Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumnado das técnicas estatísticas indispensables na experimentación en Óptica e Optometría. Capacitalo para a análise de datos e para o razoamento estatístico. Aprender o manexo de software para a resolución de problemas estatísticos.
Tema 1. Estatística descritiva
Introdución á estatística. Variables. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición e de dispersión. Medidas de forma. Diagramas de caixa.
Tema 2. Probabilidade
Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos. Probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Regra do producto, lei de probabilidades totais e teorema de Bayes. Sensibilidade, especificidade, valores predictivos positivo e negativo.
Tema 3. Variables aleatorias
Variables aleatorias discretas e continuas. Distribucións de probabilidade: función de masa, función de densidade e función de distribución. Medidas dunha variable aleatoria. Independencia entre variables aleatorias. A distribución binomial e a distribución normal. Aproximación da distribución binomial pola distribución normal.
Tema 4. Estimación e intervalos de confianza
Introdución á Inferencia Estatística. Estimación de parámetros. Intervalos de confianza para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
Tema 5. Contrastes de hipótese
Introdución. Hipótese nula e alternativa. Tipos de erros nun contraste de hipótese. Nivel de significación e potencia dun test. Etapas na resolución dun contraste de hipótese. O nivel crítico ou "p-valor". Contrastes de hipóteses para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
Tema 6. Comparación de poboacións
Mostras emparelladas e mostras independentes. Comparación de dúas medias en mostras emparelladas e en mostras independentes. Contraste de dúas varianzas. Contraste de dúas proporcións. Análise da varianza cun só factor de variación.
Tema 7. Modelos de regresión
Introdución aos modelos de regresión: o modelo lineal simple. Estimación dos coeficientes por mínimos cadrados. Covarianza e coeficiente de correlación. Estimación da varianza do erro. Inferencia sobre os parámetros. Predición.
Estarán dispoñibles no campus virtual os materiais de estudo da materia, nos cales estarán desenvolvidos os contidos teóricos, exemplos ilustrativos, boletíns de exercicios para os seminarios e guións das prácticas de ordenador.
Con carácter complementario recoméndanse os libros seguintes:
Cao, R. e outros. (2001): "Introducción a la Estadística y sus aplicaciones", Ed. Pirámide.
Daniel, W.W. (2002): "Bioestadística. Base para el análisis de las ciencias de la salud", Limusa Wiley.
Milton, J.S. (2007): "Estadística para Biología y Ciencias de la Salud", McGraw-Hill-Interamericana.
Rosner, B. (2005): "Fundamentos de Bioestadística", Duxbury Press.
1. BÁSICAS
CB1 - Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
2. XERAIS
CG1 - Que os/as estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
3. TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT10 - Que saiban traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
4. ESPECÍFICAS
CE6 - Que o/a estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o/a estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE13 - Que o/a estudante poida demostrar e implementar métodos de análise crítica, desenvolvemento de teorías e a súa aplicación ao campo disciplinar da Optometría.
• Impartiranse 24 horas expositivas en aula con pizarra, onde se aprenderán os contidos teóricos da materia e os procedementos de resolución dos problemas prácticos.
• Realizaranse 12 horas de sesións interactivas en aula de seminario nas cales se resolverán exercicios e debateranse os conceptos da materia. Haberá outras 12 horas interactivas consistentes en prácticas de ordenador, onde se aprenderá o uso de software para a aplicación das técnicas estatísticas.
• Recolleranse e corrixiranse as tarefas propostas nas actividades interactivas, o que formará parte da avaliación.
• O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá preparar os mesmos contidos e actividades, aos que poderá acceder a través do campus virtual.
• A cualificación global da materia será o resultado dun exame final teórico-práctico, que corresponderá ao 65% da cualificación total, e da avaliación continua durante o período lectivo, que será o 35% restante da cualificación total.
• O 35% correspondente á avaliación continua estará formado por un 20% obtido mediante probas durante as sesións de ordenador, un 10% nunha proba sobre os contidos teóricos e de exercicios prácticos e un 5% pola participación nos seminarios e entrega de tarefas.
• Considerarase como presentado á avaliación a calquera estudante que participe en actividades de avaliación que permitan acadar un 50% da cualificación.
• Na recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación, de maneira que o novo exame substituirá a cualificación do exame en primeira oportunidade, manténdose o 35% da avaliación continua realizada no período lectivo.
• O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá realizar o exame final de modo presencial e enviar as actividades de avaliación continua en soporte electrónico para a súa avaliación.
En xeral, catro horas adicionais por semana, de estudo e traballo persoal, que complementen a asistencia a clases, deberían resultar suficientes.
Para superar con éxito a materia é conveniente a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. Así mesmo, a resolución e revisión dos exercicios propostos ao longo do curso deberán servir para alcanzar os obxectivos da materia.
Cesar Andres Sanchez Sellero
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813208
- Correo electrónico
- cesar.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |