Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
- Formar ao estudantado nas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa.
- Consolidar un nivel intermedio-alto nas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, que lle permita ao estudantado comprender e producir textos escritos, tanto xerais como específicos do seu campo de especialización (adquisición e ensino da lingua inglesa como lingua estranxeira).
- Consolidar as estruturas gramaticais, léxicas e discursivas necesarias para comunicarse sen dificultade no nivel de referencia (intermedio-alto)
- Practicar a pronuncia dos sons individuais e en contexto, e os patróns de entoación.
- Introducir aos estudantes no mundo do ensino e adquisición do inglés como lingua estranxeira
- Reflexionar sobre os factores que inflúen na aprendizaxe e o ensino da lingua inglesa.
- Familiarizar aos estudantes coa literatura máis relevante neste campo.
- Familiarizar aos estudantes coa terminoloxía básica sobre o tema.
- Facer unha revisión crítica dos enfoques e métodos do ensino de de a comprensión e a expresión oral en inglés como lingua estranxeira.
- Presentar e examinar detidamente unha serie de técnicas para o ensino da comprensión e a expresión oral en inglés como lingua estranxeira.
- Familiarizar aos estudantes coa linguaxe típica da aula de inglés como lingua estranxeira. - Familiarizar aos estudantes coa linguaxe típica das presentacións académicas en lingua inglesa.
PARTE 1: Práctica das destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa:
1.1. Comprensión oral
1.2. Expresión oral
1.2.1. Pronuncia, produción e interacción oral
1.2.2. A linguaxe da aula de inglés como lingua estranxeira
1.2.3. A linguaxe das presentacións académicas
PARTE 2: Ensino das destrezas de comprensión e expresión oral en inglés como lingua estranxeira: aproximacións métodos, estratexias, e actividades.
2.1. Ensino da comprensión oral
2.2. Ensino da expresión oral
2.3. Ensino da pronuncia
2.4. Corrección e avaliación*
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Murphy, R. (2004). English grammar in use. Upper-intermediate. Cambridge University Press
Pinter, A. (2017). Teaching young language learners. Oxford University Press.
Slattery, M. J. W. (2001). English for primary teachers: a handbook of activities and classroom language. Oxford University Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bloque de lingua:
Eastwood, J. (2006). Oxford practice Grammar (Intermediate) (with key and CD Rom). Oxford University Press.
Redman, S. (2003). English vocabulary in use. Pre-intermediate and intermediate. Cambridge University Press
Bloque de didáctica:
Anderson, A. & Lynch, T. (1988). Listening. Oxford University Press.
Cameron, L. (2001). Teaching languages to young learners. Cambridge University Press
Harmer, J. (2007). How to teach Listening: An introduction to the practice of English language teaching. Pearson Education.
Harmer, J. (2007). The practice of English language teaching. Pearson Education.
Hearn, I. & Garcés, A. (2003). Didáctica do Inglés para Primaria. Pearson Education.
Hedge, T. (2000). Teaching and learning in the language classroom. Oxford University Press
Krashen, S. D. (1987). Principles and practice in second language acquisition. Prentice-Hall International.
Krashen, S. D. (1988). Second language acquisition and second language learning. Prentice-Hall International.
Lindsay, C. & P. Knight. (2006). Learning and teaching English. A course for teachers . Oxford University Press
Scott, W. A. & L. H. Ytreberg. (1990). Teaching English to children. Longman.
Thornbury, S. 2005. How to teach speaking. Pearson Education.
Vale, D. & A. Feunteun. (2011). Teaching children English. Cambridge University Press
Xerais:
X.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do
seu ensino e aprendizaxe.
X.3. Capacidade para abor dar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües
X.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación
Específicas:
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar
E2 - Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacion ais e sociais
E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes
Básicas:
B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, co fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
Transversais:
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
As actividades realizaranse en grupos grandes, medianos ou pequenos, e tamén de forma individual.
As clases expositivas dedicaranse ao estudo das principais tendencias e métodos no ensino e aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira en Educación Primaria, prestando especial atención ás destrezas orais receptivas e produtivas.
Doutra banda, os alumnos mellorarán a súa competencia comunicativa abordando aspectos léxicos, morfolóxicos e sintácticos da lingua estranxeira.
As sesións interactivas (para grupos medianos) centraranse tamén no desenvolvemento da competencia comunicativa, especialmente no que se refire á capacidade de escoitar e falar, mediante actividades deseñadas para comprobar a comprensión e produción de textos orais por parte dos alumnos.
A avaliación individual e grupal centrarase en verificar a adquisición tanto da competencia lingüística como dos coñecementos metodolóxicos.
A plataforma docente utilizarase: 1) para complementar as sesións presenciais mediante a inclusión de materiais adicionais; 2) como ferramenta de avaliación continua; 3) para promover a aprendizaxe autónoma (foro de discusión, cuestionarios, ensaios curtos).
As titorías (para grupos reducidos ou estudantes individuais) serán sesións de seguimento dedicadas á supervisión dos estudantes e ao fomento da aprendizaxe autónoma.
Sistema de avaliación
A) ESTUDANTES QUE ASISTEN REGULARMENTE ÁS CLASES:
1) PRIMEIRA OPORTUNIDADE
1.1. AVALIACIÓN CONTINUA: 50%
- Participación en clase e na plataforma de ensino (tarefas escritas e orais realizadas individualmente ou en grupo) 15%
- Exposición oral individual: 35%
1.2. EXAME FINAL: 50%.
2) SEGUNDA OPORTUNIDADE: Aplícase o mesmo sistema que na primeira oportunidade.
- AVALIACIÓN CONTINUA: 50% (mantense a mesma nota que na primeira oportunidade, isto é, estas tarefas non se poden recuperar)
- EXAME FINAL 50%
B) ALUMNOS CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA: PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
- Sistema único de avaliación: exame (100%) consistente nunha proba oral individual (40%) e una proba escrita (60%).
Os alumnos con exención oficial de docencia e dispensa de asistencia: terán que contactar coa coordinadora da materia nas dúas primeiras semanas de clase para acordar un plan de estudo e de titorización a través do cal poidan seguir a materia e presentarse ao exame final.
C) REPETIDORES: Os alumnos que repitan a materia poderán elixir entre o sistema descrito no apartado A ou o sistema descrito no apartado B, pero deberán comunicar ao profesor a súa decisión nas dúas primeiras semanas de clase.
ADVERTENCIAS:
En caso de de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da "Normativa de av aliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas a autores e fontes”.
Aproximadamente 74 horas de traballo autónomo para os alumnos que teñan un nivel en lingua inglesa cercano ó recomendado.
Asistencia e participación.
Recomendase que os estudiantes teñan un nivel cercano ao intermedio-alto ao comenzo do curso.
Recomendase tamén ter aprobada a materia obrigatoria ‘ENSINO E APRENDIZAXE DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS: INGLÉS'
1) Os/as estudantes deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula.
2) Así mesmo, deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
3) Os traballos realizados polo alumnado entregaranse únicamente a través da aula virtual. NON se aceptarán traballos impresos ou enviados por outros medios como o correo electrónico.
4) Os estudantes deben utilizar a súa conta de correo electrónico da USC ( rai. usc.es) cando se comuniquen cos profesores. Ningún correo electrónico que utilice unha conta non institucional será contestado polos profesores.
5) Os alumnos deben utilizar as ferramentas universitarias para presentar as actividades requiridas polo seu profesor (Campus Virtual; Microsoft Office 365; MS Teams; MS Onedrive dependendo das instrucións dadas para cada actividade).
6) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7) Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
8) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
9) Farase uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional.
Raquel Pereira Romasanta
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- raquel.romasanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
06.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
09.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |