Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo e análise dos conceptos básicos do contorno macroeconómico e do medio industrial.
2. Estudo e análise da realidade económica contemporánea: identificación dos principais problemas do sistema económico e directrices das políticas económicas.
3. Estudo e análise dos elementos económicos necesarios para comprender o funcionamento da industria da comunicación: consumidores (público e anunciantes), competidores, provedores, factores sociopolíticos e tecnolóxicos.
CONTIDOS TEÓRICOS:
Conceptos básicos da contorna macroeconómica e da contorna industrial.
TEMA 1. A economía como ciencia social. As principais escolas do pensamento económico
TEMA 2. A organización da actividade económica. Sistemas económicos. O capitalismo
TEMA 3. O funcionamento dos mercados e os seus límites
TEMA 4. As relacións macroeconómicas básicas e a súa medición
TEMA 5. O sector público e a economía
TEMA 6. O diñeiro na economía
TEMA 7. A realidade económica mundial: globalización e integración
TEMA 8. O sector das industrias culturais e creativas na economía
CONTIDOS PRÁCTICOS:
Estudo e análise da realidade económica contemporánea: identificación das principais problemáticas do sistema económico e directrices das políticas económicas. Estudo e análise dos elementos económicos necesarios para entender o funcionamento da industria da comunicación: consumidores (audiencia e anunciantes), competidores, provedores, factores socio-políticos e factores tecnolóxicos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Chang, H-J. (2016). Economía para el 99% de la población. Penguin Random House.
Krugman, P.R., Wells, R. & Graddy, K. (3ª Edición) (2015). Fundamentos de Economía. Editorial Reverte.
Torres López, J. (2015). Economía Política. Ediciones Pirámide
Vidal Villa, J.M.; Martínez Peinado, J. (2003). Economía Mundial. Ed. McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso, J. A. (dir.) (10ª Edición) (2021). Lecciones sobre economía mundial: introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales. Civitas Thomson Reuters.
Chomsky, N., y Herman, E. (1990). Los guardianes de la libertad. Traducción de Carme Castells. Grijalbo Mondadori, Barcelona.
Etxezarreta, M. (2015). ¿Para qué sirve realmente la economía?. Paidós.
García, J.M., Durán, G. e Sánchez, A. (Coord.) (2013). Estructura económica y relaciones internacionales. Garceta.
Morán Álvarez, J.C. (2015). Introducción a la economía aplicada para el periodismo y la comunicación. Pirámide.
Requeijo González, J. (6ª Edición) (2021). Economía Mundial. McGraw-Hill.
Rodrik, D. (2018). Hablemos claro sobre el comercio mundial. Deusto.
Vara Miguel, A. (2009). Economía básica para comunicadores. Eunsa.
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
HAB.4 - Xestionar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, produción, dirección, montaxe e posprodución audiovisual.
O ensino da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva, todas elas de carácter presencial. A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
- Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiado polo/a docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análises de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos
- Asistencia a conferencias ou outros eventos: presencia en actos de carácter divulgativo nos que interveñen persoas expertas ou asistencia a espazos de divulgación especializada como exposicións
Un soporte esencial está constituído pola aula Virtual da materia, na que o alumnado pode atopar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos,...); iv) as lecturas obrigatorias para cada tema.
Sistema Xeral: obrigatorio para todo o alumnado, agás para o alumnado con dispensa de asistencia*. Basearase na combinación de dúas metodoloxías:
a) Exercicios prácticos.
b) Exame final: proba sobre os coñecementos teóricos desenvolvidos ao longo da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Exercicios prácticos ............ 50%
Exame final ................... 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia
*Para o alumnado con dispensa de asistencia, a avaliación basearase nun exame final sobre os contidos da materia (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa. O alumnado debe realizar todas as actividades propostas nas sesións interactivas.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
16.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
17.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |