Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Definir a metodoloxía básica para o desenvolvemento dunha actividade experimental (traballo en laboratorio e tratamento estatístico de datos)
2. Describir os fenómenos físicos relevantes para a comprensión da fisioloxía ocular
3. Comprender a natureza electromagnética da luz
Teóricos:
TEMA 1. INCERTEZA EXPERIMENTAL. Tipos de erros. Incerteza absoluta e relativa. Incerteza de magnitudes directas. Incerteza de magnitudes indirectas. Axuste lineal de datos.
TEMA 2. FUNDAMENTOS. Magnitudes físicas. Sistema de coordenadas cartesianas. Operacións con vectores.Velocidade e aceleración. Movemento circular. Leis de Newton. Traballo, enerxía e potencia.
TEMA 3. FLUÍDOS IDEAIS. Conceptos de presión e de densidade. Ecuación fundamental da estática de fluídos. Principio de Arquímedes. Réxime estacionario. Ecuación de continuidade. Ecuación de Bernoulli. Tensión superficial.
TEMA 4. FLUÍDOS REAIS. Viscosidade. Lei de Poiseuille. Número Reynolds.
TEMA 5. OSCILACIÓNS. Movemento harmónico. Lei de Hooke. Enerxía do movemento harmónico. Composición de movementos harmónicos. Movemento harmónico amortecido.
TEMA 6. MOVEMENTO ONDULATORIO. Oscilacións nun medio elástico. Ondas longitudinales e ondas transversais. Parámetros dunha onda. Ondas Planas. Ondas esféricas. Intensidade dunha onda. Ondas amortecidas. Ondas estacionarias. Son e ultrasón.
TEMA 7. ELECTRICIDADE. Lei de Coulomb. Campo e potencial eléctrico. Materiais condutores. Dipolo eléctrico. Materiais dieléctricos. Corrente eléctrica. Circuítos eléctricos. Impulso nervioso.
TEMA 8. MAGNETISMO. Lei de ampere. Campo de indución magnética. Dipolo magnético. Materiais magnéticos. Campo magnético. Forza de Lorentz. Biomagnetismo.
TEMA 9. ELECTROMAGNETISMO. Lei de Lenz-Faraday. Ondas electromagnéticas. Velocidade de propagación das ondas electromagnéticas. Natureza electromagnética da luz. Polarización da luz.
Prácticos:
PRÁCTICA 1. Picnometría
PRÁCTICA 2. Viscosídade
PRÁCTICA 3. Tensión superficial
PRÁCTICA 4. Movemento oscilatorio
PRÁCTICA 5. Circuítos eléctricos de corriente continua
BÁSICA
Jou, D., Llebot, E., Pérez, C. Física para las ciencias de la vida, Ed. McGraw-Hill/Interamericana de España, Madrid, 1994.
Ortuño, M. Física para biología, medicina, veterinaria y farmacia. Ed. Crítica, 1996.
COMPLEMENTARIA
Cussó, F. Física de los procesos biológicos, Ed. Ariel, Barcelona, 2004.
Tripler, P.A., Mosca, G. Física para la ciencia y la tecnología.
Aurengo, A. Biofísica, Ed. McGraw-Hill, Madrid, 2008.
Nelson, P. Física biológica, Ed. Reverté, Barcelona, 2004.
Parisi, M. Temas de Biofísica, Ed. McGraw Hill, Santiago de Chile, 2001.
Serway, R. A., Jewett, J. W. Jr. Física, Ed. Thomson, Madrid, 2003.
Centro español de metrología. Guía para la expresión de la incertidumbre de medida. Ministerio de Fomento, 2000.
Competencias básicas:
1. Que o/a estudante demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se soe encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda de seu campo de estudo
2. Que o/a estudante saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e, posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
3. Que o/a estudante teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
4. Que o/a estudante poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado coma non especializado
5. Que o/a estudante teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias xerais:
Que o/a estudante teña capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros más específicos, os principios de respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e, os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Competencias específicas:
1. Que o/a alumno/a sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría
2. Que o/a alumno/a sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario
Competencias transversais:
1. Que adquiran capacidade de análise e de síntese
2. Que adquiran capacidade de organización e planificación
3. Que adquiran capacidade para a resolución de problemas
4. Que saiban traballar nun equipo de carácter interdisciplinar
- Clases expositivas, nas que leva a cabo o desenvolvemento do temario teórico
- Clases interactivas de lousa, dedicadas á resolución de exercicios do temario teórico
- Prácticas de laboratorio, orientadas á realización de catro prácticas, tras as cales os alumnos presentarán un informe
Parte da metodoloxía apóiase no material didáctico dispoñible a través do Campus Virtual da USC:
-Presentacións utilizadas no desenvolvemento das clases expositivas
-Colección de exercicios e as súas resolucións
-Guións de prácticas
A cualificación final é o resultado da suma das cualificacións obtidas nos tres apartados seguintes:
1. Avaliación continua. Ten un peso do 20%. Realizarase mediante dous controis presenciais. Para acceder a estas probas é necesario acreditar unha asistencia mínima do 80% ás clases do seminario interactivo.
2. Exame final. O seu peso é do 50%.
3. Prácticas de laboratorio. Teñen un peso do 30%. Imprescindible a asistencia en todas as datas e nos horarios fixados na convocatoria correspondente. Ao remate das tarefas experimentais é obrigatorio presentar unha memoria cos resultados correspondentes. Valorarase o traballo realizado no laboratorio (1 punto) e a calidade da memoria (2 puntos).
Se a materia non se supera na primeira oportunidade, deberá realizarse o exame final na segunda oportunidade, mantendo as notas obtidas nos controis e nas prácticas de laboratorio.
De non achegarse o informe de laboratorio na primeira oportunidade, a cualificación quedará pendente da súa presentación na segunda oportunidade.
Para optar ao Grao de Honra será necesario obter unha nota mínima de 9,5 puntos.
Horas presenciais:
-Clases expositivas: 18
-Clases interactivas de seminario: 15
-Clases interactivas de laboratorio: 15
Tutorías presenciais personalizadas: 3
Horas non presenciais para preparar cada un dos apartados anteriores
-Estudo autónomo, individual ou en grupo: 40
-Resolución de exercicios: 25
-Redacción informes de laboratorio: 15
-Asistir ás clases e intervir activamente
-Dedicar os tempos de estudo recomendados
-Resolver os exercicios e cuestións expostos
-Aclarar as dúbidas con moita brevidade, utilizando para iso o recurso das tutorías personalizadas
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Maria Del Pilar Brocos Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- pilar.brocos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sergio Feijoo Juarros
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814044
- Correo electrónico
- sergio.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfredo Jose Amigo Pombo
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814053
- Correo electrónico
- alfredo.amigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 3 |
14.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
14.02.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |