Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 54.5 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 6 Clínicos EEES: 20 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Oftalmoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno debe adquirir uns coñecementos básicos sobre as patoloxías que conducen á Baixa Visión: a súa clasificación, a descripción clínica e o deterioro funcional inducido. Ademáis debe aprender a facer o diagnóstico e distinguir as características propias de cada tipo.
Aprendizaxe de mellorías visuais coas axudas visuais e non visuais apropiadas para paliar a perda funcional nos diferentes grupos de doenzas.
PROGRAMA TEORICO
1.- Concepto xeral de baixa visión. Concepto do doente con baixa visión (1 hora)
- Concepto da función visual
- Concepto da cegueira evitable. Impacto da cegueira na poboación mundial
- Concepto de baixa visión. Clasificacións. Graos
- Epidemioloxía da baixa visión
- Concepto de cegueira legal.
- Concepto de enfermidade, disfunción, discapacidade e limitacións visuais
- Equipos multidisciplinarios na rehabilitación da baixa visión
2.- Exame do doente con baixa visión (2 horas)
- Historia funcional
- Exploración da baixa visión
Revisión do concepto de agudeza visual
Agudeza visual distante e próxima
Sensibilidade ao contraste
Campo visual
3.- Clasificación xeral das patoloxías do sistema visual relacionadas coa BV (4 horas)
- Dexeneración macular asociada á idade
- Glaucoma
- Retinopatía diabética proliferante
- Atrofia óptica
- Miopía magna
- Retinose pigmentaria e enfermidades asociadas
- Outras patoloxías
4.- Xeitos funcionais no uso da BV(2 horas)
- Xeitos psicosociais
- Relación co individuo afectado de BV
- Adestramento sen aparellos:
- Fixado
- Conciencia dos escotomas
- Varrido
- Trazado
- Localización ou discriminación de detalles
- Seguimento
- Percepción de obxectos completos
5.- Baixa visión na infancia (1 hora)
- Características da baixa visión na idade pediátrica
- Exploración nas distintas etapas do desenvolvemento
- Uso de aparellos de baixa visión na infancia
6.- Baixa visión en doentes con patoloxía sistémica (1 hora)
- Doentes con secuelas por accidentes cerebrovasculares
- Doentes con enfermidade articular
- Doentes diabéticos
- Doentes con enfermidade de Párkinson
7.- Organismos nacionais con experiencia no adestramento e integración social de persoas con baixa visión (1 hora)
8.- Programas da OMS para a prevención e tratamento da baixa visión (1 hora)
9.- Axudas para baixa visión (4 horas)
9.1. Métodos de aumento (1h)
- Clasificación das axudas
- Incremento do obxecto
- Aumento proxectivo
- Redución da distancia
- Aumento angular
- Aumento total
9.2. Prescripción de axudas ópticas (1h)
- Consideracións
- Aumento requirido para preto
- Aumento requirido para lonxe
9.3. Axudas non ópticas (1h)
- Macrotipos
- Control da luz e iluminación
- Modificación do contorno
- Axudas para a asistencia médica
- Mobilidade e desprazamento
- Substitución sensorial
9.4. Aplicacións tecnolóxicas en BV (1h)
- Programas informáticos
- Sintetizadores de voz
- Outras aplicacións
10.- Rehabilitación visual (3 horas)
10.1. Adestramento das axudas (1h)
- Técnicas para visión de lonxe
- Técnicas para visión de preto
- Técnicas de orientación mobilidade
10.2. Rehabilitación en perdas de campo (1h)
- Perdas periféricas de campo
- Perdas centrais de campo
- Casos clínicos
10.3. O servizo de baixa visión (1h)
- Prognóstico de éxito
- Modelo do servizo
- A consulta de Baixa Visión
PROGRAMA PRÁCTICO:
1.- Historia funcional e exploración do doente con BV
2.- Probas especiais para a exploración da agudeza visual distante, próxima e sensibilidade ao contraste
3.- Patoloxía relacionada coa BV
4.- Visita ao Centro de Rehabilitación Visual da ONCE en Pontevedra
5.- Propostas de programas de rehabilitación en casos prácticos de individuos con BV
6.- Experiencias con simuladores de BV
7.- Montaxe de prescricións de baixa BV
- Boj, P.; Cacho, P.; García Bernabeu, J.R.; García Muñoz, A. e López, A., Instrumentación óptica para Baja Visión, Ed. Gamma, Alicante, 1994.
- Faye, E., Clínica de la Baja Visión, Ed. Enderezo de Cultura da ONCE, Madrid, 1997.
- Dickinson, C., Low Vision, principis and practice, Ed. Butterworth-Heinemann, Oxford, 1998.
- Gurovich, L., Baja Visión, Ed. Lydia Gurovich, Bos Aires, 2001.
- Jose, R. T., Visión Subnormal, Ed. ONCE, Madrid, 1988.
- Vila López, J. M. et al., Apuntes sobre Rehabilitación Visual, Ed. ONCE, Madrid, 1994.
- Rosenthal, B. e Cole, R., Functional assessment of low vision, Ed. Mosby, San Luis, 1996.
- Cole, R. e Rosenthal, B., Remediation and management of low vision, Ed. Mosby, San Luis, 1996.
- Brilliant, R., Essentials of low vision practice, Ed. Butterworth-Heinemann, Boston, 1999.
- Silverstone, B.; Lang, M. A.; Rosenthal, B. e Faye, E., The Lighthouse handbook on vision impairment and vision rehabilitation, 2 vols, Ed. Oxford University Press, 2000.
- Coco M, Herrera J. Manual de Baja Visión y Rehabilitación Visual. Editorial Médica Panamericana, 2015
BASICAS E XERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e dunha cultura de pazCB1 – Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT10 - Que saiban traballar en un equipo de carácter multidisciplinar
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar unha aprendizaxe autónoma.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT22 - Que estean motivados pola calidade.
ESPECIFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada
PARTICULARES DESTA MATERIA
- Determinar cando un doente presenta BV
- Exploración funcional dos doentes con BV
- Rehabilitación visual en doentes BV
- Coñecemento dos distintos aparellos ópticos e non ópticos de prescripcións en BV
- Montaxe de prescripcións en BV
1 hora de teoría semanal e 3-4 horas de seminarios onde se desenrolará o programa da materia
Medidas de carácter xeral; sobre a Baixa Visión
Medidas especificas para cada escenario; sobre cada punto da Materia
• Presencial
Docencia expositiva (20 horas): nas sesión da docencia expositiva, o profesorado explicará os aspectos teórico-prácticos principais dos contidos, apoiándose nas presentacións multimedia. De cada un dos temas indicarase un documento que conteña con maior detalle os coñecementos necesarios. Dito documento poderá ser un capítulo dos libros arriba comentados ou outros, ou ben outro documento de sinxelo acceso e de nivel axeitado para un alumno de terceiro curso do Grao en Óptica e Optometría.
Docencia interactiva (25 horas): As sesións de docencia interactiva terán formato de seminario no que os grupos reducidos de alumnos debatirán tutelados polo profesor sobre os temas propostos ou casos clínicos representativos co fin de completar a mensaxe sobre os aspectos teóricos explicados nas clases expositivas.
A docencia presencial poderá ser cambiada ca docencia en remoto virtual ata un máximo do 10% das horas totais presenciais da materia.
Tutorías (15 min aproximado): Estarán co destiño de solucionar dúbidas dos alumnos e aconsellares no estudo da materia. As tutorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben, poderánse levar a por vía telemática.
Evaluación (exame final): 2,5 horas
Non presencial (traballo persoal do alumno)
Estudo persoal dos libros e documentos recomendados, elaboración das tarefas aconselladas polos profesores e preparación dos seminarios e do exame.
• Primeira convocatoria (primeira e segunda oportunidade)
A calificación de cada alumno levaráse a cabo mediante valoración continua e realización dun examen final:
a) A valoración continua terá un valor ponderado do 20% da nota final. Valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas. Tamén é posible a realización de controis parciais non liberatorios sobre contidos explicados nas clases expositivas e interactivas así como a elaboración de tarefas encargadas polos profesores: comentario crítico de artigos científicos, análise de casos clínicos, etc.
•
b) A proba final: Terá carácter presencial e un valor ponderado do 80% sobre a nota final. Consistirá nun exame escrito composto por 40 cuestións de tipo test e elección única. Cada cuestión contestada correcta terá un valor ponderado de 1 punto. As cuestións en branco non restarán, namentras as cuestións contestadas doble ou erróneas restarán 0,33.
Para superar a materia requírese chegar á nota de 5 sobre 10. No caso de que o alumno non faga a proba final a calificación do mesmo será Non Presentado.
Siguientes convocatorias
Nas demáis convocatorias levarase a cabo unha proba final única cun valor ponderado do 100%.
- Horas presenciais: 20 Teóricas e 25 Seminarios
- Horas non presenciais: 32 horas. A docencia non presencial axunta o estudo persoal do alumno para revisión dos conceptos e consulta da bibliografía, elaboración das tarefas encomendadas polos profesores, preparación das clases interactivas e do exame.
- Horas da avaliación: 18 horas
- Volume total de traballo: 95 horas
- Tutorías (voluntarias): 15 minutos aproximadamente a través de cita previa, concertada durante as clases ou por e-mail ou ben de modo telemático a través da plataforma Team
- Cumprimento das horas presenciais
- Estudo diario da materia exposta nas clases presenciais
- Utilización do horario de titorías para aclarar dúbidas e expoñer puntos de discusión
ASISTENCIA A CLASE: Segundo Normativa de Asistencia a Clase nas Ensinanzas Adaptadas ao Espazo Europeo da Educación Superior (Acordo de Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010. USC)
EVALUACIÓN DO RENDEMENTO ACADÉMICO: Segundo Resolución do 15 de xuño de 2011 pola que se publica a Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de calificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xullo de 2011. DOG 140, 21 de xullo de 2011
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | - | Aula 2 |
28.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |