Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aportar os coñecementos necesarios para que o alumnado:
- Poda entender o papel da Econometría no contexto da Ciencia Económica e na análise de decisións empresariais.
- Domine os conceptos e instrumentos básicos indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía, desde a perspectiva econométrica.
- Aplique as técnicas econométricas básicas, á resolución de problemas económicos e á toma de decisións no ámbito da empresa.
- Asimile mellor os contidos da materia Econometría II.
TEMA 1: A Econometría: evolución histórica e concepto. Modelos económicos e modelos econométricos. Procesos de modelización econométrica. Clasificación dos modelos econométricos. O papel da Econometría.
TEMA 2: O Modelo de Regresión Linear Normal Clásico: formulación e hipóteses básicas. Estimación mediante o método dos Mínimos Cadrados Ordinarios. Propiedades dos estimadores mínimo cuadrático ordinarios. Análise da precisión dos estimadores e do axuste. Probas de hipóteses. Estimación Máximo-Verosímil. Predición e medidas avaliadoras da capacidade preditiva. Análise da estabilidade post-mostral.
TEMA 3: Variables ficticias e probas de estabilidade mostral.
TEMA 4: Multicolinearidade e selección de regresores.
TEMA 5: Programas informáticos para Econometría e súas aplicacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Esteban, M.V. et al. (2008): Econometría básica aplicada con Gretl. Sarriko-On
(https://addi.ehu.es/bitstream/handle/10810/12496/08-09est.pdf)
Guisán, M.C. (1997): Econometría. Ed. McGraw-Hill.
Gujarati, D. (2006): Principios de Econometría. Ed. McGraw-Hill.
Hill, R.C.; Griffiths, W.E.; Lim, G.C.(2011): Principles of Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
Koop, G. (2006): Analysis of financial data. Chichester: John Wiley & Sons.
(http://www.netlibrary.com/urlapi.asp?action=summary&v=1&bookid=151609)
Pulido, A. (1993): Modelos Econométricos. Ed. Pirámide.
Wooldridge, J.M. (2010): Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Ed. Thomson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alegre, J. et al. (1995): Ejercicios y problemas de Econometría. Editorial AC
Alonso, A.; Fernández, J.; Gallastegui, I. (2005): Econometría. Ed. Prentice Hall
Greene, W.H. (1998): Análisis econométrico. Ed. Prentice Hall.
Johnston, J. (1989): Métodos de Econometría. Ed. Vicens-Vives.
Maddala, G.S. (1985): Econometría. Ed. McGraw-Hill.
Pena Trapero, B. e outros (1999): Cien ejercicios de Econometría. Ed. Pirámide.
Pulido, A. (1989): Predicción económica y empresarial. Ed. Pirámide.
Verbeek, M. (2008): A guide to modern Econometrics. Ed. Wiley & Sons Inc.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT5 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
C4 - Elementos básicos de modelos econométricos e predición.
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
Na aula virtual desta materia no Campus Virtual da USC, se indicará a principio de curso unha guía docente.
Ao ser esta unha materia de introdución no campo da Econometría, préstase especial atención ao traballo continuado do alumnado.
As sesións expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle deste modo ao alumnado, a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases interactivas realízanse na aula de informática. Estas clases prácticas con ordenador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía en xeral e de forma particular no contexto da empresa.
Estas actividades teórico-prácticas poderán complementarse con traballos concretos que o alumnado deberá realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudios referentes á realidade económica e empresarial máis actual.
Na guía docente mencionada no apartado anterior, se recollerá este sistema (que será aplicable igualmente na primeira como na segunda oportunidade de avaliación).
O sistema principal de avaliación é o de avaliación continua, que será incompatible coa avaliación mediante un exame final sobre o 100% da cualificación máxima posible (sobre 10).
- O alumnado obterá unha parte da cualificación final en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados... A valoración detallada destas actividades así como o peso que terá na puntuación final (en todo caso entre un 30% e un 40%) establecerase na correspondente guía docente da materia do curso 2023-2024.
- A puntuación restante ata completar o 100% obterase mediante un exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumnado.
O alumnado que xa fixera a avaliación continua en cursos anteriores, poderá optar por facer un exame final específico que se valorará na escala da máxima cualificación posible (sobre 10). Esta elección deberá ser comunicada ao profesorado responsable da docencia, antes da data do exame final e nos prazos establecidos ao comezo do curso.
Para o alumnado con dispensa de asistencia a clase, a avaliación se realizará mediante un exame final específico que se valorará na escala da máxima cualificación posible (sobre 10). As condicións para obter a dispensa de asistencia a clase poden consultarse en: http://www.usc.es/gl/goberno/secxeral/instrucions.html (Instrución 1/2017).
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT1, CT4, CT5, CT6, CT9, CT10, C4,D6,D7, D8
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT1, CT4, CT6, CT9, C4,D6,D7, D8
NOTAS IMPORTANTES:
1) A Normativa sobre Permanencia da USC sinala no artigo 5 que "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado"".
(https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/12611)
2) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Como a carga total de cada crédito estímase en 25 horas totais para o alumno, o tempo de estudio e de traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas.
O alumnado debería de ter coñecementos básicos das materias de Matemáticas, Estatística e Teoría Económica cursadas nos cursos previos deste Grao.
A materia impártese en galego.
Empregarase o aplicativo informático GRETL
Juan Carlos Estevez Nuñez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- ecadrian.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
14.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
13.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |