Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.Conceptualización da imaxe e o son como elementos conformantes do discurso audiovisual.
2.Estudo e análise dos conceptos esenciais da percepción e a representación audiovisuais, a súa relación coa representación do real, a memoria e o pensamiento.
3.Análise da iluminación na representación visual; significados, usos e funcións da luz nas representacións.
4.Análise dos elementos conformantes da dimensión sonora do discurso audiovisual
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A expresión audiovisual. Fundamentos e conceptos
1.1 As imaxes fronte ao real: percepción e representación
1.2 O concepto de audiovisión e a dimensión naturalista da linguaxe audiovisual
1.3 Pensar e recordar coas imaxes: memoria, experiencia e coñecemento
TEMA 2. Tempo e espazo na representación visual
2.1 A inscrición da temporalidade nas imaxes
2.2 A imaxe delimitada. Representación do espazo
2.3 Reglas de composición. Distancia focal e linguaxe das ópticas
TEMA 3. A luz como representación cultural, como operado formal e plástico
3.1 Significados, usos e funcións da luz nas representacións
3.2 Iluminación e concepto visual. Fundamentos e obxectivos
3.3 Clasicismo e modernidade: luz organizada vs. luz existente
TEMA 4. Descrición e análise do fenómeno acústico
4.1 Fundamentos do son e propiedades acústicas
4.2 Psicoacústica e resposta perceptiva
4.3 Mecanismos de escoita no proceso de aprendizaxe perceptiva
TEMA 5. Localización dos sons nas representacións audiovisuais
5.1 Paisaxe sonora e espazo sonoro. Profundidade e perspectiva
5.2 Sons off vs. sons in
5.3 A acusmatización e as súas posibilidades expresivas
TEMA 6.As materias da expresión sonora (I). Son analóxico e silencio
6.1 O feito audiovisual como feito de linguaxe. Configuracións significantes
6.2 Os sons da realidade. Ruído ou son analóxico
6.3 Silencio: usos, funcións e significados
TEMA 7. As materias da expresión sonora (II). Voz
7.1 Vococentrismo e verbocentrismo: a voz humana
7.2 As voces narradoras
7.3 Distancia, memoria e reflexión da voz over
TEMA 8.As materias da expresión sonora (III). Música
8.1 A inscrición da música no discurso audiovisual.
8.2 A música no tempo e no espazo fílmicos
8.3 Funcións expresivas da música de cine
CONTIDOS PRÁCTICOS:
Visionado e análise de fragmentos daqueles filmes máis axeitados para capacitar ao alumnado no recoñecemento e interpretación dos elementos sonoros e visuais alí incorporados, analizando o lugar que ocupan e as función que cumpren. O obxectivo será, por tanto, aprender a percibir crítica e razoadamente a as específicas achegas visuais e sonoras na conformación e a comunicación dos significados.
Elaboración dunha serie de pezas audiovisuais para realizar en grupo, que, en cada caso, centrará o seu enfoque no tratamento dun determinado elemento visual ou sonoro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bordwell, D. & Thompson K. (2010) El arte cinematográfico. Una introducción. Paidós.
Chion, M. (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Paidós.
Chion, M. (2003). La voz en el cine. Cátedra.
Mercado, G. (2011). La visión del cineasta. Las reglas de la composición cinematográfica y cómo romperlas. Anaya Multimedia.
Mercado, G. (2020). La visión del cineasta. El lenguaje de las ópticas. Anaya Multimedia.
Puyal, A. (1996). Teoría de la comunicación audiovisual. Madrid: Fragua.
Rodríguez, A. (2001). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Paidós.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alten, S. R. (2008). El sonido en los medios audiovisuales. Escuela de Cine y Vídeo.
Aumont, J. (1992). La imagen. Barcelona: Paidós.
Català, J. M. (2008). La forma de lo real. Introducción a los estudios visuales. Editorial UOC.
Catalá, J. M. (2019). La puesta en imágenes. Conceptos de dirección cinematográfica. Shangrilá.
Casetti, F. & di Chio, F. (2007). Cómo analizar un film. Barcelona: Paidós.
Colón, C., Infante del Rosal, F. & Lombardo, M. (1997). Historia y teoría de la música en el cine. Presencias afectivas. Alfar.
Díaz, S. (2011). Voces en la pantalla. Un estudio de la voz y el sonido en relación a la imagen. Nobuku.
Chion, M. (1997). La música en el cine. Paidós.
Gardies, R. (2007). Comprender o cinema e as imagens. Texto Grafia.
Gubern, R. (1996). Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto. Anagrama.
Gustems, J. (2012). Música y sonido en los audiovisuales. Universidad de Barcelona.
Jullier, L. (2007). El sonido en el cine. Paidós.
Katz, Steven (200). Plano a plano. De la idea a la pantalla. Plot.
Kosloff, S. (1998). Invisible Storytellers. University of California.
Labrada, J. (2009). El Sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual. Alba.
Revault d'Allonnes, Fabrice (2003). La luz en el cine. Cátedra
Tranche, R. (2015). Del papel al plano. El proceso de la creación cinematográfica. Madrid: Alianza.
Urbizu, E. & Gómez, C. (2021). La caja de madera. Estudios sobre la puesta en escena cinematográfica. ECAM, DAMA, Caimán CdC.
Zunzunegui, S. (1992). Pensar la imagen. Cátedra / Universidad del País Vasco.
CON.3 – Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais
CON.5 – Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual
CON.6 – Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
CON.7 – Coñecer as metodoloxías de análise de calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.3 – Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
HAB.5 – Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produco radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.1 – Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM 2 - Deseñar e implementar técnicas e tecnoloxías de tratamento e expresión visuais e sonoras aplicadas ás obras audiovisuais.
COM.4 – Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.7 – Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Clase maxistral
Estudos de casos
Debate
Foros de discusión - traballo en grupo
Asistencia a conferencias ou outros eventos
Proba de coñecemento (exame final): 50 %
Exercicios prácticos: 50 %
Dentro dos exercicios prácticosa establécense as seguintes tarefas:
Elaboración de pezas audiovisuais: 25 % da nota final.
Traballo análise fílmica: 25 % da nota final.
Na segunda oportunidade de avaliación manterase a mesma ponderación para o cálculo da nota final e caberá a posibilidade de repetir algún dos traballos prácticos se o alumno desexa mellorar as súas cualificacións.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das
cualificacións”
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Docencia teórica: 24 hora
Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o visionado completo daqueles filmes dos que só se presentaran fragmentos, ademais da participación activa nos debates que xurdan na aula e a lectura ou consulta dos materiais bibliográficos propostos.
Fernando Redondo Neira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816563
- Correo electrónico
- fernando.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
10.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |