Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pertence ao cuarto curso do Plano de Estudos do Grao de Pedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Materia Común Grao RD 1393/2007. O traballo nesta materia estará orientado cara á consecución dunha formación científica e unha competencia profesional no campo da dirección de centros educativos. Preténdese posibilitar a formación de futuros directores e directoras que fagan da súa actividade un exercicio continuo de aprendizaxe persoal e profesional. Nesta dirección propóñense como obxectivos:
1. Coñecer os marcos normativos que regulan a dirección dos centros educativos.
2. Examinar as características específicas do exercicio da dirección en diferentes contextos.
3. Identificar, formular e facer propostas de solución de problemas propios da dirección de centros educativos, mediante a selección e uso das fontes e datos pertinentes.
4. Analizar os significados do liderado no exercicio da dirección.
5. Adquirir habilidades e actitudes facilitadoras desta función: capacidades para o traballo en equipo, saber tomar decisións, habilidades para negociar, análises de conflitos, xestións de reunións, etc.
- Teorías e bases conceptuais da dirección e xestión de institucións educativas en sociedades complexas e cambiantes. Políticas e prácticas.
- Marcos normativos e regulación da función directiva no contexto español e galego. Directores/ as e equipos directivos.
- Dimensións da función directiva: xestión administrativa, dinamización curricular, apoio ao desenvolvemento profesional e a mellora da práctica docente.
- Profesionalización e formación de directores/ as e equipos directivos.
- Modelos, estilos de dirección e liderado educativo. O poder nas institucións educativas. Cambio e innovación.
- Mulleres e cargos: perspectivas de xénero na dirección e xestión de institucións educativas. Estudos e experiencias.
- Xestión de reunións, comunicación, colaboración e resolución de conflitos.
- Perspectivas de estudo sobre a dirección e xestión de institucións educativas. Enfoques e estratexias metodolóxicas.
Básica:
-Gairín, J. (2000). Organización de centros educativos. Praxis.
-Garza Flores, L. L. e Abreu, J. L. (2021). Modelos de liderazgo. Daena: International Journal of Good Conscience, A13, 16(3), 1-22. http://www.spentamexico.org/v16-n3/A13.16(3)1-22.pdf
-Gento, S. (1994). Política en la gestión educativa. Santillana S.A.
-Santos, M.A. (2009). (Coord.). Escuelas para la democracia. Cultura, organización y dirección de instituciones educativas.
-Lexislación actualizada.
Complementaria:
-Armas, M. (1998). Dirección integral de centros educativos. Tórculo.
-Bolívar Botía, A. (2014). Un liderazgo pedagógico en una comunidad que aprende. Revista Padres y Maestros / Journal of Parents and Teachers, (361), 23–27. https://doi.org/10.14422/pym.i361.y2015.004
-Diez, E. J., Terrón, E. e Anguita, R. (2006). La cultura de género en las organizaciones escolares. Motivaciones y obstáculos de acceso de la mujer a los puestos de dirección. Octaedro.
-Essomba, M. A. (2006). Liderar Escuelas interculturales e inclusivas. Graó.
-Introini Elissalde, E. (2023). La comunicación organizacional: construcción de sentidos posibles para acompañar los aprendizajes. Cuadernos de Investigación Educativa, 14 [Número especial]. https://doi.org/10.18861/cied.2023.14.especial.3345
-Paredes Giménez, J. e Francés Aloy, J. M. (2020). Análisis de la función directiva en las diferentes leyes educativas en España. DYLE: Dirección y liderazgo educativo, 8. https://www.dyle.es/analisis-de-la-funcion-directiva-en-las-diferentes-…
-Solano Galavis, K. M. (2024). Influencia de la gestión directiva sobre el desarrollo docente y la calidad educativa. Ciencia Latina Revista Científica Multidisciplinar, 8(1), 5227-5238. https://doi.org/10.37811/cl_rcm.v8i1.9855
-Tintoré, M. e Gairín, J. (2022). Tres décadas de investigación sobre liderazgo educativo en España. Un mapeo sistemático. REICE. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 20(3), 5-24. https://doi.org/10.15366/reice2022.20.3.001
-Tintoré, M., López-Meseguer, R., Ardura, D. e Galán, A. (2023). Percepciones de directivos escolares en centros de contextos desfavorecidos sobre el liderazgo y la organización escolar. Aula Abierta, 52(1), 33–42. https://doi.org/10.17811/rifie.52.1.2023.33-42
-Vera, J. M., Mora, V. e Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes: guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Graó.
REVISTAS
-Cuadernos de Pedagogía.
https://www.cuadernosdepedagogia.com
-Educar
https://educar.uab.cat
-OGE. Revista de Organización y Gestión Educativa.
http://feae.eu/revista/
-EDUGA. Revista Galega do Ensino
http://www.edu.xunta.gal/eduga/
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
-COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
-COMPETENCIAS XERAIS
CX4. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.3. Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
CE3.1. Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos.
CE3.3. Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
-COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT2. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
A metodoloxía tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundidade a desenvolver polos/as estudantes. Os demais tempos formativos (clases interactivas e a titoría individual) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da organización e xestión dos centros educativos. As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar a escola como organización nas súas diferentes dimensións, a función directiva, o marco normativo e aspectos teóricos e experiencias, desenvolvendo as competencias sinaladas anteriormente.
Realizaranse diferentes tipos de clases interactivas: debates, estudos de caso, visualización de vídeos, análise e reflexión en pequenos grupos sobres diversas temáticas educativas, deseño e avaliación de proxectos de centro, xogos de roles sobre situacións da vida do centro, etc. Todas elas requirirán un importante traballo autónomo por parte do alumnado sen presenza do profesorado, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula. Desta maneira, desenvolveranse as diversas competencias anotadas, varias delas relacionadas co traballo en colaboración nos centros, coa participación, coordinación, animación e xestión de grupos e procesos. As actividades en pequeno grupo e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada, e analizar o traballo realizado, desenvolvendo as competencias citadas.
O Campus Virtual proporcionará unha contorna virtual con diversas ferramentas para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia. En concreto, utilizarase a aula virtual desta materia para: facer un seguimento do traballo das alumnas e os alumnos, levar a cabo a comunicación entre o alumnado e o profesorado, entregar as actividades solicitadas e recompilar o contido e os recursos de cada tema, potenciando o traballo autónomo do alumnado.
O sistema de avaliación da aprendizaxe vén definido polo seu carácter formativo, continuo, cooperativo e integral. Concédeselle moita importancia ao desenvolvemento de hábitos de estudo e traballo, á utilización correcta do vocabulario, á participación activa, ao traballo feito e á reflexión.
En correspondencia coas actividades programadas e en harmonía coas competencias sinaladas, os obxectivos, os contidos e a metodoloxía consignada, a avaliación dos/as estudantes terá como base as cualificacións que obteñan nas contribucións que realicen, na participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas.
Concretamente, para a cualificación final desta materia establécense os seguintes elementos:
1) A proba final de carácter obrigatorio terá un valor máximo do 40% na nota final e será necesario acadar un 4 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exame ao final do semestre versará sobre o contido do Programa e levarase a cabo nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade.
2) A elaboración e entrega de traballos escritos individuais ou grupais que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden, xunto coa elaboración de presentacións e exposicións individuais ou grupais con diferentes formatos físicos e temporais, terán un peso específico do 50% da nota final. Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra) deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades solicitadas.
- Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte oportunidade.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, agás naquelas actividades programadas de forma coordinada.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/12984
- Na realización dos traballos seguiranse as normas APA: Publication Manual of the American Psychological Association, 7ª ed., 2020. Washington: American Psychological Association. Hai exemplares dispoñibles na Biblioteca da USC.
Pode consultarse máis información no seguinte enlace:
https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references/examples
3) A participación nas clases, referida a preguntas e suxestións achegadas polos estudantes, respostas aos interrogantes formulados polas docentes e realización de pequenas tarefas implicadas no seguimento continuo da materia (estudo de materiais, busca de información...). Terá un peso específico do 10% da nota final. Para establecer a puntuación final deste apartado, empregarase a observación directa, as notas tomadas polas profesoras e un rexistro das tarefas realizadas.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria -tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior-, sendo un requisito para a avaliación. Pasarase listaxe de sinaturas. A xustificación das faltas de asistencia axustarase á normativa correspondente: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189
O alumnado ao que se lle conceda a exención de docencia ou a dispensa de asistencia debe achegar inmediatamente o documento oficial de exención ou dispensa ás docentes para poder fixar unha titoría na que concretar o plan de traballo que se seguirá ao longo da materia.
Ademais dos elementos contemplados no apartado 1 (exame: 40% da nota final) e 2 (traballos en grupo e individuais: 50% da nota final), o plan de traballo para o alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia incluirá o seguinte: lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dunha ou varias obras a determinar polas docentes (10% da nota final). O alumnado con exención de docencia desenvolverá os traballos do apartado 2 nas mesmas condicións que o alumnado con asistencia regular (segundo sexan individuais ou en grupo); mentres que o alumnado con dispensa de asistencia realizará estes traballos de forma individual.
No caso de que un alumno ou alumna obtivese un suspenso na primeira oportunidade de avaliación conservaráselle a nota dos elementos aprobados para a segunda oportunidade.
Actividades presenciais
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas na aula: 24 h
- Prácticas de seminario: 24 h
- Avaliación: 2 h
Horas de traballo persoal do estudante
Estudo. Busca, selección e análise de información: 35 h
Análise e elaboración de casos, informes, etc.: 23 h
Representación de roles, realización tarefas: 30 h
Seguimento e apoio elaboración traballos: 12 h
Total de horas presenciais: 50 h
Total de horas de traballo persoal: 100 h
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados na clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOG), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización e xestión dos centros educativos (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da asignatura como para a realización das actividades propostas, que deberán axustarse aos criterios de redacción e expresión escrita.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta asignatura cos das demais.
-Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
-Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
- USO DO CORREO ELECTRÓNICO INSTITUCIONAL: É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
- UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
A entrega dos traballos farase preferentemente a través do Campus Virtual. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
- Existe a obrigatoriedade de empregar as FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un PROCESO PRIVADO, enténdase privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia, polo que leva implícita a OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/proteccion-…
Esther Vila Couñago
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813831
- Correo electrónico
- esther.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Julia Maria Crespo Comesaña
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813808
- Correo electrónico
- juliamaria.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |