Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os parámetros e modelos oculares.
Coñecer o ollo como detector de enerxía radiante.
Coñecer os aspectos espaciais y temporais da visión.
Coñecer e comprender os factores que limitan a calidade da imaxe retiniana e da imaxe percibida.
Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación da calidade da imaxe retiniana e da imaxe percibida.
Ser capaz de realizar probas psicofísicas para determinar os niveis de percepción visual.
PROGRAMA TEÓRICO
Bloque I: O ollo como sistema óptico
Tema 1 Formación de imaxe: modelos esquemáticos de ollo
1. Introdución
2. Tipos de modelos esquemáticos de ollo
3. Ollo teórico completo de Le Grand non acomodado
4. Outros modelos de ollo esquemático
5. Ollo emétrope e amétrope
6. Ollo acomodado
Tema 2 Acomodación
1. Estímulo da acomodación
2. Ollo non acomodado: punto remoto
3. Ollo acomodado: punto próximo
4. Zona de visión nítida
5. Medida da acomodación. Amplitude de acomodación
6. Variacións da amplitude de acomodación coa idade: presbicia
7. Afacia
Tema 3 Imaxes retinianas
1. Introdución
2. Tamaño da imaxe retiniana dun obxecto puntual
3. Tamaño da imaxe retiniana dun obxecto extenso
4. Profundidade de campo
Tema 4 Ametropías esféricas
1. Introdución
2. Fundamentos da compensación de ametropías
3. Corrección con lente delgada
4. Corrección da presbicia
5. Corrección con lente grosa
6. Corrección con lente de contacto
7. Visión baixo a auga
Tema 5 Ametropías astigmáticas
1. Introdución
2. Lentes astigmáticas
3. O feixe astigmático
4. Astigmatismo ocular
5. Imaxes retinianas. Ampliación de lente
Bloque II: O ollo como detector de imaxes
Tema 6 Características básicas do sistema detector
1. A retina humana
2. Fotometría
3. Iluminación retiniana
4. Limiares de luminancia
Tema 7 Visión espacial: características, mecanismos e límites
1. Introdución
2. Resolución espacial
3. Calidade de imaxe retiniana
4. Mostraxe espacial e detección nos fotorreceptores
5. Mecanismos da visión espacial
6. Visión de formas
7. Ilusións ópticas
Tema 8 Visión temporal
1. Introdución
2. Estímulos breves
3. Estímulos periódicos
4. Percepción do movemento
PROGRAMA PRÁCTICO
-Estudio do efecto das ametropías e correccions sobre a calidade da imaxe retiniana en ollo artificial.
-Observación da PSF ocular
Aguilar, M. et al: "Optica Fisiológica" U. Politecnica de Valencia. 1996
Arne Valberg: Light vision color. John Wiley & Song Ltd. 2005
Artigas, J.M. et al: "Optica Fisiológica. Psicofisica de la vision" Interamericana McGraw-Hill. 1995
Atchison, D.A. et al : "Optics of the human eye”. Butterworth-Heinemann, Melbourne, 2000
Le Grand, Y. : " Optica Fisiológica". S.E.D.O. 1999
Romero, J. et al: "Curso Introductorio a la Optica Fisiológica". Ed Comares. 1996
Schwartz, S.H. : "Visual Perception: A Clinical Orientation". McGraw-Hill Medical. 2010
Tunnacliffe, A. : "Introduction to Visual Optic". ABDO. 2001
Wyszecki, G. et al : “Colour science: concepts and methods, quantitative data and formulae”. John Willey & Sons. 1982.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersoais.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica- Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica- Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Clases teóricas e de seminarios presenciais , para desenvolver de forma lóxica e consistente o programa docente da materia, mostrando a súa relación con outras materias da titulación e procurando fomentar a participación activa dos alumnos.
A Aula Virtual empregarase como ferramenta de comunicación, intercambio de documentos e información. As diapositivas da presentación de cada tema, e o seu boletín de problemas, serán subidos o Aula antes do comenzo das correspondentes clases expositivas.
As titorías poden ser presenciais ou telemáticas, con cita previa.
CUALIFICACIÓN FINAL: a cualificación final corresponderase nun 70% coa cualificación da/s proba/s teóricas e nun 20% á cualificación das prácticas de laboratorio, unha vez superadas ambas as partes de forma independente. O 10% restante corresponderase coa avaliación continua (participación activa nas clases e nos laboratorios).
AVALIACIÓN TEÓRICA: A avaliación da parte teórica pode facerse de dous modos:
-Os alumnos que asistan regularmente ás clases presenciais (asistencia mínima acreditada mediante firma do 80%) poderán ser avaliados mediante exames parciais. Para aprobar a parte teórica con esta modalidade é imprescindible obter en cada un dos exames parciais unha nota mínima de 4 sobre 10, e unha nota media ponderada igual ou superior a 5 sobre 10. En caso contrario a avaliación por parciais considérase suspensa.
A cualificación de aprobado ou superior na avaliación por parciais exime da obrigación de presentarse ao exame final.
- Os alumnos que non superasen a avaliación por parciais, os que teñen dispensa de asistencia, e os que voluntariamente opten por esta modalidade de avaliación, teñen dereito a ser avaliados mediante un exame global final escrito nas datas aprobadas oficialmente polo centro.
AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS: A cualificación da parte práctica basearase no informe de prácticas que o alumno debe elaborar e presentar (por escrito e/ou en defensa oral) e na súa participación activa no laboratorio (avaliación continua).
A asistencia a todas as sesións de laboratorio é condición necesaria para aprobar a materia.
De non superar a materia na primeira oportunidade, conservarase a nota das prácticas para a segunda oportunidade, e no seu caso, para a convocatoria extraordinaria correspondente a ese curso académico.
Na primeira oportunidade, e na convocatoria extraordinaria, o alumno con prácticas suspensas deberá, segundo indicación do profesor/a, ou ben refacer o informe de prácticas ou ben realizar un exame práctico que terá lugar o mesmo día que o exame teórico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de
suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno
infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao
público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Horas presenciais: 51
Horas de traballo persoal: 99
1) FUNDAMENTAL: Repaso dos coñecimentos xa adquiridos en Óptica Xeométrica.
2) Estudar, ou como mínimo ter lida a teoría, antes dos seminarios de problemas correspondentes a cada tema.
3) Facer uso das tutorias para consultar e esclarecer dúvidas.
4) Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
Idioma do curso: Galego e Castelán
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ao recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de
suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno
infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao
público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Rosa María González Fernández
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813518
- Correo electrónico
- rosa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |