Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Clínicos EEES: 5 Total: 155
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Oftalmoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Introducir conceptos básicos xerais da Semioloxía Ocular orientados á formación do futuro optometrista
- Proporcionar os coñecementos para a comprensión da fisioloxía do ollo nas alteracións máis frecuentes
- Concienciar sobre a importancia dos métodos de exploración e o achado de signos e síntomas presentes nas alteracións ou enfermidades oculares
- Establecer as relacións existentes entre os procesos patolóxicos do ollo e as alteracións da visión
- Aproximar o alumno á detección de alteracións a través da observación da biomicroscopia ocular e introducir a terminoloxía da semioloxía ocular
- Conceptos básicos da consulta en optometría: epidemioloxía e exploracións máis frecuentes no exame ocular. Terminoloxía específica
- Semioloxía das pálpebras: alteracións da posición, da motilidade e procesos inflamatorios
- Semioloxía conxuntival: conxuntivite, protocolo de exploración e signos e síntomas diferenciais
- Aparello lacrimal: fisiopatoloxía e alteracións máis frecuentes
- Semioloxía das enfermidades corneais: conceptos básicos e riscos asociados á práctica da contactoloxía
- Cristalino: concepto da catarata, aspectos diagnósticos e enfermidades asociadas
- Semioloxía da úvea
- Sistematización da vía óptica e os síndromes máis importantes
- Exploración da motilidade ocular; concepto e diferenzas entre o estrabismo concomitante e o estrabismo paralítico
- Semioloxía das alteracións do nervio óptico: atrofia, escavación e edema.
- J. Kanski, J. e K. Nischal, Ken, Atlas de Oftalmología. Signos clínicos y diagnóstico diferencial, Ed. Harcowrt Brace-Mosby, 1999.
- Pastor Jimeno, J., Guiones de Oftalmología, Ed. McGraw-Hill-Interamericana.
- Durán de la Colina, J. A., Complicaciones por lentes de contacto, Tecnimedia, Madrid, 1998.
- J. Kanski, J., Oftalmología Clínica, Ed. Mosby.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os estudiantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dendde o respeto ó código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros mais específicos os principios do respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre las persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e de unha cultura de paz
CB1 - Que os estudiantes demostren poseer e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e suélese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudiantes sepan aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que suelen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudiantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado
CB5 - Que los estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidadE de analise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha língua extranxeira.
CT5 - Que adqueran coñecementos de informática relativos ó ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que sepan traballar en equipo.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que ol alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse ás novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
CT22 - Que estean motivados pola calidade.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que oalumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociales implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
Ensinanzas teóricas:
- Leccións teóricas deseñadas coa axuda de diapositivas, fotos de casos clínicos e vídeos
- Referencias bibliográficas (libros ou publicacións) complementarias a cada clase teórica
Seminarios: para a ampliación de coñecementos, temas de maior complexidade, etc., coa participación activa dos alumnos.
Ensinanza práctica:
Para a súa realización, os alumnos asisten en grupos reducidos ás sesións nas que se lles entrena nas exploracións correspondentes cos contidos da materia.
- Realízase un exame final mediante proba escrita sobre os contidos dos elementos básicos da materia.
- O programa práctico valórase mediante avaliación continua de acordo cos criterios de asistencia, participación e capacidades adquiridas durante o transcurso das prácticas.
- O tempo de estudo aproximado para os contidos teóricos é de 48 horas.
- O tempo dedicado aos contidos prácticos é de 3 horas semanais durante 1 cuadrimestre.
Asistencia á clase, aos seminarios, apoiarse en libros de consulta, atlas e publicacións relacionadas coa materia.
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | - | Aula 1 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | - | Aula 2 |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |