Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno debe ser capaz de:
+ Aconsellar as lentes e a montura máis adecuadas segundo a prescrición.
+ Montar, axustar e adaptar os diferentes modelos de gafas existentes no mercado.
+ Detectar e corrixir a orixe dos problemas e dificultades de adaptación dos usuarios.
+ Ofrecer solucións ou alternativas para superar estes problemas.
En xeral, nas aulas trataranse os contidos e informacións específicas correspondentes á sesión de prácticas da semana. Ademais, veranse temas comúns a todas elas como:
+ Adaptación e axuste de monturas
+ Elección das lentes e monturas máis adecuadas segundo a prescrición
+ Optimización de lentes. Lentes estándar, a gume e precalibradas.
+ Influencia dos erros de adaptación na calidade óptica da compensación. Posibles solucións
As prácticas propostas, para desenvolver en sesións de dúas horas e media, son as seguintes (non necesariamente nesta orde):
1. Montaxe e adaptación de lentes monofocais astigmáticas en montura metálica.
2. Montaxe e adaptación de lentes monofocais astigmáticas en montura plástica.
3. Montaxe e adaptación de lentes bifocais
4. Montaxe e adaptación de lentes progresivas
5. Montaxe e adaptación de gafas con fío de nailon
6. Montaxe e adaptación de gafas rañuradas de fío ou lámina metálica
7. Montaxe e adaptación de gafas de tres pezas
8. Montaxe e adaptación de gafas de tres pezas
A dispoñibilidade de material pode facer variar algunha das sesións, ou a orde en que se leven a cabo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
+ A. Benito Galindo e E.A. Villegas Ruiz, Montaje y aplicaciones de Lentes oftálmicas, Servicio de publicaciones de la Universidad de Murcia, Murcia, 2001.
+ C.W. Brooks, Essentials of Ophthalmic Lens Finishing, ed. Butterworth-Heinemann, St. Louis 2003.
+ C.W. Brooks, I.M. Borish System for Ophthalmic Dispensing, 2nd ed., ed. Butterworth-Heinemann, 1996.
+ A.H. Tunnacliffe, Essentials of dispensing, The Association of British Dispensing Opticians, Londres 1998 (2ª ed).
+ H. Obstfeld, Spectacle Frames and their Dispensig, ed. Saunders Co. Ltd. 1997.
+ Rodríguez Martínez J.I., Adaptación de monturas, ed. USC (2015)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
+ A.H. Tunnacliffe, Introduction to viual optics, The Association of British Dispensing Opticians, Londres 1993 (4ª ed.).
+ M. Jalie, Ophthalmic Lenses & Dispensing, Butterworth-Heinemann, Edinburgh 2003. 2ª ed.
+ M. Jalie, The Principles of Ophthalmic Lenses. ABDO, London, 2021, 6ª edition.
+ J. Salvado e M. Fransoy, Tecnología Óptica. Lentes oftálmicas, diseño y adaptación. Ed. UPC, Barcelona 1997.
+ Fannin, T. E. e Grosvenor, T.P. Óptica clínica. 2ª ed. Barcelona: Omega, (2007)
+ Catálogos e publicacións técnicas de fabricantes e distribuidores e artigos de publicacións periódicas.
Perseguimos a consecución das seguintes
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos, os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se basea en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional, e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT10 - Que saiban traballar nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT11 - Que saiban traballar nun contexto internacional.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacións interpersonais.
CT14 - Que o estudante adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o estudante manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o estudante sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o estudante sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
Na aula, presentarase a práctica desa semana, ademais doutros temas que se especificaron no apartado de contidos. Ademais, os estudantes recibirán o material que precisan para a realización da práctica.
Nas sesións de prácticas, o profesor realizará unha demostración do traballo que debe facer o alumno. A continuación, os alumnos farán a práctica baixo a supervisión do profesor. O resultado final debe ser autoavaliado polo alumno antes de lle ser presentado ao profesor. Este fará unha última avaliación diante do alumno, sinalando, principalmente, o modo de corrixir os erros, problemas ou defectos detectados.
Usaremos o Campus Virtual como repositorio de documentación e canle de comunicación entre estudantes e profesor
Idiomas de traballo na aula: Galego.
O estudante fará un exame escrito dos contidos da materia, e terase en conta o seu rendemento cotián no taller.
A cualificación final do estudante será a media ponderada das cualificacións recibidas en cada unha das oito sesións prácticas (11,11%) (as prácticas non realizadas terán unha cualificación de cero) e da proba teórica (11,11%).
Os estudantes que non acaden así o aprobado, farán un exame práctico na segunda oportunidade.
O ALUMNO DEBERÁ REALIZAR como mínimo seis das oito prácticas propostas, no período lectivo programado, para poder ser avaliado en calquera das dúas oportunidades.
Consideraranse “non presentados” aqueles alumnos que non realicen este mínimo de prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial:
Docencia expositiva: 8 horas
Prácticas no taller: 20 horas
Titorías: 6 horas
Outras sesións con profesor: 4 horas
Traballo non presencial:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 27,5 horas
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 29,5 horas
Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 17,5 horas
Total: 112,5 horas
Repaso dos coñecementos xa adquiridos en Óptica Oftálmica I, II e III.
Facer uso das titorías para consultar e esclarecer dúbidas.
Non memorizar “receitas”, senón entender sempre o que se está a facer.
Asistencia ás aulas previas a cada sesión práctica.
Participación activa nas sesións prácticas do taller.
Recoméndaselle ao alumno unha atenta observación das modas, tendencias, mercado e novidades no campo das lentes oftálmicas, de sol e monturas para gafas, que permita abordar na clase, co profesor e os compañeiros, aqueles aspectos máis diferentes e innovadores dos produtos, principalmente de cara a prever e solucionar posibles problemas de montaxe e/ou adaptación que poidan presentar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Juan Ignacio Rodriguez Martinez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813500
- Correo electrónico
- nacho.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
16.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |