Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 54.5 Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 15 Clínicos EEES: 35 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal é proporcionar ao alumno a experiencia clínica necesaria en atención primaria en saúde visual e ocular, para afrontar con garantías de éxito a práctica profesional.
Ao finalizar esta materia o alumno deberá ter alcanzado os seguintes obxectivos:
Desenvolver habilidades de comunicación, de rexistro de datos e de elaboración de historias clínicas.
Adquirir as habilidades clínicas necesarias para o exame e tratamento de pacientes.
Adquirir a capacidade para examinar, diagnosticar e tratar anomalías visuais pondo especial énfase no diagnóstico diferencial.
Coñecer a natureza e organización dos distintos tipos de atención clínica.
Coñecer os diferentes protocolos aplicados aos pacientes.
Coñecer e aplicar as novas tecnoloxías no campo da clínica optométrica.
Capacidade para actuar como axente de atención primaria visual.
Habilidade para prescribir, controlar e facer o seguimento das correcciones ópticas.
Adquirir a destreza para a interpretación e xuízo clínico dos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis idóneo.
Adquirir destreza nas probas instrumentais de evaluación das funcións visuais e de salud ocular. Saber realizar unha anamnese completa.
Seminarios
Exposición, comentario e discusión de casos clínicos. Redacción de informes de remisión.
Con contidos teóricos de apoio:
-Test Preliminares
-Refracción
-Visión Binocular
-Valoración do polo anterior e posterior do ollo (Biomicroscopía y Oftalmoscopía)
-Secuencias de exame
-Análise de casos
-Informes
Prácticas clínicas
Práctica clínica, baixo supervisión, en análise visual, atención ao paciente e procedementos optométricos.
• Martín R, Vecilla G. Manual de Optometría. Ed. Panamericana, 2010
• Nancy B. Carlson, Daniel Kurtz, David A. Heath, Catherine Hines. Procedimientos Clínicos en el Examen Visual. Ed. Génova, 1992.
• González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura. Ed, Complutense, 2000.
• Edwards K, Llewellyn R. Optometría. Ed, Masson-Salvat, 1993.
• Grosvenor T. Optometría de atención primaria. Ed. Masson, 2004.
• Pickwell, D., Anomalías de la visión binocular: Investigación y tratamiento. Ed. JIMS, 1996.
• Scheiman, M. H. y Wick, B., Tratamiento clínico de la visión binocular, disfunciones heterofóricas, acomodativas y oculomotoras. Ed. Ciagami, 1996.
• Goss, D. A., Ocular accommodation, convergence & fixation disparity. Ed. Butterworths-Heinemann, 1995.
• Rosenbloom AA y Morgan MW. Vision and aging. 2ª edition. Ed. Butterworth-Heinemann, 1993.
• Zadnik K. The ocular examination. Measurements and findings. Ed. W.B. Saunders Company, 1997.
• García G. Manual de refracción. Ed. Masson-Salvat, 1992.
• Benjamin WJ. Borish,s Clinical Refraction. 2ª edition. Ed. Butterworth Heinemann, 2006.
• Rosenbloom AA y Morgan MW. Principles and Practice of Pediatric Optometry. J.B. Lippincott Company. 1990.
• Milton M. Hom and Adrian S. Bruce. Prescripción y Adaptación de Lentes de Contacto. Elsevier Mason. 2007
• Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Complicaciones de las Lentes de Contacto. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005
As competencias que o alumno debe adquirir na materia Clínica Optométrica I, de acordo á memoria oficial de Grao en Óptica e Optometría, son:
Básicas e xerais
CB1 – Que os alumnos demostraran coñecementos e comprensión nun campo de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e é normalmente a un nivel que, aínda que sexa apoiado por manuais avanzados, inclúe algúns aspectos que coñecemento de vangarda do seu campo de estudo
CB2 – Que os estudantes poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñen competencias tipicamente demostrado a través do deseño e soster argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 - Que os alumnos teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole, científica ou ética
CB4 - Que os alumnos poidan trasnmitir información, ideas, problemas e solucións, a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os alumnos desenvolveran as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
CB6 - Que os alumnos sexan capaces de xestionar a súa actividade profesional e educativa dende o respecto polo código ético da súa profesión, que inclúe, entre outros principios máis específicos, os principios de respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz
Transversais
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntesis.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e de planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua extranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relacionada coa área de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisions.
CT10 - Que sepan traballar nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacions interpersonais.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar un apendizaxe autónomo
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacions.
CT18 - Que sexan creativos.
CT22 - Que estean motivados pola calidade
Específicas
CE4 – Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestión clínicas, científicas, éticas e sociales implicadas na práctica profesional da optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría, e aprenderndo a valorar de maneira crítica a terminoloxía, os ensaios clínicos e a metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de expresar opinións, informes e enquisas sempre que sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poda avaliar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o bo desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poda ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a educación continuada.
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
Realizánse 20 seminarios/curso. Nestes seminarios, expoñeranse, comentaranse e analizaranse os aspectos mais relevantes de diferentes casos clínicos. Preténdese realizar unha docencia participativa na que o alumno interveña activamente.
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS
Debido a que as instalacións o permiten, o número de alumnos por grupo manterase no 100% durante o transcurso da materia. Para a súa realización, os alumnos, en grupos reducidos, asisten durante sesións de 3 horas/día ó Servizo de Optometría, de acordo ao horario académico establecido. Nas clases prácticas os alumnos terán que vestir obrigatoriamente bata branca. Non se permitirá pantalón curto nin roupa deportiva. Material necesario: Linterna de luz puntual, Reglilla de 20 cm.
TITORIAS
Realizadas de forma telemática utilizando o chat da plataforma Moodle da aula virtual e/ou Teams.
Desde o inicio do curso académico estará activada a aula virtual da materia
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios: O examen final terá lugar de modo presencial, dacordo ao calendario establecido pola Xunta de Centro, e será mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Este exame pode ser substituído por exercicios de presentación ou traballos escritos ao longo do semestre; de ser este o caso, esta substitución será informada polo profesorado da materia, sendo a nota obtida nestes exercicios interactivos a nota final desta sección de avaliación. Representará un 20% da nota final (2 puntos). O alumno deberá alcanzar un nivel mínimo de 1 punto na avaliación de seminarios para sumar coas calificacións correspondentes ós demais apartados.
- Avaliacion de contidos Prácticos: A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua e exame de prácticas.
- A avaliación continua, que suporá un 50% da nota (5 puntos), realizarase a través nas sesións presenciais no Servizo de Optometría.
- O exame de prácticas, que suporá un 20% (2 puntos) da nota, realizarse de modo presencial.
- O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 4,5 puntos no total da avaliación práctica para sumar coas cualificacións correspondentes os demais apartados.
- As prácticas non realizadas por ausencia do alumno, terán unha cualificación de cero para o calculo da nota continua. No caso de solicitar a recuperación dunha práctica perdida ou o cambio puntual de grupo, isto debe facerse sempre baixo unha causa correctamente xustifica; no caso de cambio puntual de grupo, este será baixo intercambio con outro compañeiro para respectar o ratio alumno/docente marcado pola Memoria de Grado en Óptica e Optometría dentro das practicas clínicas, e sempre a aprobación dos docentes afectados (o non cumprimento de este requisito ou o non contar con a aprobación explícita de permiso de asistencia dos docentes afectados, pode implicar o abandono da practica ao inicio da mesma). Así mesmo, a non asistencia a mais de 2 sesións de práctica clínica suporá a perda o dereito de poder realizar o exame final de prácticas.
- Participación/actitude: Sumarán 1 punto á nota final.
Para que a puntuación por participación/actitude se incorpore á nota final, o alumno deberá ter, polo menos, a puntuación mínima requirida nas avaliacións de contidos teóricos e de prácticas. O punto repartirase da seguinte maneira: 0,7 prácticas + 0,3 seminarios.
A calificación global na primeira convocatoria do curso será, sempre que se alcancen os mínimos establecidos para cada apartado, a resultante de sumar a calificación obtida nas probas de prácticas, de seminarios e de participación/asistencia/actitude.
A puntuación obtida en prácticas supón un 70% (50% evaluación continua e 20% exame) da calificación final, a avaliación de seminarios un 20% e participación/asistencia/actitude o 10%.
Na segunda convocatoria do curso académico, o alumnos deberá examinarse de/as parte/s (prácticas e/ou seminarios) que teña suspensa/s, conservándose a calificación correspondente a participación/asistencia/actitude obtida durante o curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 54,5 distribuídas do seguinte xeito:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 22 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 7 h.
Programación, experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 8 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 9,5 h.
Preparación de presentacións orais debates ou similar: 8 h.
Para poder integrar axeitadamente os conceptos impartidos en Clínica Optométrica I, é especialmente recomendable que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados nas materias Fundamentos de Optometría, Optometría I, Optometría II e Contactoloxía I.
Gonzalo Garcia Dominguez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- gonzalo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Eva Punín Dorrio
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- eva.punin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Dolores Purificación Ferreiro Figueiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- dolores.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Silvia García Montero
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- silvia.garcia.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Covadonga Vazquez Sanchez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- mariacovadonga.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Adrian Perez Baladron
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- adrianperez.baladron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |