Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Clínicos EEES: 16 Total: 128.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Oftalmoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición dos coñecementos xerais acerca das bases diagnosticas, clínicas e terapéuticas das enfermidades oculares do segmento anterior do ollo, información que é fundamental para a práctica correcta do seu labor profesional.
Aprendizaxe e manexo dos diferentes métodos de exploración necesarios para a sospeita diagnóstica dunha afección do segmento anterior.
Coñecer as poboacións de risco para o padecimiento das diferentes enfermidades oculares.
Enfermidades da órbita.
Patoloxía infecciosa, inflamatoria e tumoral das pálpebras.
Alteracións do aparello lagrimal.
Ollo seco.
Patoloxía da conjuntiva. Signos obxectivos en patoloxía conxuntival. Formas clínicas das conxuntivites.
Inflamacións da esclera.
Patoloxía corneal. Queratopatía epitelial. Queratitis bacteriana, micótica e vírica. Queratitis parenquimatosa e intersticial. Cambios involutivos. Dexeneracións e distrofias corneales. Alteracións corneales por lentes de contacto.
Alteracións do cristalino. Clasificación das cataratas.
Glaucoma. Glaucoma primario de ángulo aberto. Glaucoma primario de ángulo pechado. Glaucomas secundarios. Glaucoma conxénito.
Bibliografía básica:
KANSKI. Oftalmología Clínica. I.S.B.N. 84-8174-493-X
KANSKI J.J. Atlas de Oftalmología. Signos clínicos y diagnósticos. I.S.B.N. 84-8174-395-X
LANG K. Oftalmología. Texto y atlas en color. I.S.B.N. 84-4588-110-X
RIORDAN E., VAUGHAN A. General Ophthalmology. I.S.B.N. 0-0713-7831-6. (2004)
SPALTON D.J., HITCHINGS R.A., HUNTER P.A. Atlas de Oftalmología Clínica. Mosby/Doyma Libros.I.S.B.N. 84-8086-123-1. Madrid, 1995.
VAUGHAN A. Oftalmología General I.S.B.N. 968-426-880-7
Bibliografía complementaria
GRAYSON M. Enfermedades de la córnea. I.S.B.N. 950-06-0843-X
RAPUANO C.J., LUCHS J.I., KIM T. Segmento anterior. Los requisitos en Oftalmología. I.S.B.N. 84-8174-515-4
ALWARD W. Glaucoma. Los requisitos en Oftalmología. I.S.B.N. 84-8174-513-8
Coñecer os síntomas das enfermidades visuais e ser capaz de recoñecer os signos que se lle asocian.
Actuar con criterio na detección e prevención dos principais trastornos oftalmolóxicos, co fin de remitir aos pacientes ao oftalmólogo para o seu estudo e tratamento.
Diferenciar os procesos banais das urxencias oftalmolóxicas que esixen a actuación inmediata do oftalmólogo.
Coñecer as poboacións de risco para padecer as diferentes enfermidades oculares.
Participar na educación sanitaria oftalmolóxica da poboación.
Explorar correctamente mediante biomicroscopía e oftalmoscopía as diferentes estruturas oculares e os seus anexos, podendo recoñecer signos clínicos e lesións que lle conduzan a unha sospeita diagnóstica.
Coñecer os fundamentos e técnicas de educación sanitaria e os principais programas xenéricos de saúde aos que o optometrista debe contribuír desde o seu ámbito de actuación.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar críticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
Clase expositivas:
O profesor presentará os disferentes contidos sobre esquemas básicos complementados con múltiples imaxes e fotos de casos clínicos reais.
Seminarios interactivos:
Ao longo do curso desenvolveranse seis seminarios sobre leccións das diferentes partes do programa (anexos oculares, córnea, conxuntiva, ollo seco, cristalino e cataratas e glaucoma). Fomentarase que o alumno participe activamente, tanto preguntando como respondendo as cuestións que poidan xurdir.
Prácticas clínicas:
Para a súa realización os alumnos asisten, en grupos reducidos, a unha consulta que realiza un profesor; e, supervisados por el, practican os métodos exploratorios que están ao seu alcance.
Titorías:
O profesor estimulará a participación do alumno para presentar as dúbidas que poidan xurdirlle no estudo do temario ou no transcurso das prácticas clínicas.
Avaliación final mediante exame escrito, 50 preguntas test, y 20 preguntas cortas, aprobado un 70%. A proba incluirá preguntas test de resposta única, que poderá alternarse con preguntas curtas ou tema.
Valoración positiva da asistencia e participación nas clases interactivas.
Para a superación da materia e imprescindible que as clases prácticas teñan sido evaluadas positivamente po los titores.
Estímanse necesarias ao redor de 60-70 horas de estudo e traballo de manexo bibliográfico.
Recoméndase aos alumnos que accedan a imaxes dos atlas que se sinalan na bibliografía, así como á utilización de sistemas informaticos de procura bibliográfica e de recompilación de imaxes tales como o uso de Medline.
José Maria Fandiño Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Oftalmoloxía
- Correo electrónico
- josemaria.fandino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |