Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como proposito introducir ós estudantes ós conceptos e ó método de análise da economía, e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ó nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este obxectivo xeral, o curso persegue os segunites obxectivos específicos:
1. Que o/a estudante adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía.
2. Que o/a estudante coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das diferentes áreas da economía.
3. Que, mediente o emprego de modelos sinxelos, o/a estudante se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía, así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa, e ó estudo do funcionamento das economías de mercado.
Definición de Economía
Conceptos básicos: escaseza, coste de oportunidade, elección racional, equilibrio, eficiencia
Demanda e oferta
Mercados e intervención pública
Variables e conceptos macroeconómicos
Determinación da renda
Políticas macroeconómicas
Básica:
- Mankiw, N. G. (2012): Principios de Economía, 6ª edición. Paraninfo.
- Mankiw, N. G. (2013): Principios de Economía, 6ª edición. Cengage Learning (libro electrónico accesible a través da web da biblioteca).
- Mochón, F. e Castejón R. (2005): Economía, Teoría y Política. 3ª edición, McGraw-Hill.
Complementaria:
- Blanco, J. M. e Aznar, J. (2004): Introducción a la Economía, Teoría y Práctica. 4ª edición, McGraw-Hill.
- CORE TEAM (2020): La Economía. Electric Book Works, dispoñible online en https://www.core-econ.org/the-economy/es/
- Krugaman, P. (2022): Fundamentos de Economía. 4ª edición. Reverté.
- Samuelson, P. e Nordhaus, W. (2006): Economía. 18ª edición, McGraw-Hill
- Stiglitz, J. (2009): Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Ariel.
As competencias da titulación as que contribúe a materia son:
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina
científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
TRANSVERSAIS
CT1 - -Análise e síntese.
CT2 - -Organización e planificación.
CT3 - -Comunicación oral e escrita.
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
As competencias ESPECÍFICAS establecidas para a materia son:
A1 - A escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción, equilibrio competitivo,
mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como
funciona a economía.
As clases expositivas consistirán en clases de pizarra en grupo , consistentes básicamente en leccións impartidas polo profesor, adicadas á exposición dos contidos teóricos da materia. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análise económica utilizando estes modelos para comprender ou economía real. As clases expositivas, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar ós estudantes o método e a forma en que traballa un analista económico, habilidades que o alumno terá que pór posteriormente en práctica nas clases interactivas e no tempo adicado a traballar de xeito autónomo.
As clases interactivas estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análise introducidas nas clases expositivas.
Nas titorías presenciais dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
A guía docente detallada do curso, na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías para cada tema, entre outros aspectos; así como os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio que se considere oportuno, proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do semestre. A nota final do curso estará composta por un 30% de avaliación continua e un 70% que corresponderá ao exame final, sendo preciso obter unha nota mínima de 2.8 sobre 7 neste último para poder superar a materia.
A avaliación continua resultará dos resultados obtidos nas actividades e tarefas realizadas nas clases, tanto expositivas como interactivas, ao longo do curso e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: exercicios, cuestionarios tipo test e preguntas de resposta curta. Estas cualificacións serán válidas tan só para curso vixente, e non serán gardadas para cursos posteriores.
Todas as competencias sinaladas a excepción da CT4 e CT5 serán avaliadas na proba final. Na avaliación continua avalíanse as competencias transversais CT1, CT2, CT3, CT5, CT6 e as específicas A1 e D7.
Ó alumnado que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase con un ou máis exames finais específicos que suporán o 100% da calificación.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fradulenta de exercicios ou calquera tipo de proba avaliable será de aplicación o recollido na "Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Calificacións".
Ademais das horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar 100 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacions previas: Alxebra e Cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razonamento deductivo e inductivo.
Roberto Bande Ramudo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Diana Fernandez Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Yago Atrio Lema
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yago.atrio.lema [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mercedes Bouzas Gonzalez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- mercedes.bouzas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
17.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
16.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |