Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS PROPIOS DA MATERIA
Este curso proporciona ao estudante os instrumentos de análise e a metodoloxía básica para a comprensión dos mecanismos que actúan nos mercados a nivel microeconómico. Tanto do lado da demanda, completando a visión dada na materia Micro I, como do lado da oferta, introducindo o estudo de diversas estruturas de mercado e comportamentos estratéxicos. As seccións que integran o curso son as seguintes:
1. INCERTEZA E INFORMACIÓN ASIMÉTRICA
A introdución do risco permítenos explicar a existencia de seguros, a clasificación de individuos segundo a súa actitude fronte ao risco será útil para explicar distintos modos de actuar nun mesmo contexto. O problema de elección óptima de carteira pode exporse como unha elección óptima entre risco e rendemento dun individuo con aversión ao risco que é consciente da relación que estas dúas variables teñen no mercado (restrición).
A existencia de asimetrías na información pode crear fallos de mercado, como a selección adversa e o risco moral. Debemos coñecer en que consisten estes problemas e por que xorden. É importante detectar os mercados susceptibles de verse afectados por estes fallos de mercado e as medidas que se poden tomar para tentar eliminalos ou diminuílos. Inclúese neste apartado unha breve introdución á economía do comportamento na que se contempla a posibilidade de que as persoas actúen de forma non sempre racional, afectadas por diferentes prexuízos cognitivos.
2. ESTRUTURAS DE MERCADO
Nesta parte o obxectivo é comprender os distintos contextos nos que o empresario toma decisións: competencia perfecta, monopolio, competencia monopolística e oligopolio.
Estudarase o proceso de toma das decisións dunha empresa en diversos ámbitos económicos. A interdependencia na toma de decisións e a incerteza sobre o valor dalgunhas variables caracterizan frecuentemente a toma de decisións empresariais. A Teoría de Xogos e a modelización da incerteza estudada incorpóranse aos modelos explicativos do comportamento das empresas en diferentes estruturas de mercado.
Cando a resposta óptima dun axente económico depende de, e inflúe en, as accións e reaccións dos seus rivais ou competidores, a Teoría de Xogos permite analizar con maior facilidade a idoneidade das decisións nese contexto complexo.
OBXECTIVOS XERAIS
O estudante, ao terminar este curso, debe dominar os temas que contén o mesmo a diferentes niveis:
- Debe comprender o obxectivo de cada tema, e as relacións fundamentais entre distintas variables económicas a nivel conceptual.
- Debe ser capaz de utilizar a expresión matemática deste razoamento económicoespecificando o modo en que se expresan as relacións entre as variables (o modelo), e a técnica utilizada para a resolución do problema (a maximización ou optimización).
- Debe ser capaz de utilizar a análise gráfica para complementar as visións anteriores.
Debe ser capaz de combinar as tres aproximacións mencionadas para explicar por escrito, de maneira coherente e ordenada, cada un dos temas que se estudaron.
Debe ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos ao estudo de diferentes casos prácticos.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CON VALORES
A análise microeconómico efectuado nesta materia debe permitir ao alumno identificar que persegue cada axente económico individual (cal é a variable que tenta maximizar) e en que contexto tenta lograr o seu obxectivo (as restricións ás que se enfronta e as relacións cos outros axentes económicos).
Tras a comprensión do proceso que guía a toma de decisións individuais, o alumno debe poder analizar a posibilidade de compatibilizar os intereses individuais e o modo de resolver os conflitos entre eles. Debe poder discutir, con argumentos económicos na súa man, sobre temas como e a eficiencia, equidade e xuízos de valor. A posibilidade de discriminar entre distintas situacións a nivel global, en función de que estas sexan máis ou menos desexables socialmente, xeralmente implica a introdución dunha serie de valores que deben ser explicitamente recoñecidos; tras o estudo desta materia debe ser máis sinxelo sinalar que tipos de valores están detrás de cada elección.
COMPORTAMENTO EN CONDICIÓNS DE INCERTEZA.
MERCADOS CON INFORMACIÓN ASIMÉTRICA
MONOPOLIO
COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA E OLIGOPOLIO.
TEORÍA DE XOGOS.
Bibliografía básica:
Pindyck, R, y Rubinfeld, D. (2018), Microeconomía, 9ª edición, Editorial Pearson, Madrid
Bibliografía complementaria:
Mata, J. (2007). Economía da empresa. 4ª edición. Fundaçao Calouste Gulbenkian, Serviço de Educaçao e Bolsas, Lisboa.
Perloff, J.M. (2018): Microeconomía. 8ª edución. Ed. Pearson.
Varian, H. R. (2015), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 9ª edición, Editorial Antoni Bosch, Barcelona.
Core Team (2020): La Economía, https://www.core-econ.org/the-economy/book/es/text/0-3-contents.html
Competencias básicas e xerais:
CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio.
CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio.
CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio)
para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 - Poseer y comprender los conocimientos que definen a la Administración y Dirección de Empresas como disciplina científica, incluyendo sus teorías, historia, métodos, técnicas y áreas de aplicación, a un nivel que se apoya en las publicaciones más avanzadas e incluye algunos de los aspectos más relevantes que están en la vanguardia del conocimiento en este campo.
CG2 - Saber elaborar y defender argumentos sobre cuestiones económicas a un nivel general, así como resolver problemas sobre estas cuestiones, haciendo uso de sus conocimientos sobre la realidad empresarial, las teorías, los modelos y los métodos científicos propios.
Competencias específicas de la materia:
A1 - La escasez y la asignación de recursos, el sistema de precios, teoría del consumo y de la producción, equilibrio competitivo, mercados no competitivos, eficiencia económica y teoría del bienestar.
D7 - Entender las instituciones económicas como resultado y aplicación de representaciones teóricas o formales acerca de cómo funciona la economía.
Competencias transversales:
CT1 - -Análisis y síntesis
CT4 - -Gestión de la información.
CT5 - -Conocimientos de tecnología de la información relativos al ámbito de estudio.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisiones.
CT8 - -Razonamiento crítico
As clases expositivas consistirán en clases de pizarra en grupo, consistentes básicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos da materia. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análise económica utilizando estes modelos para comprender ou economía real. As clases expositivas, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar ós estudantes o método e a forma en que traballa un analista económico, habilidades que o alumno terá que pór posteriormente en práctica nas clases interactivas e no tempo dedicado a traballar de xeito autónomo.
As clases interactivas estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análise introducidas nas clases expositivas.
Nas titorías presenciais dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
A guía docente detallada do curso, na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías para cada tema, entre outros aspectos; así como os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio que se considere oportuno, proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
O traballo individual do alumno orientase cara a preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análisis e discusión de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análisis e expresión oral.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o semestre considerando diversos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe.
Todas as competencias sinaladas, á marxe da CT5 avalíanse no exame final.
A avaliación continua avalía as competencias transversais CT5, CT6, CT7, CT8 e as específicas A1 e D7.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro, e na que, para superar a materia, é preciso obter como mínimo un 2.8 sobre 7.
b) A avaliación continua, que resultará da participación activa e, sobre todo, dos resultados obtidos nas actividades e tarefas realizadas maioritariamente nas clases, tanto expositivas como interactivas, ao longo do curso e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: exercicios, cuestionarios tipo test, comentarios e preguntas de resposta curta.
A cualificación final terá en conta os requisitos anteriores, coa seguinte valoración:
a) 70% da puntuación total.
b) 30% da puntuación total.
A avaliación das actividades contidas no apartado b) terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de maio e a convocatoria de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cunha proba final específica para este caso que suporá o 100% da cualificación.
Seguindo a normativa oficial (DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012), a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas: 31 horas
Clases interactivas: 17 horas
Total 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo, individual ou en grupo 40 horas
Elaboración de exercicios 25 horas
Preparación de exames 25 horas
Total 90 Horas
A materia de Microeconomía caracterízase polo seu contido analítico e conceptual, polo que, para o seu dominio, é necesario o manexo de conceptos precisos dentro dun modelo matemático de interrelacións. Non é preciso o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a súa plena comprensión. É frecuente que algúns alumnos atópense con dificultades na comprensión da materia polo grao de abstracción e razoamento lóxico que require. Para solucionar estas dificultades, recoméndase a asistencia ás sesións expositivas e interactivas e un estudo ordenado e sistemático, que leva unha absorción progresiva dos conceptos e técnicas. Deste xeito, é conveniente realizar os maiores esforzos de estudo ao comezo do curso, xa que, desta forma, os problemas poden ser resoltos polo alumno, coa axuda do profesor, nunha fase temperá, posibilitando o avance no coñecemento da microeconomía, que se facilita progresivamente unha vez entendidos os esquemas conceptuais básicos.
Os profesores teñen establecido un horario de titorías para atender calquera cuestión, relacionada coa materia, que se lles expoña aos estudantes.
As titorías poderán realizarse presencialmente ou por vía telemática.
Diana Fernandez Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Yago Atrio Lema
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yago.atrio.lema [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-17:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
16.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |