Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia responde de maneira directa á competencia de planificación que constitúe un compoñente substantivo do perfil profesional dos graduados/as en Pedagoxía. Trátase, por tanto, dunha materia teórico-práctica que pretende os seguintes obxectivos:
-Capacitar aos estudantes para realizar deseños de plans de formación.
-Coñecer as condicións necesarias para poñer en práctica plans e programas de formación.
-Analizar a realidade específica dos deseños e as prácticas curriculares e formativas de institucións/centros en diferentes contextos de intervención pedagóxica.
-Estudar e identificar os diversos enfoques e modelos de planificación da formación.
-Desenvolver e aplicar as diversas operacións e fases que require o deseño dunha proposta formativa.
-Analizar criticamente a estrutura, as dimensións e fases de propostas formativas, valorando a súa coherencia interna.
-Orientar e xestionar a planificación, desenvolvemento e avaliación de plans e programas de formación.
Estrutúranse en torno aos seguintes bloques:
BLOQUE TEMÁTICO 1.- O DESEÑO DA FORMACIÓN: ENFOQUES E MODELOS
-Tema 1. Concepto de planificación
-Tema 2. Enfoques e modelos de planificación
BLOQUE TEMÁTICO 2. A PLANIFICACIÓN DA FORMACIÓN
-Tema 3. Análise de necesidades
-Tema 4. Compoñentes estruturais
BLOQUE TEMÁTICO 3. IMPLEMENTACIÓN DE PLANS E ACCIÓNS FORMATIVAS
-Tema 5. A comunicación e habilidades didácticas do formador como compoñentes básicos dos procesos formativos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-Imbernón, F. (Coord.), (2016). Diseño, desarrollo y evaluación de los procesos de formación. Editorial Síntesis.
-Medina, A., e Sevillano, M. L. (2010). Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Universitas.
-Tejada, J., e Giménez, V. (2007). Formación de formadores. Thomnson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-Altuna Urdin, J., Cruz Iglesias, E., Aierbe Barandiaran, A., Madinabeitia Ezkurra, A., e Marko Juanikorena, I. (2021). Estudio de los espacios profesionales actuales de la Pedagogía: La voz del alumnado y de los profesionales. Teoría De La Educación. Revista Interuniversitaria, 33(2), 195–215. https://doi.org/10.14201/teri.23714
-Cano, E. (2015). Evaluación de la formación. Algunas lecciones aprendidas y algunos retos de futuro. En Revista Educar, vol. 51/1, 109-125. http://www.researchgate.net/profile/Elena_Cano/publication/270220173_Ev…]
-Domínguez, R., e Lamata, R. (Coords.), (2003). La construcción de procesos formativos en educación no formal. Narcea.
-López, J. (2005). Planificar la formación con calidad. CissPraxis.
-Medina, A., e Salvador, F. (2009). Didáctica General. Pearson.
-Monclús, A. (Dir.), (2000). Formación y empleo: enseñanza y competencias. Comares.
-Quiles-Piñar, L., e Rekalde-Rodriguez, I. (2021). Los y las pedagogas en el contexto empresarial: una aproximación a través de la literatura científica. Contextos Educativos. Revista De Educación, (27), 183–204. https://doi.org/10.18172/con.4505
-Tallón Rosales, S., Hervás Torres, M., Polo Sánchez, M. T., Fernández Jiménez, C., e Fernández Cabezas, M. (2018). El perfil formativo y profesional del graduado en pedagogía. Perspectiva actual de su inserción laboral. Revista INFAD De Psicología. International Journal of Developmental and Educational Psychology, 2(1), 295–306. https://doi.org/10.17060/ijodaep.2018.n1.v2.1230
-Tejada, J. (2004). Un sistema nacional de competencias profesionales, respuesta a los desafíos de la formación y el empleo. En A. Rial y M. Valcarce (Coords.), Actas do V Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Necesidades de formación e deseño curricular por competencias. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. https://www.researchgate.net/publication/270278715_UN_SISTEMA_NACIONAL_…
-Zabalza, M.A. (2007). Diseño y desarrollo curricular. Narcea.
Competencias Básicas:
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral , e soe atoparse nun nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencias Específicas:
CE2.1- Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
CE2.2- Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas.
CE2.3- Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
CE5.1- Asesoramento a persoas e/ou grupos nos procesos educativos e formativos.
CE6.3- Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
Competencias Transversais:
CT5- Implicarse activamente na toma de decisións.
Esta materia está concibida como un proceso que combina teoría e práctica.
A metodoloxía será activa e participativa e o desenvolvemento da materia deberá facilitar a actividade de cada alumno/a para que sexa capaz de construír o seu coñecemento, así como propiciar unha aprendizaxe autónoma. Por outra banda, esas características levaranse a cabo coa combinación de diferentes metodoloxías (método expositivo, método de discusión, método de indagación, estudo independente,...) para ter a oportunidade de implicarse nunha grande variedade de experiencias de aprendizaxe.
O desenvolvemento desta materia implica a realización de clases expositivas dirixidas a todo o grupo de alumnos/as nas que se presentarán e expoñerán os contidos. Nestas sesións, presentaranse tamén as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
Nas sesións interactivas da materia, levaranse a cabo 4 actividades cun carácter práctico e aplicado, entre as que destacan a análise de documentos e de experiencias, así como a elaboración de proxectos formativos. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Complementariamente, o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
Será preciso que os estudantes conten cun equipo informático de uso individual e con acceso a Internet tanto para a realización das prácticas de aula como para a avaliación.
No desenvolvemento da materia, pode preverse a realización de polo menos unha práctica de campo (fundamentalmente, visitas a centros ou encontros con profesionais,...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada dende cada una das materias participantes, así como a realización de actividades coordinadas con outras materias da titulación.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e levaranse a cabo no horario especificamente dedicado a tal fin polas profesoras da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. O horario de titorías será especificado a comezos de curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal presencial e on-line (a través do correo electrónico ou a través da plataforma Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia.
En relación ás cuestións que o alumnado formule ás docentes da materia mediante o correo electrónico, convén clarexar que deberá empregarse o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
Tomando como referencia os obxectivos e as competencias do programa, así como a preparación inicial do alumnado, a avaliación terá un carácter procesual e formativo ao longo do semestre.
Para a avaliación final, teranse en conta os seguintes elementos:
- Proba escrita: 50 % da cualificación final. Será imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2.5 puntos para ter en consideración os outros compoñentes da avaliación. A proba consistirá nun cuestionario síncrono realizado na Aula Virtual con presencialidade na aula física.
- Realización de traballos prácticos:
oDeseño dun proxecto formativo en grupo de 4-5 persoas, en base a supostos prácticos, que serán a base das prácticas (4) e actividades de aula a realizar. Representará o 40% da cualificación. A realización deste traballo requirirá o seguimento do mesmo por parte das profesoras da materia. Será imprescindible acadar unha nota mínima de 2 puntos nesta dimensión da avaliación.
oPresentación, exposición e defensa do proxecto formativo deseñado. Representará o 10% da cualificación.
O carácter procesual da materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase, salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención de docencia ou dispensa). No que atinxe á EXENCIÓN de docencia e á DISPENSA de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase, neste último caso, ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. En ambos supostos, o alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase elaborarán un proxecto formativo e/ou prácticas de aula de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido polas profesoras da materia, así coma o exame na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación. A totalidade dos traballos deberán ser entregados no prazo establecido polas docentes. A un tempo, apúntase que estes estudantes, unha vez concedida a dispensa de asistencia a clase ou a exención de docencia, deberán poñerse en contacto coas profesoras da materia nun prazo de 10 días a partir da concesión da mesma co fin de establecer un plan de titorización e seguimento individualizado.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia e participación, así como entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado de acordo co sistema de avaliación continua establecido (actividades prácticas e proba escrita), sendo necesario, para obter unha valoración positiva na materia, superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas.
Os proxectos formativos e prácticas entregadas na oportunidade de Xaneiro que obtivesen unha cualificación positiva manterá dita cualificación na oportunidade de Xullo. Sen embargo, aqueles alumnos/as que obtivesen unha cualificación de suspenso nos mesmos serán avaliados na oportunidade de Xullo ou na convocatoria extraordinaria de Xaneiro, a partir dunha proba escrita, coas características expostas anteriormente (cuestionario síncrono con presencialidade na aula física), que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que foran programados de xeito coordinado.
Nota de interese: recórdase que para aqueles casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisións de cualificacións.
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas: 20 horas
- Sesións interactivas: 20 horas
- Titorías e avaliación: 10 horas
Traballo persoal do estudante (100 horas):
- Estudo: 30 horas
- Realización de traballos prácticos: 50 horas
- Titorías e avaliación: 20 horas
Para poder acadar os propósitos formativos desta materia é preciso que os estudantes cursasen antes a materia de Didáctica que senta as bases conceptuais precisas para as operacións de deseño e implementación de plans de formación.
Será preciso que o alumnado conte cun equipo informático de uso individual, con cámara e micrófono, así como acceso a Internet para o traballo virtual síncrono e asíncrono.
PROFESORADO DA MATERIA:
Cristina Ceinos Sanz (Despacho Nº 18- Módulo A). Email: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es);
Teléfono: 8818 13823 (Coordinadora)
María del Mar Sanjuán Roca (Despacho Nº 22- Módulo A). Email: mariadelmar.sanjuan [at] usc.es (mariadelmar[dot]sanjuan[at]usc[dot]es); Teléfono: 8818 13811
-Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programadas de xeito conxunto e coordinado.
Así mesmo, na realización de traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental: Se as docentes da materia, de ser o caso, solicitan a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
oEvitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
oSempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
oImprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
oNon empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
oEvitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
-Perspectiva de xénero:
oRecoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/igualdad/guia-lenguaje-sexista-usc
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre as docentes e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-Asistencia a clase: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
No apartado terceiro de dita Normativa especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia.
-Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Del Mar Sanjuan Roca
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813811
- Correo electrónico
- mariadelmar.sanjuan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Cristina Ceinos Sanz
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Gom) | Castelán, Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego, Castelán | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 (Gon - Z) | Galego, Castelán | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |