Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS XERAIS
O obxectivo xeral da materia é estudar as bases químicas, moleculares e xenéticas dos procesos biolóxicos, especialmente en relación co ollo. Ao longo do programa o alumno debe adquirir unha visión xeral sobre a estrutura da materia viva, a catálise e metabolismo celular, así como as bases moleculares do almacenamento e expresión da información biolóxica.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Coñecer os procesos bioquímicos básicos implicados no sistema visual.
Comprender as bases bioquímicas das alteracións do sistema visual.
Proporcionar os coñecementos básicos para comprender mellor outras materias
Algúns temas trátanse de forma transversal.
INTRODUCIÓN (AP)
1. INTRODUCIÓN á Bioquímica e Bioloxía Molecular. Bioquímica Ocular. Biomoléculas: características químicas e estruturais. Reaccións bioquímicas.
2. O AUGA. Estrutura e propiedades da auga. O auga nos seres vivos. Actividade iónica do auga. Ácidos e bases. Disolucións reguladoras ou tampóns. Fluídos oculares. Bioquímica clínica dos fluídos oculares.
BIOMOLÉCULAS (AP)
3. GLÍCIDOS. Glícidos: concepto e clasificación. Monosacáridos e derivados dos monosacáridos. Disacáridos. Polisacáridos. Proteoglicanos e glicoproteínas.
4. LÍPIDOS. Ácidos graxos. Lípidos: características estruturais e clasificación. Lipoproteínas. Principais lípidos oculares.
5. AMINOÁCIDOS E DERIVADOS. PÉPTIDOS E PROTEÍNAS. Aminoácidos e derivados: propiedades. Características estruturais e funcións dos nucleótidos. Enlace peptídico e estrutura primaria das proteínas. Péptidos de interese biolóxico. Pregamento das proteínas e relación estrutura-función. Estruturas secundarias, terciarias e cuaternarias. Alosterismo.
ENZIMOLOXÍA (AP)
6. ENZIMAS. Clasificación. Mecanismo da catálise enzimática. Cinética enzimática. Proteínas e enzimas responsables da visión.
7. VITAMINAS, MINERAIS E OLIGOELEMENTOS. Vitaminas: clasificación e funcións. Vitaminas liposolubles. Vitaminas hidrosolubles. Efectos das deficiencias de vitaminas nos tecidos oculares. Minerais e oligoelementos.
8. INHIBICIÓN E REGULACIÓN da actividade enzimática. Regulación alostérica. Regulación por modificación covalente.
METABOLISMO INTERMEDIARIO (AGD)
9. INTRODUCIÓN E BIOENERXÉTICA. Introdución ao metabolismo. Rutas metabólicas. Relacións termodinámicas e compostos de alto nivel enerxético.
10. REGULACIÓN DO METABOLISMO. Introdución. Transporte a través da membrana.
11. SINALIZACIÓN CELULAR E NEUROQUÍMICA OCULAR. Compoñentes: Sinais, receptores, transdutores e efectores. Mecanismos de transdución de sinais. Principais neurotransmisores da retina.
12. METABOLISMO AEROBIO. Ciclo do os ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico e fosforilación oxidativa. Inhibidores do transporte electrónico e axentes desacoplantes.
13. METABOLISMO DE GLíCIDOS. Glucólise e a súa regulación. Destinos metabólicos do piruvato e fermentación láctica. Incorporación doutros monosacáridos á vía glucolítica. Ruta das pentosas fosfato. Gluconeoxénese e a súa regulación. Glucoxenólise e glucoxenoxénese. Control do metabolismo do glucóxeno. Metabolismo aerobio e anaerobio ocular.
14. METABOLISMO DE LÍPIDOS E LIPOPROTEÍNAS. Metabolismo de ácidos graxos e a súa regulación. Metabolismo do colesterol e a súa regulación. Metabolismo de lipoproteínas.
15. METABOLISMO DO NITRÓXENO. Degradación de proteínas e recambio proteico. Reaccións comúns ao metabolismo de aminoácidos: transaminación e desaminación oxidativa. Metabolismo de aminoácidos específicos. Metabolismo de nucleótidos: purínicos e pirimidínicos.
16. COORDINACIÓN DO METABOLISMO. Integración do metabolismo. Diabetes e retinopatías.
ÁCIDOS NUCLEICOS E EXPRESIÓN XÉNICA (AGD)
17. ÁCIDOS NUCLEICOS. Estrutura dos ácidos nucleicos e o xenoma. Replicación, reparación e recombinación do DNA.
18. EXPRESIÓN XÉNICA. Síntese do RNA: transcrición. Síntese de proteínas: tradución. Modificacións post-traducionais. Regulación da expresión xénica.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1: MANEXO DE REATIVOS, APARELLOS BÁSICOS E PREPARACIÓN DE SOLUCIÓNS (DISOLUCIÓNS).
PROTOCOLO: PREPARACIÓN DE SOLUCIÓN AMORTIGUADORA (TAMPÓN ou BUFFER) FOSFATO A DIFERENTES pHs.
Obxectivos:
1. Consideracións prácticas e preparación de disolucións usadas na experimentación.
2. Preparación dunha disolución tampón.
3. Consideracións prácticas e manexo dunha balanza de precisión de calibración externa.
4. Consideracións prácticas e manexo de pipetas. Pipetas automáticas, fixas e variables. Pipetas repetitivas.
5. Consideracións prácticas, calibración e manexo dun pHmetro.
PRÁCTICA 2: ENZIMOLOXÍA
PROTOCOLO: CUANTIFICACIÓN DA ACTIVIDADE ENZIMÁTICA E DETERMINACIÓN DAS CONSTANTES CINÉTICAS USANDO PEROXIDASA, E EFECTO DO pH SOBRE A MESMA.
Obxectivos:
1. Consideracións prácticas e preparación de disolucións de sustrato, enzima e tampóns de pH.
2. Determinación da actividade enzimática mediante a medida de absorbancia no espectrofotómetro apropiado.
3. Consideracións prácticas e manexo dunha recta de calibrado ou recta patrón con cantidades coñecidas e crecentes do produto (previamente realizada).
4. gráfico dos resultados e determinación das constantes cinéticas.
5. Efecto do pH e representación gráfica.
+ SEMINARIOS
+ COMPETENCIAS DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS
• Berg, J.M., Tymoczko, J.L. & Stryer L., 2015. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.
• Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
• Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Omega.
• McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida.[en liña] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedicalcom.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=1960
• Battaner Arias, E., 2013. Biomoléculas: una introducción estructural a la bioquímica. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-134
• Battaner Arias, E., 2014. Compendio de enzimología. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1
+ Blas Pastor, J. R. (2013). “BqTEST : 1000 preguntas tipo test de bioquímica para universitarios”. Lulu.com,
+ Whikehart, D. R. (2011, 3ª ed). “Biochemistry of the eye”. Ed Elsevier Inc. Philadelphia.
PÁXINAS WEB:
- http://www.sebbm.es/BioROM/indices/index.html
- http://biomodel.uah.es. Sitio web Universidad Alcalá de Henares
- http://www.ncbi.nlm.nih.gov/guide/ (The National Center for Biotechnology Information, (NCBI) fonte principal de bases de datos (nucleótidos, xenes e xenomas, e ferramentas bioinformáticas.
BÁSICAS e XERAIS
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nun área de estudo que xurde da base da educación secundaria xeral, e normalmente atópase nun nivel que, se ben apoyase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posean as competencias que demostrase habitualmente por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan uhna reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemasey solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes hteñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con alto grado de autonomía.
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros más específicos os principios do respecto e a promoción dos dereios fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua extranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
ESPECIFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE9 - Que o estudante poda ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante sabia situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
CE12 - Que o alumno poda demostrar a comprensión á estructura xeral da disciplina Optometría e a súa conexión con disciplinas específicas e outras complementarias.
CE17 - Que incorporen os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional, respectando a autonomía do paciente, os seus determinantes xenéticos, demográficos, culturais e socioeconómicos, integrando os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións, aplicando os principios de xustiza social na práctica profesional, nun contexto mundial en transformación.
Ademáis:
- Coñecer a composición e a estructura das moléculas que forman os seres vivos.
- Comprender as transformacións dunhas biomoléculas noutras.
- Aplicar os coñecementos bioquímicos ó ollo a ao proceso da visión.
- Recoñecer e manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
DOCENCIA EXPOSITIVA:
A docencia expositiva está concibida a fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que acaden os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino. Tamén se usará o Método do Caso.
DOCENCIA INTERACTIVA Realizaranse Seminarios sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia, así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Nas Titorías grupais traballaranse Competencias de comunicación e presentación de casos e traballos. Nas Prácticas de laboratorio, o alumnado seguirá o guión de prácticas elaborado polo profesor para desenvolver os protocolos experimentais. Ao final das prácticas, o alumnado deberá presentar ao profesor o caderno de laboratorio correctamente cuberto.
TITORIAS:
Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, computadores, espazo virtual da materia e outros medios que o profesor considere oportunos.
As clases expositivas e as prácticas e seminarios serán presenciais e realizaranse na aula seguindo o calendario oficial e o calendario da materia. Nos seminarios os estudantes terán que levar á aula notas, libros, calculadora e todo o material didáctico que se precise. Os boletíns de problemas realizados por cada grupo de traballo nos seminarios entregaranse ao final de cada sesión para a súa avaliación.
Para as actividades que se teñan que facer en remoto ou virtuais se usará a Aula Virtual e, de ser posible, Teams máis o software de MS asociados.
Está expresamente prohibido aos estudantes distribuír o material didáctico (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
Plaxio e uso indebido de tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións.
1. Criterio Xeral: Actividades obrigatorias non avaliables, Actividades obrigatorias avaliables, Actividades non obrigatorias avaliables, Criterios de presentación e Excepcións para repetidores.
A asistencia a tódalas actividades é OBRIGATORIA e REQUISITO para aprobar a materia, agás para os estudantes con dispensación oficial. Pasarase listaxe de firmas e poden xustificarse faltas.
Os repetidores terán que repetir toda a avaliación agás a AVALIACIÓN CONTINUA 1 (Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas). Esta nota gardarase durante dous cursos.
2. Criterios Específicos da avaliación.
• Instrumento: EXAME FINAL. Peso (65%): Parte Test (15%) e Preguntas curtas (50%).
Realización/Criterios: O exame terá unha parte test e outra de preguntas curtas que abarcará tódolos aspectos relacionados cos contidos da materia. Para aprobala se debe puntuar en todas as preguntas do exame e sacar un mínimo na parte tipo test (0.5/1.5 puntos) e no total (2.5/6.5 puntos).
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1 CE 4,5,9,11,12,17 CT 1-3,6-7
• Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1. Avaliación das prácticas. Peso: 10%.
Realización/Criterios: Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas de maneira lóxica e argumentada acorde ao contexto da práctica.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1 CE 4,5,9,11,12,17 CT 5-7
• Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2. Peso: 25%.
Realización/Criterios: Seminarios e traballos autónomos e presenciais. Avaliados polo profesorado.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1 CE 4,5,9,11,12,17 CT 1-7
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas 34
Clases interactivas 8
Prácticas de laboratorio en grupo reducido 4
Titorías en grupo reducido 3
Exame 1
Total horas traballo presencial na aula 50
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 76
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 8
Lecturas recomendadas, actividades 11
en biblioteca ou similar
Preparación de presentacións orais, 5
debates ou similar
Total horas traballo persoal do alumno 100
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As achegas para a Avaliación Contínua faranse por medios telemáticos en todos os escenarios.
As canles de comunicación directa non presencial co alumnado en cada escenario, ademais da Aula virtual operativa da materia a disposición do alumnado e o correo-e institucional, poderán ser sesións virtuais mediante Teams.
Aurora Gomez Duran
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- aurora.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
André Pérez Potti
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- andre.perez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Cristina De Jesus Sen
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- cristina.dejesus [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
08.01.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.01.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.06.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
26.06.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |