Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Clínicos EEES: 20 Total: 132.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir a destreza nas probas instrumentais de evaluación das funcións visáis e de saúde ocular.
Saber realizar unha anamnese completa
Coñecer o funcionamento da retina como receptor de enerxía radiante.
Coñecer, aplicar e interpretar as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
Coñecer as anomalías da refracción.
Desenvolver as habilidades destrezas para aplicar os procedimentos optométricos de refracción obxetiva y subxetiva.
Coñecer os posibles tratamientos das anomalías da refracción.
Coñecer a instrumentación necesaria para o exame optométrico
- Contidos teóricos:
Unidade temática I- Etioloxía e distribución dos estados refractivos
Tema 1.- Etioloxía e distribución dos estados refractivos. Compoñentes ópticos oculares
Unidade temática II- Exame optométrico
Tema 2.- Anamnese
Tema 3.- Agudeza visual
Probas preliminares
Tema 4.- Motilidade ocular intrínseca e extrínseca
Exame básico das estructuras oculares anterior e posterior
Tema 5.- Examen do globo ocular e anexos
Principios básicos e métodos de refracción obxetiva e subxetiva.
Equilibrio e refracción binocular
Tema 6.- Queratometría e topografía corneal
Tema 7.- Refracción Obxetiva: Retinoscopía
Tema 8.- Refracción subjetiva monocular de lonxe
Tema 9.- Refracción subjetiva binocular de lonxe
Tema 10.- Estudo da visión próxima
- Contidos prácticos:
Gabinete Optométrico e medida da Agudeza Visual
Medida da Distancia Interpupilar
Queratometría
Retinoscopía
Exame Subxectivo Monocular
Balance Binocular e Dominancia Ocular
Exploración básica externa e Interna do Ollo: lámpara de fenda e oftalmoscopía
- Bibliografía básica:
Manual de Optometría (2ª edición). R Martín Herranz, G Vecilla Antolínez. Panamericana, 2018.
Borish Clinical Refraction. 2º edition. W. J. Benjamin, I. M. Borish. The Professional Press Inc, 2006.
Procedementos Clínicos no Exame Visual/ Nancy B. Carlson, Daniel Kurtz, David A. Heath, Catherine Hines./ Ed: Génova 1992.
Atlas de Lámpada de Hendidura/ J. González-Cavada Benavides/Ed: Complutense. 2000.
Refracción : Teoría e Práctica/ Duke-Elder s/Ed: JIMS, 1985.
Optometría/ Edwards K, Llewellyn R./Ed: Masson-Salvat, 1993.
Optometría de Atención Primaria/ Grosvenor T. / Ed. Masson. 2004.
- Bibliografía complementaria:
Belmonte González N. Sobre Refracción Ocular. Doyma, 1989.
García Ge. Manual de Refracción. Masson-Salvat, 1992.
XERAIS
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT14 - Que o/a alumno/a adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o/a alumno/a manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o/a estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT21 - Que demostren iniciativa e espírito emprendedor.
CT22 - Que estean motivados/as pola calidade.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o/a alumno/a sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica e a Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica e a Optometría.
CE5 - Que o/a alumno/a sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o/a estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o/a estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CLASES EXPOSITIVAS
26 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
6 horas de docencia presencial (1 hora semanal)
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS:
20 horas de docencia presencial (2 horas semanais)
Para a súa realización os alumnos en grupos reducidos asisten durante 2 horas/sesión no gabinete. Ao ser o primeiro contacto co que posteriormente será o exercicio da profesión, necesítase tempo para que o alumno interiorice o manexo de cada instrumento e de cada proba. Antes de cada práctica entrégaselles unha guía do que deben realizar no día.
TITORIAS
Realizaranse de forma presencial e/ou telemática utilizando o chat da plataforma Moodle da aula virtual e/ou Teams.
Desde o inicio do curso académico estará activada a aula virtual da materia.
É obrigatorio a asistencia do 80% da docencia expositiva e interactiva de seminarios, e do 100% da docencia de prácticas.
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios:
Avaliación continua combinada cun exame final.
A avaliación continua realizarase de xeito virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle, Microsoft e/ou Teams, e representará un 20% da nota final (2 puntos).
O exame final terá lugar de modo presencial, de acordo ao calendario establecido por Xunta de Centro, e será mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e/ou caso práctico que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 50% da nota final (5 puntos)
A puntuación obtida na avaliación de contidos teóricos (avaliación continua e exame) suporá o 70% da cualificación final (7 puntos). O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 3,5 para aprobar a materia, e sumar coa nota de prácticas.
É obrigatorio a asistencia do 80% da docencia expositiva e interactiva de seminarios
- Avaliación de contidos Prácticos.-
A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua e exame de prácticas. É obrigatorio a realización de todas as prácticas.
A avaliación continua, que suporá un 10% da nota (1 punto), realizarase nas sesións presenciais e/ou en remoto utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams.
O exame de prácticas, que suporá un 20% (2 puntos) da nota, realizarse de modo presencial.
O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 1,5 na cualificación de prácticas para aprobar a materia, e sumar coa nota de contidos teóricos.
A puntuación obtida en teoría e seminarios supón un 70% (20% avaliación continua e 50% cualificación do exame) da cualificación final; a avaliación de habilidades prácticas o 30% (10% avaliación continua e 20% exame).
Na segunda convocatoria do curso académico, o alumno deberá examinarse da/s parte/s (teoría e/ou prácticas) que teña suspensas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Traballo Persoal do Alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 32 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 4 h.
Programación, experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 7 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 6 h.
Preparación de presentacións orais debates ou similar: 5.5 h.
Total horas de traballo persoal do alumno: 54.5 h.
Para poder superar a materia Optometría I é necesario que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados na materia Fundamentos de Optometría.
Nas clases prácticas os alumnos terán que vestir obligatoriamente bata branca. Non se permitirá pantalón curto nin roupa deportiva.
Non se permiten móbiles, gorros, viseras, panos. etc.
Material obrigatorio nas clases clínicas: Linterna de luz puntual, Reglilla de 20 cm e Bata branca.
Maria Jesus Giraldez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813526
- Correo electrónico
- mjesus.giraldez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luz Maria Gigirey Prieto
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813521
- Correo electrónico
- luz.gigirey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Covadonga Vazquez Sanchez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- mariacovadonga.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carlos Garcia Resua
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Veronica Noya Padin
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- veronicanoya.padin [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 6 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |