Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Obxectivos específicos:
- Complementar os coñecementos adquiridos na disciplina Toxicoloxía Veterinaria.
- Identificar os principais axentes contaminantes do medio, así como a súa persistencia e bioacumulación nos seres vivos.
- Avaliar efectos ecotoxicolóxicos aplicando metodoloxía química e biolóxica.
- Estudar os procesos tóxicos que sofren os ecosistemas e que teñen interese nas ciencias veterinarias.
- Propoñer medidas de protección do medio hídrico e biorremediación.
2.- Obxectivos complementarios:
- Integrar a dimensión ecotoxicolóxica na formación dos futuros veterinarios de acordo coas esixencias actuais da sociedade, de tal forma que se sensibilicen e contribúan a unha xestión que mellore a calidade do medio.
- Establecer un foro de debate e estudo que aborde a situación ambiental no ámbito rural e urbano, os problemas e carencias que consideren máis importantes, así como as posibles solucións que se deberán adoptar para fomentar a sostibilidade.
En definitiva, que o alumno adquira unha cultura ecotoxicolóxica.
PROGRAMA TEÓRICO DE ECOTOXICOLOXÍA:
Tema 1. - Introdución á ecotoxicoloxía. Conceptos. Contaminación dos ecosistemas. Bioética do medio (1 hora).
Tema 2. - Procesos tóxicos nos ecosistemas. Tipos de contaminantes. Contaminantes persistentes: Biomagnificación. Eutrofización (1 hora).
Tema 3. - Contaminación do medio acuático. Orixe, tipo, avaliación fisicoquímica da contaminación hídrica. Monitorización (1 hora).
Tema 4. - Metodoloxía biolóxica para a avaliación da contaminación hídrica: Bioensaios. Biomarcadores. Biosensores (2 horas).
Tema 5. - Bioindicadores na monitorización de ecosistemas terrestres, dulceacuícolas e mariños (1 hora).
Tema 6.- Contaminación ambiental, cambio climático y salud (1 hora).
Tema 7. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Flúor (1 hora).
Tema 8. -Intoxicación por contaminantes ambientais: Nitratos e Nitritos (1 hora).
Tema 9. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Metais Pesados (I)-Arsénico (1 hora).
Tema 10. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Metais Pesados (II)-Mercurio (1 hora).
Tema 11. - Xestión ambiental. Depuración das augas. Biorremediación. Lexislación (1 hora).
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS PRÁCTICAS:
- LABORATORIO: Determinación cuantitativa de Nitratos en auga de bebida. (ECOT LB) (4 horas).
- PRÁCTICA DE CAMPO: Visita práctica ás Estacións Depuradoras municipais (EDAR e ETAP) de Lugo. (ECOT LB Campo) (4 horas).
SEMINARIOS (ECOT S) (7 horas):
- Resolución de casos de impacto ambiental
- Exposición de traballos monográficos polos estudantes
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Buck WB, Osweiler GD, Van Gelder GA. Toxicología Veterinaria Clínica y Diagnóstica. Ed Acribia. Zaragoza, 1981.
Capó Martí, M. Incidencia ecotoxicológica de los metales pesados en poblaciones humanas. Ciencias Veterinarias-CGCVE, Volumen XX. Madrid, 1990
Capó Martí, M. Principios de Ecotoxicología: Diagnóstico, Tratamiento y Gestión del Medio Ambiente. McGraw-Hill Profesional. Madrid, 2002.
Duffus, JH. Toxicología Ambiental. Omega. Barcelona, 1983.
Humphreys DJ. Veterinary Toxicology. Ed. Baillière Tindall. 3ª ed. London, 1988.
Jurado Couto, R. Toxicología Veterianria. Ed. Salvat 2ª ed. Madrid, 1989.
Lagadic, L et al. Biomarqueurs en écotoxicologie : aspects fondamentaux. Edt Masson. París, 1997.
Lagadic, L et al. Utilisation de biomarqueurs pour la surveillance de la qualité de l’environnement. Tec & Doc Lavoisier, D.L. París, 1998.
Newman, M.C. Fundamentals of Ecotoxicology: The Science of Pollution. CRC Press-Taylor & Francis Group. 4th Edc. New York, 2015.
Ramade, F. Précis d’écotoxicologie. Masson. París, 1992.
https://books.google.es/books?id=86oL_Ybnwn8C&printsec=frontcover&hl=es…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
APHA.AWWA. WPCF. Métodos normalizados para el análisis de aguas potables y residuales. Díaz de Santos. Madrid. 1992.
BOE Núm 9, Real Decreto 3/2023, de 10 de enero, por el que se establecen los criterios técnico-sanitarios de la calidad del agua de consumo, su control y suministro.
D'Mello, JPFD. Introducción a la Toxicología Ambiental. Ed. Acribia. Zargoza, 2021.
Easo, C and O’Halloran K. Biomarkers in toxicology versus ecological risk assessment. Toxicology, 2002.
Gafo J y otros. Ética y Ecología. Publicaciones de la Universidad Pontificaia de Comilllas. Madrid, 1991.
Hill M. Nitrates and nitrites in food and water. Ellis Horwood. New York, 1991.
Hodgson, E. A Textbook of Modern Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2004
López Bellido, L. La salud del suelo. Ed. Acribia. Zaragoza, 2021.
McCarty, LS. Issues at the interface between ecology and toxicology. Toxicology, 2002. 181-182: 497-503.
Melgar, MJ. Métodos de evaluación ecotoxicológica, en: La gestión ambiental en la administración local de Galicia. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. Lugo.2005.
Melgar Riol, MJ. Desafío a la Contaminación Medioambiental Hídrica mediante la Ecotoxicología y la Ética. Academia de Farmacia de Galicia. Santiago de Compostela, 2011.
Muniategui Lorenzo, S. Medioambiente y salud: Una visión analítica sobre los contaminantes prioritarios y de interés emergente. Academia de Farmacia de Galicia. Santiago de Compostela, 2013.
Nelson, W. Environmental contaminants in wildlife: interpreting tissue concentration. Lewis P.. Boca Raton, 1996.
Peña Castiñeira, FJ. y Melgar Riol MJ. A Xestión Ambiental nos Concellos Galegos. Curso de verano USC, 2009.
Peña Castiñeira, FJ. y Melgar Riol MJ. Xestión Integral de Residuos en Galicia. Curso de verano USC, 2010.
Reverte López, I. Fundamentos de Toxicología ambiental. Procompal. Almería, 2009.
Velázquez de Castro González, F. Atmosférica. Ed. Acribia. Zaragoza, 2019.
Wayne GL, Ming-Ho Y. Introduction to environmental toxicology: impacts of Chemicals upon ecological Systems. Lewis cop. Boca Raton, 1995.
http://publicacionescbs.izt.uam.mx/DOCS/ecotoxicologia.pdf
- Xenerais do Título de Grao en Veterinaria:
*GVUSC01- Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
*GVUSC02- Capacidade de análise e síntese.
*GVUSC03- Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
*GVUSC06- Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
*GVUSC10- Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
-Específicas Disciplinares (saber):
*CEDVUSC11- Coñecemento das bases do funcionamento e optimación dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio.
*CEDVUSC 16- Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
-Específicas Profesionais (saber facer):
*D1VUSC03- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
*D1VUSC14- Realizar análise de risco, incluíndo os ambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
- Específicas Académicas (querer facer):
*CEAVUSC02- Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
*CEAVUSC08- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
- Transversais:
*CTVD1VUSC01- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
*CTVD1VUSC02- Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
*CTVD1VUSC03- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
*CTVD1VUSC04- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
*CTVD1VUSC05- Habilidade no manexo de TICs.
*CTVD1VUSC06- Utilización de información en lingua estranxeira.
*CTVD1VUSC07- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A docencia será presencial e impartirase na aula-Seminario do Departamento de Toxicoloxía.
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas ac􀆟vidades de xeito presencial.
TOTAL HORAS DO ALUMNO 75: 30 horas traballo presencial e 45 horas traballo persoal do alumno.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (10x n.º ECTS): 30 h.
Distribución temporal presencial:
- 12 horas de Clases Expositivas
- 4 horas de Clases Interactivas de Laboratorio (ECOT LB)
- 4 horas de Clases Prácticas de Campo (ECOT LB Campo)
- 7 h de Clases Interactivas de Seminario (ECOT S)
- 3 h de Titorías en grupos (ECOT T)
- Atención complementaria a través de Ensino virtual: Plataforma no Campus virtual USC.
Nas clases expositivas utilizaranse medios audiovisuais xunto coas explicacións orais do profesor. Esporadicamente o profesor poderá interrelacionarse cos alumnos realizando preguntas para a súa contestación inmediata, e periodicamente (mensual) pediranse por escrito as respostas a todos os alumnos.
ECOT LB1. As actividades realízanse no laboratorio de Toxicoloxía. Nesta clase interactiva de Laboratorio, dando continuación a unha das clases interactivas tipo Seminario (1h) no que se presenta un caso clínico de intoxicación causada pola auga de bebida, proponse ao alumno, no Laboratorio de Toxicoloxía un diagnóstico analítico toxicolóxico: a determinación espectrofotométrica por luz U.V. de Nitratos en auga de bebida. Na súa resolución, os alumnos deben preparar reactivos e disolucións patrón para obter unha recta de calibrado fronte a un branco e aplicar sobre os resultados analíticos o programa informático excel. Finalmente, deben interpretar os resultados da auga problema á luz da Normativa vixente. (4 h)
ECOT LB1 Campo. Na clase práctica de Campo, o alumno desprazarase ás Estacións Depuradoras municipais (EDAR e ETAP) de
Lugo, onde visitarán as instalacións co seu funcionamento, e posteriormente se obterá información das determinacións (análises químicas) dos parámetros rutineiros. Finalmente, o alumno elaborará un informe sobre o aprendido con criterios de saúde ambiental e sostibilidade. (4 h)
ECOT T. Nas Titorías grupais, aos alumnos propoñeráselles, con carácter obrigatorio, un traballo monográfico, realizándose un seguimento por parte do profesor en cada hora de titoría. (3 h)
Finalmente, os traballos de cada grupo serán expostos a todos os alumnos, nas horas destinadas a Seminarios (Ecotox S). Os contidos constituirán parte da materia avaliable no exame final. (7 h).
- Para SUPERAR a materia, é obrigatoria a asistencia e participación activa en:
* Clases Interactivas de Laboratorio e Prácticas de Campo (20%): valorando a actitude, boletíns-memorias debidamente cumplimentar (resultados, unidades, interpretación...) en tempo e forma.
* Titorías en grupos: elaboración de traballo monográfico.
* Clases Interactivas de Seminario: exposición de traballo monográfico (20%)
- A asistencia a Clases Expositivas é opcional. A asistencia ao 100% exime de realizar o exame final, pero a non asistencia implica a avaliación a través dun Exame Final tipo test e/ou conceptual (60%).
- Soamente os estudantes que non realizasen ningunha actividade avaliable, figurarán en ACTAS: Non presentado (NP).
**A cualificación da Avaliación Continua (Prácticas, Traballos monográficos e Seminarios) conservaranse para os cursos seguintes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións" (Artigo 16).
TOTAL HORAS DO ALUMNO 75: 30 horas traballo presencial e 45 horas traballo persoal do alumno.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (10x n.º ECTS): 30 h.
Distribución temporal presencial:
- 12 horas de Clases Expositivas
- 4 horas de Clases Interactivas de Laboratorio
- 4 horas de Clases Prácticas de Campo
- 7 h de Clases Interactivas de Seminario
- 3 h de Titorías en grupos
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (15x Nº ECTS):
- Estudo individual: 20 h
- Elaboración de memorias de prácticas: 5 h
- Elaboración de traballos: 7 h
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 2 h
- Asistencia a charlas, u outras actividades recomendadas: 2 h
- Resolución de casos/problemas: 2 h
- Presentaciones oraies: 5 h
- Realización de exames: 2 h
Total horas de traballo persoal do alumno: 45 h
- Asistencia a clases expositivas.
- Consulta da Bibliografía básica
- Completar as clases expositivas e interactivas con Bibliografía complementaria
- Contar co apoio de titorías individuais e a USC-virtual para resolver cuestións
- Estudo personalizado ao día
- Estudo, atención e retención de conceptos, ideas... e evitar datos superfluos (secundarios). Secundar advertencias do profesor en clase.
Horario de Tutorías individuais:
As horas de tutoría da profesora figuran oficialmente no taboleiro do Departamento (Pavillón 2).
Profesora Horario
M Julia Melgar Riol * Coordinadora Martes, xoves e venres: 11-13 h
DEREITOS DE AUTOR E INTIMIDADE EN RELACIÓN COA DOCENCIA (documentos e gravacións):
Copyright. Todos os dereitos son de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Só se permite o seu uso persoal no ámbito educativo, tanto na aula como en redes pechadas a disposición do alumnado.
Non se permite a súa reprodución, copia, fotografía, gravación nin difusión a terceiros sen consentimento do seu titular.
O seu incumprimento implicará a denuncia por vulneración dos dereitos de propiedade intelectual e da normativa da USC.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES DOCENTES: http://www.usc.gal/gal/centro/facultade-veterinaria/calendarios.
Maria Julia Melgar Riol
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- mj.melgar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Toxicoloxía |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Seminario de Toxicoloxía |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Toxicoloxía |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Toxicoloxía |
24.03.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |
10.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |