momento de presentación do traballo deberá ter superados 234 créditos.

Profesorado
David Alvarez Caneda
Nicolás Avendaño Carballo
Kateline De Jesus Brito Tavares
Jose Antonio Caride Gomez
Lorena Casal Otero
Beatriz Cebreiro Lopez
Maria Cristina Ceinos Sanz
Julio José Conde López
Julia Maria Crespo Comesaña
Maria Isabel Dans Alvarez De Sotomayor
Maria Julia Diz Lopez
Iris Estevez Blanco
David Facal Mayo
Elena Fernandez Rey
Maria Dolores Fernandez Tilve
Jose Pablo Franco Lopez
Jesus Garcia Alvarez
Beatriz Garcia Antelo
Fatima Maria Garcia Doval
Rebeca Garcia Murias
Pablo Gayo Perez
Adriana Gewerc Barujel
Agustin Godas Otero
Begoña Gomez Vazquez
María González Blanco
Rita Gradaille Pernas
María Del Carmen Gutierrez Moar
Silvana Longueira Matos
Silvia Lopez Gomez
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
Francisco Mareque Leon
Pablo Angel Meira Cartea
Igor Mella Núñez
Gabriela Dolores Miguez Salina
Maria Josefa Mosteiro Garcia
María Esther Olveira Olveira
Paula Outon Oviedo
Ana Maria Porto Castro
Diana Priegue Caamaño
Anais Quiroga Carrillo
Tania Ramos Garcia
Inés Ramos Trasar
Javier Riadigos Couso
Antonio Rodriguez Martinez
Jesus Rodriguez Rodriguez
Stefany Marian Sanabria Fernandes
Maria Del Mar Sanjuan Roca
Miguel Angel Santos Rego
Alejandro Sotelino Losada
Yesica Teijeiro Boo
Cristina Varela Portela
Ana Vazquez Rodriguez
María Lourdes Vellón Nogueira
Esther Vila Couñago
Milena Villar Varela

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

68,0

68,0

70,0

70,0

70,0

75,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

312,0

290,0

305,0

313,0

285,0

290,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

83,0

69,0

76,0

82,0

76,0

85,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

81,0

67,0

72,0

75,0

72,0

82,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

2,53

-17,28

7,46

4,17

-4,0

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

8,8377

-

9,1325

10,0948

10,4118

9,6422

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,96

-

0,98

1,28

1,75

1,03

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

1,28

1,03

1,31

1,28

1,4

1,72

Adecuación á demanda

IN10
Relación de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas

Número de estudantes preinscritos en primeira opción matriculados por primeira vez dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

42,65

-

40,0

31,43

27,14

36,0

IN12
Taxa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

119,12

-

102,86

107,14

102,86

109,33

Indicador

2017-2018

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,21

1,97

0,32

2,46

5,17

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN40
Taxa de abandono durante o primeiro curso

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de ingreso matriculados no título no curso académico X, que non se matricularon nos cursos X+1 e X+2, e o número total de estudantes desa cohorte de entrada que accederon no curso académico X.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

23,08

10,94

17,65

8,7

9,84

23,53

IN41
Taxa de abandono

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

10,96

24,24

23,08

14,06

19,12

8,7

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,01

96,31

96,31

97,08

95,49

96,26

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

4,45

4,4146

4,3148

4,45

4,3111

4,0851

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados)

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,2

96,78

94,89

92,61

96,58

98,49

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

28,7216

25,6947

25,6566

23,0636

22,4112

23,7864

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

74,2857

74,1786

73,1429

71,25

71,4286

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

27,7692

35,6154

37,6154

31,0

34,6154

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

93,43

94,05

97,9

97,13

94,82

93,55

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,2

96,82

94,96

94,24

97,67

98,8

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

83,56

71,21

61,54

81,25

77,94

84,78

IN51
Taxa de idoneidade na graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou antes e a súa cohorte de ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

72,6

66,67

52,31

68,75

76,09

70,49

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

87,84

90,58

94,29

94,3

90,55

90,05

Satisfacción

IN15
Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,6

3,4

-

4,51

4,5

3,96

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,06

3,7436

-

4,0

4,24

4,0556

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,1167

4,076

-

4,46

4,43

4,23

IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,2143

4,43

-

4,4

-

-

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,5307

2,7143

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,515

3,7619

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,9802

-

-

3,39

3,32

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,02

4,12

4,11

4,08

4,31

3,96

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,0464

4,2575

4,24

4,0821

4,4901

4,1615

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

49,6667

42,2383

43,6667

49,3333

36,5942

25,5892

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

68,75

71,88

72,41

66,67

70,97

77,42

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,0

77,08

76,0

66,0

84,62

86,79

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

42,0

41,67

34,0

30,0

28,85

33,96

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.